domingo, octubre 22, 2006

Marca de agua de Joseph Brodsky

"En este lugar puede derramarse una lágrima en distintas ocasiones. Asumiendo que la belleza consiste en la distribución de la luz en la forma que más agrada a la retina, una lágrima es el reconocimiento, tanto de la retina como de la lágrima, de su incapacidad de retener la belleza..."
Xa hai moito que devezo por visitar Venecia, por moitísimas razóns, a principal seguramente sexa o afundimento que a fai víctima do destino da Atlántida. Venecia semella o reloxo do mundo; do mesmo xeito que sabemos do movemento das súas agullas, coñecemos tamén o ata agora irremediable movemento desta cidade, só que neste é moito máis arrepiante porque se trata dunha viaxe sen volta.

Mentres non chega o momento, vou coleccionando sensacións alleas, e neste libriño Joseph Brodsky agasállanos cunha morea delas. Podía telas escrito Thomas Mann, só tiña que mudar de estación na que se desenvolve Muerte en Venecia. A sensación de afogamento que atormentaba a Aschenbach tiña a súa orixe na presión social que lle impedía ceibar os seus sentimentos, sobre todo o seu amor pola beleza, é dicir por Tadzio, pero tamén estaba ese ambiente abafante por mor da peste e a calor. En Marca de Agua Brodsky, autor e personaxe, ven simplemente para estar, para traballar, pero a cidade está sempre aí, con tódalas súas armas, a auga, os reflexos, os perfís, a néboa, as contraventás, a laguna, os commendatori, a acqua alta, as trattorias, os putti, as calellas, a luz do inverno, as máscaras....un exército que parece cinguilo e de cuxo cerco se resistirá sempre a saír.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa que gostas da serenísima, heiche de recomendar os libros do inspector Brunetti da escritora americana Donna Leon. Creo que se aprende máis sobre Venezia ca noutros libros.
E, para alivio dos teus temores, os cartos que leva gastado Europa, Italia e a propia Venezia para salvarse terán os seus froitos moi cedo. Non ti preoccupare. Haiche Venezia para rato. Porque, ademáis, Venezia é nosa.

torredebabel dijo...

pois regaloche a miña primeira mirada de Venezia. Eu cheguei aí pola noite. Unha noite de verán cunha enorme e descomunal lua laranxa cuxa luz recortaba a silueta da cidade-serea. O tren semellaba avanzar non sobre a terra senón sobre agua, facendose lugar a puro berro. Se vas un día a Venezia: chega unha noite de verán cunha lua laranxa. Podes estar segura que non o esquecerás nunca xamais...

Anónimo dijo...

Yo fui varias veces a Venezia: nunca pude quedarme a dormir en ella. Sólo admite un pequeño consejo: no te dejes asustar por la cantidad de gente que verás cruzar el Rialto y admirar San Marco. Trata de buscar otros lugares: podrás estar sola en mitad del tumulto. Siempre se puede estar sola en Venezia. En realidad, uno siempre está solo en Venezia. Su belleza es excesiva.