martes, agosto 28, 2007

Mr. Bean ¡que grande!


Non perdades esta peli, o mestre do humor fainos morrer de risa, e iso, nestes tempos de desacougo é un agasallo que non debemos rexeitar.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Teño especial querencia polo Mr. Bean en formato televisivo, mudo,episódico, onde a cámara ten outro xeito de contar e acompañar a acción e a pantomima deste grandísimo cómico. Incluso a serie da "Víbora negra" tiña chispa (coma sempre,perde moito o non escoitala versión orixinal).
Creo lembrar un documental sobre R.Atkinson onde falaban da orixe de Bean no teatro. En directo seica era un derroche de risas.
As películas non me din gran cousa e en concreto prefiro as Vacacións de Mr. Hulot.

Ana Bande dijo...

Legnaresa,
Pois a peli é graciosísima, o que pasa que hai que ter o momento tamén para rir a gusto e penso que vostede está pasando por unha especie de crise existencial...