jueves, septiembre 06, 2007

O desfalco, de Valentin Katáiev

Esta obra, a derradeira achega dos Rinocerontes, reafirma a miña preferencia por esta editora galega. Con este e estoutro descubrín dous dos mellores libros que teño lido na miña vida e con outros, coma este, este, e estes, atopo en galego os que xa disfrutaban do anaquel vip da miña biblioteca, ese estante máis a man onde entran e saen a cotío os libros máis viaxeiros por seres os que sempre recomendo a alguén que mo pide.
Valentín Katáiev, poeta e xornalista soviético, traballou para o servizo de propaganda no seu país o que seguramente lle permite reconstruir nesta obra as "malas artes" que ocultaba a Nova Política Económica. A malversación de fondos públicos semella unha lacra nuns anos en que os dirixentes comunistas introducían este curioso programa económico capitalista co gallo de prepararse par o socialismo. Neste tumultuoso contexto postrevolucionario e postbélico atopan o mellor caldo de cultivo personaxes tan maravillosamente necios como Filip Stepánovich o xefe de contabilidade e o caixeiro Váñechka, un par de tolos ao xeito dos nosos heroes cervantinos que saen un día do seu traballo cara o banco na procura dos cartos para pagar aos empregados da empresa e xa non voltarán ata esgotar o derreiro kópek.
Nunha das súas viaxes cara a seguinte parada para seguir a dilapidar os cartos públicos qeu aínda lles quedan nos petos, no tren, o noso Quixote emprende a desigual batalla da partida de cartas, unha de tantas aventuras das que sairán cada vez máis arruinados...velaí o comportamento de Váñechka, seguindo o guión do noso Sancho:
"Os ocupantes do vagón, que non eran moitos, amoreábanse ao redos dos xogadores. Incluso o mozo do vagón, despois dunha propina de cinco rublos, non só se abstiña de poñer obstáculos, senón que se comportaba dun xeito extremadamente solícito, traendo cervexa e candeas, e avisando da chegada do revisor. Váñechka achegose varias veces a Filip Stepánovich para tirarlle da manga e murmurarlle:
-Déixeo, Filip Stepánovich, qeu vai perder, mire o que lle digo. Por Deus, non confíe neste viaxante autorizado, por moi autorizado que estea.
Pero Filip Stepánovich apartábao, anoxado.
-Lisca de aquí, que me espantas a sorte. Vaite!
Aínda que semelle feito á mantenta, a publicación deste post simultáneamente aos derradeiros e turbios asuntos que estamos a describir estes días, é pura casualidade.

4 comentarios:

R.R. dijo...

¡Joder, compreino xusto onte na Nova Colón da Coruña!

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Bande dijo...

O comentario suprimido era meu, o digo para non ferir susceptibilidades dos que pensan que ando por ahí a censurar (que os hai).

RR. Eiiii perdoa se che pisei unha futura crítica, pero mira que estamos conectados ti máis eu...bueno, pois que che preste a lectura. A min gustoume moito, sobre todo porque atopei un gorentoso precedente do inefable Ignatius J.Reilly de FKToole, personaxe entrañable e tan común ao noso carón.
Cambiando de tema ¿onte está ese fermoso post do meu centiliño? Estou desexando botarlle o dente....

R.R. dijo...

¡Ui, cantas débedas acumulo, mondié!

¡¿Ignatius?! ¡Otia, pois mañá mesmo póñome a lelo!