viernes, septiembre 07, 2007

La preservación de recursos digitales, de Alice Keefer y Núria Gallart.

As publicacións relativas ao mundo das bibliotecas deixaron de interesarme perante un tempo porque fóra dos temas "estrela" tipo web 2.0, repositorios -¿poderían mellorar esta tradución por favor?- e tecnoloxías varias, dos que xa hai blogs e páxinas webs por miliardos, non se publica nada que me pareza verdadeiramente interesante Este libro é unha das excepcións.
O tema da preservación (ou conservación, mellor) en xeral xa é importante de por sí porque se está a falar nada máis e nada menos que do dereito á memoria das xeracións futuras. Se temos en conta que a maioría da información e ata a documentación que garante os nosos dereitos (tódolos documentos oficiais, nada menos) está a piques de transferirse na súa totalidade a este soporte tan virtual como e efímero que é a dixitalización, non podemos estar tranquilos tal como se están a facer as cousas. A dixitalización malia as súas vantaxes, pode convertirse nada máis e nada menos, (chamádeme apocalíptica se queredes) nese botón vermello que de súpeto faga desaparecer completamente a memoria colectiva a nivel planetario. Si, certo, parece ciencia ficción, pero xa sabedes tamén do retrasado que vai este xénero con respecto á realidade, á realidade real, quero dicir.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sí (con til) non existe en galego xa que non hai ningunha diferenza entre si (adverbio afirmativo), si(pronome reflexivo) e se (condicional). Polo tanto, en galego non se fai ningunha distinción diacrítica.

Ana Bande dijo...

Á veces váiseme a man, Sr. Torquemada, pero vostede siga a corrixirme por favor, mentran non sexa políticamente todo vai ben.
¡que luxo contar con vostede!