miércoles, febrero 21, 2007

Unha aposta máis polo ateismo

Non son bos tempos para o rexeitamento de dogmas, lendas, contos, biblias, catecismos, manifestos, mitoloxías e sentencias. Máis ben son tempos de conformismo a ultranza e adoitamos aceptar os sistemas de pensamento de forma tan pasiva como o bautismo ou a primeira comuñón. Esta ausencia programada de reflexión é un requisito fundamental para que o sistema funcione sen demasiados problemas e continúe a lóxica do reparto de poder que leva funcionando dende os tempos dos primeiros filósofos. Pero antes que a filosofía foron as relixións as encargadas de neutralizar a unha criatura á que por erro se lle engadiran algúns elementos que lle permitían pensar e tomar decisións de forma autónoma. E algúns homes eran quen de crer na felicidade terrenal e ata había quen non só non rexeitaba o pracer senón que facía del a súa razón de vivir. Entón as posturas endurecéronse, as filosofías fixéronse máis ríxidas e os sistemas políticos pecharon filas arredor de dous ou tres eslóganes moi simples, e as relixións monoteístas tiveron as mans libres durante séculos para afogar calquera tentativa de cuestionamento do sistema. Neste ensaio non están as respostas pero será moi válido para quen a estas alturas aínda non se cuestiona teimas tan absurdas como a continua represión do pracer e a felicidade en aras dunha vida ultraterrena que só existe nas imposturas fabricadas de fabuladores, profetas, evangelistas, etc, etc.

Na súa web.
Natif d’Argentan, dans l’Orne où il est domicilié, il a publié une vingtaine d’ouvrages dans lesquels il propose une théorie de l’hédonisme : que peut le corps ? En quoi est-il l’objet philosophique de prédilection ? Comment penser en artiste ? De quelle manière installer une éthique sur le terrain de l’esthétique ? Quelle place laisser à Dionysos dans une civilisation tout entière soumise à Apollon ? Quelles relations entretiennent l’hédonisme éthique et l’anarchisme politique ? Selon quelles modalités une philosophie est-elle praticable ? Quelles chances le corps peut-il attendre des sciences post-modernes ? Quelles relations entretiennent biographie et écriture en matière de philosophie ? Selon quels principes sont fabriquées les mythologies philosophiques ?
Les réponses supposent le détour par le corps libertin, l’éthique immanente, l’individualisme libertaire, le philosophe artiste, le nietzschéisme de gauche, le matérialisme sensualiste, l’utilitarisme jubilatoire, l’esthétique généralisée, la subjectivité païenne, le libertinage solaire, le corps faustien, la vie philosophique et l'historiographie alternative
Onfray , Onfray en Rojo y negro, sindioses.org, Moucho Branco,Arume dos piñeiros,Polo laicismo radical.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha aposta polo laicismo...¡abaixo os deuses!

Anónimo dijo...

mal diaño vos leve

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Parece existir unha tendencia cara este tipo de temas: tres bestseller sobre ateísmo.
The God delusion, Richard Dawkins
Letter to a christian nation, Sam Harris
Babbo Natale, Gesú adulto, Maurizio Ferraris.
Non penso ler ningún, pero en Italia parecen facer furor.
Poño un enlace de publicidade prohibida en Italia (moitas por deliberado machismo, pero moitas outras por (sin)razóns relixiosas) moi interesante: http://www.repubblica.it/2006/08/gallerie/spettacoliecultura/mostra-termini/mostra-termini.html