sábado, noviembre 25, 2006

Polo orgullo e a reveindicación do feminino. Con afecto, Luz Darriba

Esta é a miña achega neste día contra todo tipo de violencia familiar, sobre todo contra as mulleres, unha vella forma de terror consentido e tristemente perpetuado en tódolos tempos e civilizacións.
Permítome adicarvos as verbas que me escribiu Luz Darriba na feira Puro Arte. Alí estaba Luz, nun recuncho da feira, no medio dos máis grandes, coa súa serie "Punto de Cruz".
Malia o pequeno formato da obra exposta, a forza destes fíos de sangue que se cravan no pano paralizáronme de golpe. De socato desaparecen os Mirós e os Picassos, e esa agulla que a artista deixou prendida no lenzo (na palabra labor) lémbrame...
Luz Darriba ten xa percorrido moito camiño no mundo da arte e da reveindicación do feminino, as súas actuacións máis sobranceiras son as intervencións entre as que destacan PATCHWORK "farrapos pola non violencia contra as mulleres" (2004, Santiago), Libing ROOM, unha construcción con libros de una casa, GUANTE NEGRO, GUANTE BLANCO, instalación con 30.000 pares de guantes en la Plaza de Santa María de Lugo, tamén contra a violencia de xénero, SEÑALES, intervención de 72 semáforos da Ronda da Muralla de Lugo con iconos femininos, BIBLIOTECAS DE BABEL, Barricadas de libros, recinto amurallado de lugo adicado a Borges, e este ano o ENCRUCILLADO do Obradoiro.

3 comentarios:

Xosé Manuel Carreira dijo...

Mais que unha reivindicación do orgullo feminino (o que parece un anuncio dun Tampax, pois eu non me sinto especial por ser home) o que debería facerse é erradicar a misoxinia aínda existente en boa parte da sociedade galega, especialmente no interior. Nacer muller nunha aldea de Lugo aínde é un handicap hoxe en día.

torredebabel dijo...

concordo totalmente con mendinho. Grazas pola referencia a Luz Darriba.

Anónimo dijo...

A min si que me gustou a obra de Luz Darriba. Grazas Ana pola información.