lunes, enero 15, 2007

Os libros que hai que ler

Esta é a derradeira lista de libros que nos propoñen dende anglolandia se queremos presumir de cultos cultísimos. Non vou recomendalo porque a súa lectura pode quitar tempo para outras que sí son imprescindibles como Cervantes, Homero (este non figura no listado, nin a Ilíada nin a Odisea, os libros que calquera persoa mínimamente preocupada xa non pola literatura senón polo home e a historia en xeral levaría a unha illa deserta) Gombrowicz, Pitol, Alexandre Vona, etc, etc. Ademáis a lectura ten que ser un acto de liberdade, e os libros que leo son os que me recomenda unha boa amiga, os que me agasalla alguén que amo, os que me serviron para elixir o nome da miña filla, os que merquei nunha viaxe inesquecible, os que atopei nun parque e que levan unha etiqueta de bookcrossing, os que coñecín nun blog que me gusta, os que a min me gostaría escribir, os que me gosta regalar, as boas edicións críticas, os que me presentan as cousas dun xeito moi diferente, os que foron escritos logo de moitas horas de traballo e investigación na procura dun pasado que nunca se contou, os libros de arte tan ben editados, os que leo antes dunha viaxe que quero facer, os que me excitan sexualmente e intelectualmente, os que me aportan ideas para entender este complexo mundo, os escritos por persoas sensibles e curiosas que pasan a vida viaxando e reflexionando sobre o mundo que nos rodea, os escritos por amigas, os dos verdadeiros pensadores que falaron claro malia tódolos procesos xudiciais e rexeitamentos do mundo, etc, etc....e así pouco a pouco vas facendo a túa propia biblioteca...boas noites e boas lecturas.

12 comentarios:

R.R. dijo...

Creo que cambiando algún apelido -e sen rebatir nin negar os que propós, ollo- firmaría este post palabra por palabra. Uf.

Beluka dijo...

Para min o malo desas listaxes é que ás veces me semellan categóricas, co bonito que é que gusten cousas diferentes.
No mundo editorial estoume a encontrar con moito desprezo cara ós que len "libros menores", coma se o amor pola lectura non fose abondo!
Eu poñería na miña lista a Kundera e Auster, por exemplo. E a Houellebecq estou comezando a lelo (Les particules élementaires), a ver.
Moitos bicos xoia miña! Este ano preséntaste ao certame da universidade?

Ana Bande dijo...

Prezado R.R. ¡que ledicia verte de novo! pensei que xa non eramos veciños...Apertas.

Ana Bande dijo...

Beluka,
Xa me contarás por onde andas...E iso de libros menores paréceme unha parvada de moito peso, cada un le o que lle peta... polo demáis está xa o mundo cheo de grandes nomes que medraron a carón doutras árbores....estouche escéptica de máis e tamén é por culpa dun libro caralludo, titúlase algo así como "Como acabar con los intelectuales"...xa te contaréi cando remate. Non, o do certame só o fixen un ano e como non me premiaron pareceume mal e abandonei...agora só escribo artigos neste recuncho.

O Raposo dijo...

Nun conto de Borges un personaxe dice: "Nadie puede leer dos mil libros. En los cuatro siglos que vivo no habré pasado de una media docena. Ademas lo importante no es leer sino releer".
O mellor Borges tiña razón.

Ana Bande dijo...

A importancia non é a cantidade, sen dúbida, eu sempre pensei que podería pasar toda a vida lendo a Odisea ou o Quixote, son libros que o teñen todo...o de ler a contrarreloxo é unha especie de manía propia destes tempos de vértigo...o digo por experiencia porque pásame coa lectura como co coche, cando me despisto vou a cento e pico, é mellor parar, releer, reflexionar....saúdos raposo....grazas pola visita.

arume dos piñeiros dijo...

Xa me falarás dos que che excitan sexualmente aparte dese güelebén, que non sei como se escribe. Mentres, invito a unha estancia no meu blog.

Beluka dijo...

Estouche en Madrid facendo o Máster de Edición de Santillana... a ver se me vale para algo e podo volver a Galiza adicarme a vivir dos libros en tódolos sentidos posibles ;)
Hei de ir pola facultade, espero, porque teño a tesiña en marcha.
De quen é o dos intelectuais eses? Sóame ao de Cómo acabar con la cultura de Woody Allen, pero ben sei que é outro.
Pois segue a escribir neste recuncho, que moitos e moitas o agradecemos!
Unha aperta grande!

Ana Bande dijo...

Prezada Beluka,
O libro titúlase "Operación Cultura" de Corinne Maier, é unha crítica a actual mediocridade dos intelectuais mediocres e ridículos que medran coma fungos por todas partes. Falarei do libro máis adiante. Grazas polos ánimos e aproveita ben ese master que ben seguro que as poder vivir logo do que aprendas ou "desaprendas", que todo é importante. Bicos.

torredebabel dijo...

que fermoso post! encantanme os textos que me abren portas e ventás a novos libros. Sobre todo, cando veñen de xentes ás que admiro! Graciñas!

Beluka dijo...

Ana!
Acabo de ver un comentario teu no bló de Kiko Da Silva no que falas de Mazen Kerbaj. Qué emoción, son incribles os seus debuxos, non si? É o posible traballo editorial do meu grupo, pero ti caladiña :-)
Unha aperta, que me vou de librarías!

Ana Bande dijo...

Se non fose por Torredebabel xa non sei se tería folgos para seguir por aquí, grazas a tí pois...