martes, noviembre 28, 2006

Grazas Torredebabel

Torredebabel é cos seus Fíos Invisibles unha referencia obrigada na blogosfera galega. Hai tempo que sigo o seu traballo; para min é a parte humana da rede. Profesora na universidade de Bos Aires, xornalista e animadora "number one" dos principiantes coma min nesta outra cara do espello, agasállanos cun flamante artigo sobre os blosg galegos. Se queredes unha visión completa do tema gardade este traballo porque aquí fala dos que saben disto e contribúen cos seus cadernos de bitácora a presenza da nosa lingua na rede.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Perdoa que che diga que esa Débora Castro non ten nin idea: mira que non citar o teu blog. Je, je. Moitas gracias por acercarnos esa información.

torredebabel dijo...

grazas Ana! es moi xenerosa conmigo. Certamente, ten razón marcos, pero o artigo foi escrito fai moito e daquela non sabía do blog de Ana. Apertas!