viernes, septiembre 21, 2007

Harvey Keitel, espido por favor....

Teño que confesarvos que Harvey Keitel é un dos poucos actores que me cortan a respiración, bueno, moitas veces todo o contrario, como nesta escea de O Piano. Non me puiden resistir a facer a típica procura no sangúguel para facerme con máis imaxes e, claro saín voando co rato ata dar con este blog, no que o seu autor se pregunta pola a misteriosa razón que leva ata seu espazo a tanta xente que busca "fotografías de Harvey Keitel desnudo", (pensei que era unha rareza miña).... foi coma se me pillaran en plena faena, como se tódolos internautas estivesen nese intre ollándome dende as súas pantallas o que me fixo pensar que esta suposta arañeira mundial da triple uvedobre en realidade tamén é unha aldea, global, iso si, onde todos corremos cara algún lugar descoñecido na procura de non sabemos ben o que para finalmente acabar onde lle pete a alguén. Ao que ía, recoméndovos moito este filme tamén pola música, a historia, a paisaxe, a relación entre H.Keytel e H.Hunter... e tamén porque aparecen eses personaxes dos que vos falei hai moi pouco.
Non esquezades mandarme tódalas fotos, videos ou calquera outra cousa sobre Harvey Keitel, espido, mellor.

6 comentarios:

R.R. dijo...

Mándolle a recomendación dunha peli: "La muerte en directo", francesa, de Tavernier. Flipante. Lamentablemente, Keitel sae vestido.
E cóntolle unha cousa: vendo esa peli -El piano -cando a estrearon, no antigo cine Colón da Coruña, tocounos diante unha muller que piafaba cada vez que aparecía unha imaxe sexual ou íntima na peli. Como ademáis de lembrar sonoramente ós cabalos, a tipa criticaba a escena co seu marido, -ó que culpaba de metela alí- e el contestaba "cariño, no te calientes la sangre", un amigo decidiu poñer freo á bola de neve santa que se estaba formando. No momento en que a señora Hunter abre a cortina e aparece detrás o señor Keitel como lle gusta á señora Bande, os bruídos da señora de diante foron tales que o meu amigo díxolle: "se non lle gusta, marchen". Efectivamente, a parella fixo caso, máis por decisión dela que do home. Pero mentres facían erguerse a toda a fila para abandoar o cine ela despediuse cun terrorífico "se debe de estar muy bien en el infierno" que provocou a gargallada de todos os que estabamos sentados ó seu redor.
Bicos. Pronto lle mando eses libros e algún complemento.

Ana Bande dijo...

As cousas que che pasan a ti no cine ou no teatro sonche dignas do Sr. Bean, este relato que me fas semella século XVIII...o que lle gostaría a esa Mme.Bovary de que falas poder vender o seu piano...seguro que o poñía de a precio de saldo...Grazas pola recomentación e polo relato, canto llo agradezo. ¡Bicos para as minchiñas!

Lula Fortune dijo...

Harvey é uns dos meus actores favoritos, máis ben por desnudar a língua con aquilo de :"vamos a dejar de chuparnos las pollas y a trabajar!". Pero a foto promete. Alegroume o fin de semana. Bicos, un pracer pasar por eiquí.

Anónimo dijo...

La muerte en directo, mamma mia, que peliculón. Pero non sei se agora revista non será un pouco peñazo. Non a quero ver.

Anónimo dijo...

Totalmente dacordo na admiración por Keitel, pero eu prefiro ó seu papel en "Los duelistas".

chus dijo...

Si queredes ver al señor Keitel en bolas alquilade, comprade o baixade "bad lieutenant".

http://www.youtube.com/watch?v=GChPNC7zeV0

Por cierto, somos de una opinión. !Qué pedazo de actor¡