lunes, octubre 01, 2007

O muiñeiro ouveador, Arto Paasilinna

Os Rinoceróntes seguen a agasallarnos con boa literatura. Grazas.
Gunnar Huttunen xa quedará no meu arquivo de personaxes heroicos. Coma os outros textos de Paasilinna atopámonos de novo cunha visión ben orixinal da idealizada sociedade finlandesa. Seguen caendo mitos e temos que enfrontarnos con esa desacougante realidade na que a bondade e cruelmente perseguida non só polas institucións senón pola sociedade, por todos. O muiñeiro ouvea para liberarse do insoportable peso da maldade e a marxinación. Hai pouco que falei desta película que tanto ten que ver con este universo de Paasilinna onde os bos son marxinados en cárceres ou psiquiátricos mentres que os individuos máis enaxenados dirixen un sistema tan delirante e perigoso para o home. A lectura desta obra é unha desacougante gargallada que nos deixa cunha penosa sensación de impotencia malia agasallarnos cun final feliz que non deixa de ser un premeditado premio de consolación dun autor que se doe do desconsolado lector. Malia todo, sabemos o verdadeiro final. A imposibilidade de xustiza e comprensión para os que só poden ouvear.

5 comentarios:

R.R. dijo...

¡Mimá, outro jasto! ¡Para de recomendar que non dou feito!

Unknown dijo...

Faláranme tan ben Paasilinna e de Delicioso suicidio en grupo que quedei un pouco decepcionado. Está moi ben, moi divertida, pero con tantas espectativas...

Haberá que probar con esta.

Ana Bande dijo...

Prezado R.R. non se me apure que eu estou noutra fase e teño moito tempo para ler...

Benvido mueja,
E vostede dun pobo precioso e esas delicias que pon no seu bló son unha boa razón para para voltar a Francelos, pulpo, queimada, ¡quen me mandaría a min meterme nesta leria de réxime!

R.R. dijo...

Come, Aniña, e ponte jorda,
e cando cho dijan, faite a xorda.

Ana Bande dijo...

RR, cagoen....tómolle a palabra