lunes, agosto 06, 2007

Pelando la cebolla, Günter Grass



Ás veces unha xa non sabe se debe ler certos libros, sobre todo se temos en conta as críticas literarias dos suplementos e revistas especializadas. Non adoito ser ben mandada e en cuestións de recomendacións literarias aínda menos se non coñezo incluso persoalmente ao recomendador. O derradeiro libro de G. Grass deu para todo tipo de liortas, políticas, comerciais, filosóficas, editoriais e ata literarias. Defensores e detractores o Sr. Grass sempre os cultivou, se cadra porque é quen de falar o que lle peta dende ese sempiterno rictus de mal xenio que o caracteriza. Lémbrame ao noso Fernando Fernán Gómez -¡¡¡¡ a la mierda !!!-, e non é para menos. Sobrevivir ás peores atrocidades do século máis terrorífico da historia da humanidade non foi doado para ninguén (aínda non o é). As víctimas teñen que pedir perdón pola súa impertinencia e os que se arrimaron aos vencedores teñen que permanecer agachados o resto da súa vida. A existencia de personalidades como Primo Levi e G.Grass, por poñer exemplos extremos, invítannos a cotío a reflexionar sobre a capacidade do home para inflixir sufrimento. Primo Levi non foi quen de respirar naquela abafante atmósfera que quería esquecelo todo e deixounos unhos textos impresionantes sobre o xenocidio porque foi quen de transmitirnos aquel insoportable sufrimento sen que das súas verbas se destile odio ningún. Günter Grass fálanos dende o outro lado, e tampouco sae indemne. Non suplica que se lle perdoe, ninguén o obrigaba a falar deste enorme "pecado". Non sei se será unha revirada operación de publicidade empregando o morbo que supón recoñecer a súa pertenza ás SS, non creo, porque non o precisa nesta etapa da súa vida na que xa é un autor consagrado. Ao mellor son motivos relixiosos e o medo á morte...¡quen sabe! o caso é que Günter Grass amosa unha capacidade extraordinaria para recuperar do pozo negro do pasado imaxes, sentimentos, feitos, que nos axudan a comprender un pouco mellor os motivos daquel xenocidio.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O que non sei eu é como imos facer para pagar tanto libro que se nos recomenda ós que si aceptamos recomendacións...

Ana Bande dijo...

Amigo R.R., ben sabe vostede que todo o que queira ler lle sae de balde, non ten máis que pedir por esa boquiña, que para iso son bibliotecaria, bueno, ao mellor non o son, espero.

R.R. dijo...

Ai si, pero logo estamos os que temos espíritu coleccionista e resulta que queremos ter algúns libros en propiedade. Aínda que este, ben viña aforralo...

Ra dijo...

Doña Ana, un gusto retomar sus posts, hacía tiempo que no pasaba. Un abrazo desde el Sur.

Anónimo dijo...

Estimada compañera,
¿cómo puedes ser tan mala y decir que esperas no ser bibliotecaria? ¿Qué eres entonces?
Si quieres puedes explicármelo en chino. Besitos.

Mrs.Doyle dijo...

Xenial recomendación.