miércoles, julio 04, 2007

Algo + que apuntes, exemplo de blog divulgativo.


ALGO + QUE APUNTES é o primeiro blog de Rosa Álvarez, unha profesora de embrioloxía da Universidade de Vigo para quen o seu traballo é sempre un apaixoante tema de conversación. Hoxe tiven a ledicia de coñecer as súas primeiras incursións neste mundo virtual e sinto unha enorme satisfacción por ter animado un pouco este proxecto. As súas son aportacións interesantes non só polo contido científico senón pola súa capacidade para transmitir esa emoción polo saber que é tan gratificante de atopar. Aquí podedes coñecer a embrioloxía dende outros puntos de vista, libros ben interesantes, as novas máis relevantes, curiosidades (¿la virgen que parió a un tiburón?) e ata películas que nos achegan á ciencia por fermosos camiños. Tamén por esta vía coñezo o blog de Encarnación de Miguel Villegas, Divulgación y Ciencia, coas súas recomendacións de lectura científica, unha ledicia de espazos para disfrutar.

2 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Esa universidade debe de ser a reostia. Que xente máis interesante! Cómo me gustaría estudar aí! Moitas gracias, amiga Ana, por desvelar estes grandes secretos.

R.R. dijo...

Vaia morro, o cheirento darriba...

Ben, ó caso. Si que ten boa pinta, si.

Saúdos e forza, Ana.