domingo, febrero 04, 2007

SEGUIMOS PECHADOS....

(foto: rebelados)






















Xa vos teño informafo do conflicto que me ten ocupada estes días. Pois seguimos nela. Levamos xa 18 días de pecha e aquí non pasa nada.

O Reitor nas derradeiras declaracións á prensa como un autentico pasota "ese no es mi problema", o xerente segue de baixa e o seu amanuense, vicexerente en funcións chama ao comité de folga para pedir un adiamento da reunión na que tiña que presentar unha proposta porque di que quere facer unha cousa seria.
Si, para partirse de risa. Aos cidadáns ten que facerlles moita graza que este xerente que non xestiona cobre cada mes 7000 EUROS por levar dous anos negociando un convenio sen chegar a unha solución, ao mellor tamén lle pagan tanto por ser quen de manter no seu cranio privilexiado tódolos detalles dunha contabilidade que moitos non se explican (segundo un comentario neste blog nin o propio Consello de Contas da Xunta) dende hai tempo, en fin, máis do mesmo. A cultura do pelotazo non rematou coa entrada no trullo de Don Mario. A xente pensa que protestamos de vicio. Si, sobre todo os conserxes, auxiliares de servizos, bibliotecarios, auxiliares de deportes....porque para acadar as nosas prazas tivemos que superar procesos tan doados como ofertas dunha, dúas, seis prazas e competir con outros seiscentos, e cobrar 800 euros, e non poder promocionar, e ver como as nosas prazas se precarizan e ata pasan a chamarse "apoio ao campus", que é a forma políticamente correcta de dicir "hoxe aquí e mañá alí", e ata "hoxe aquí e dentro dun rato vas para alá", ou que os bibiotecarios fagamos de gardas de seguridade e teñamos que dicir NON cando nos pidan un libro e limitarnos a prestar folios, mandar calar, regular o aire acondicionado ou prender luces....para iso tivemos que aprender tantas normas ISO... iso sí, temos CERTIFICADO DE CALIDADE, que é o que mola e está de moda....Disculpade o cambio de tendencia no blog, en pouco prometo voltar a casa...

5 comentarios:

MARCOS ENDE dijo...

Ánimos, Anabande, que falta pouco. Non sei para que, pero falta pouco. De tódolos xeitos, que pouco respeto polos traballadores dunha casa. Claro que ben correron para que o Consello de Goberno fixera as xestións oportunas para pasarlle ao Consello Social o asuntiño dos cartos xunteiros, chamados sexenios ou cousa semellante. Había que velos correr e convocar e chamar ás portas do ceo. Agora, non son de aquí, nin son de alá, no tengo edad ni porvenir y ser feliz es mi color de identidas....la, la, la

Un pechado dijo...

Os profes é o que teñen, só se moven cando os seus sexenios, quinquenios e non sei se bienios e trienios están en perigo...de tódolos xeitos grazas aos que me respostastes e aos que viñestes por aquí, quédome con eses...Aínda espero máis resposta por parte dos que prometeron apoio na facultade de filoloxía. Apertas Marcos Ende.

R.R. dijo...

Moito ánimo e que se resolvan as cousas. E de desculpas nada, sólo jodería que non comentases situacións denunciables como esta que vives.

Un abrazo e mil bicos.

X dijo...

Ánimo na loita.

claudia dijo...

Outros marxinados da universidade son os profesores asociados. Claro que deles non se acorda nin o cabo furiel. Pero somos arredor de mil, contando todas as universidades galegas.