miércoles, mayo 09, 2007

Os Gallego Domínguez de Ourense

Marcos Valcárcel lémbranos ao doutor Gallego nos seu impagable blog. Non me gustaría que nos esquecésemos deste home excepcional e bo porque foron moitísimas as persoas ás que dende a súa humilde consulta procurou axuda durante moitisimos anos. Estou un pouco desolada porque non atopo noticia algunha na rede sobre este médico exemplar. A súa sobranceira xenerosidade e humildade seguramente irán en detrimento do seu recoñecemento, pero dende aquí me gustaría facer un chamamento para que todos os que o coñeceron e disfrutaron da súa atención como médico ou amigo deixen por escritos algúns datos. Por motivos profesionais coñecín a Doña Olga, a súa irmá, arquiveira e investigadora infatigable cunha obra abundante e erudita que invita á seguir os seus pasos. Persoas así de xenerosas nos súas profesións son hoxe exemplares en vías de extinción e non faríamos mal en tomalos como referencia en moitos aspectos, sobre todo na humanidade que desprenden. Porque a felicidade é ese momento no que atopas un documento ou un dato de arquivo que contribúa a esclarecer un proceso histórico, ou un diagnóstico axeitado que vai procurar a curación dunha doenza, non un flamante artigo publicado nunha revista cun alto índice de impacto que vai repercutir nun novo sexenio. Se cadra hai que repensar un pouco todo amigos.
[foto de Olga Gallego Domínguez]

3 comentarios:

sonia dijo...

Hola Ana!O único que podo dicir sobre este médico é algo paradóxico: o recordo que teño del é a receta dunhas inxeccións dolorosisimas para a varicela (coas que chorei a noite enteira) pero algo máis transmitía esta persoa, cando ó enterarme da súa morte antonte, o sentimento foi de cariño, de pena porque alguén así xa non esté sen tempo xa a coñecelo mellor.
Sinto pánico polas inxeccións pero o Dtor Gallego creo que me caería ben.
Gracias Ana por axudarnos a ter memoria. Bicos dende Ourense.

Ana Bande dijo...

Bueno Sonia agora xa só che falta montar o teu blog, veña, anímate, como orientadora e boa que seguro que és vas ter moito que contarnos. Bicos guapa.

盛豐 dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.