sábado, julio 07, 2007

Vandalismo na biblioteca

Alguén tiña que facer un traballo sobre Shakespeare....
Na biblioteca de filoloxía doe especialmente este tipo de mutilacións...consello: antes de empregar o cutter, por favor, levade o libro enteiriño, si, si, todo para vós, tendes mil formas de saír con el sen que ninguén (se estou no miña quenda prometo ollar para outro lado) se decate de nada. Non son tempos para esto, hai libros de máis, de verdade, agardando que unha man xenerosa os libere da presión a que os someten os seus veciños. Este que estragaches completamente, por exemplo, estaba a carón duns pesadísimos estudos dun requintado estudoso inglés que pasou a vida mergullado nas páxinas do Rei Lear, estaría feliz de estar na túa casa, sobre a túa mesa, mesmo debaixo dunha morea de revistas porno ou xogos de ordenador, o que non quería este pobriño tratado sobre Shakespeare é esta mutilación vergoñenta que nos lembra que aínda existen anacrónicos bibliófagos con cerebros de 1400 gramos.

3 comentarios:

Mrs.Doyle dijo...

Costa crer que pase algo así... Deberíase penalizar de algún xeito aos "maltratadores de libros".
Ver para crer.
Grazas.

OSIÁN dijo...

Como alguén que ten que facer un traballo sobre Shakespeare, pode mutilar un libro?.Pouco se pode esperar, de que non respeta un libro.
Parabens polo teu Blog é unha magnifica fonte para ampliar coñecementos.
Grazas.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Un apretón teno calquera. E nas bibliotecas, co calorciño e o silencio, ven seguro.