martes, julio 31, 2007

Revista TRIUNFO. Periodismo Puro....pasatempos dun verán ¿alternativo?

Con Triunfo Digital reaparece públicamente a revista que nos anos 60 e 70, dúas décadas cruciais, encarnou as ideas e a cultura da esquerda do noso país e foi símbolo da resistencia intelectual ao franquismo. Triunfo mudou de pel en 1962 e, deixando atrás ao inesquecíbel semanario cinematográfico precedente, acadou seu antigo soño de converterse na revista de información xeral cando un nomeado grupo de comunicación se propuxo obstinadamente editar Triunfo. Dúas ideas fundamentais guiaron a revista dende a súa nova situación profesional: dirixirse ás maiorías e transitar por vieiros culturais para que as súas páxinas poideran acoller as grandes correntes do pensamento europeo. Triunfo emprendeu entón un camiño sen volta co firme propósito de atravesar aquela escura época facendo un periodismo insubornábel que restablecera a memoria histórica, arrincada dos españoies pola violenta agresión dos vencedores. Ao aparecer nos quioscos o 9 de xuño de 1962, Triunfo non deixou xa nunca de recoller e destacar nas súas páxinas cantos acontecementos de natureza cultural e ideolóxica foran sucedendo no noso país e que afectaban á propia revista, como a prolongada vixencia da antiga lei que Franco e Serrano Suñer dictaran un cuarto de século antes, en plena guerra civil, impoñendo unha férrea censura que foi culpable de que o noso pobo chegara a esquecer a súa propia historia, ou cando, en 1966, casi 30 anos despois, Fraga pregoaba "a fin da censura previa" coa súa nova Lei de Prensa e Imprenta, auténtico fraude político agachado baixo unha prosa xurídica formalmente moderada que non lle impidiu reformar o Código Penal para radicalizar a represión hasta extremos inusitados. No seu propio ámbito, a revista soportou incomprensións e desencontrol. O simple feito de que, moi pronto, conquistase a atención dos que procuraban naquel deserto comunicacional que era noso país unha mensaxe de liberdade e que se estendera a nova de que había que ler Triunfo, publicación en auxe polo seu inequívoco talante progresista, creou momentos de tensión entre a redacción e o grupo editor, circunstancia que acadou extremos intimidatorios pola acusada intolerancia de algúns personaxes do seu Consello. A tensión entre Triunfo e os seus financiadores medraba cando, inesperadamente, apareceu a crise: aqueles sufriron tal descalabro económico que todas as súas empresas pasaron a depender do seu acredor, o Banco Atlántico. A situación enrareceuse cando se soubo que a cúpula do Atlántico a integraban significativos membros do Opus Dei. A evidente disparidade entre a coñecida asociación relixiosa e as ideas defendidas por Triunfo facía presaxiar un final irreparable: era preciso transmitir ao propio presidente do Atlántico a idea de que a desaparición da revista sería interpretada como un ‘axuste de contas’ ideolóxico e que, si o Banco se mostrara comprensivo, quedaría patente que a Obra non desexaba consumar ningunha acción que semellara represalia. Admitida positivamente a proposta, Triunfo acadou o seu obxectivo e, por vez primeira, a revista sentiuse absolutamente libre, sin depender económicamente de ninguén. De feito foi unha simbólica reedificación da revista sobre si mesma que, para evocala, adoptou un lema como santo e seña para o futuro: o predominio da razón ideolóxica sobre a razón económica. Comezaba unha época dourada, a do “Triunfo das luces”, que levou á revista cara o cumio da súa influencia cultural e ideolóxica. Ao través dos números monográficos, abordou temas hasta entón prohibidos para a sumisa e insulsa prensa da época. Pero o omnímodo poder do autócrata e dos seus vigarios non foron quen de aturar o auxe e a liberdade que a revista acadara e, cando apareceu o monográfico “El matrimonio”, castigouna cos máis duros correctivos que aquelas leis sectarias aplicaban a quen se atrevía a desafialo: secuestrou o número, abriu un sumario no Tribunal de Orde Público e, por especial acordo do Consello de ministros, Triunfo foi suspendido durante catro meses e multado cun cuarto de millón de pesetas. Miles de adhesións de seus lectores expresadas mediante suscripcións extraordinarias mitigaron o golpe sufrido. O acoso gubernativo á revista non parou e o número no que se publicaba o artigo de José Aumente ¿Estamos preparados para el cambio? (el 656 de abril del 75) era tamén suspendido durante catro meses polo Consello de ministros que o considerou como atentatorio contra a seguridade do Estado. A morte de Franco ocorreu durante aquela suspensión e Triunfo, amordazado, no puido pronunciarse periodísticamente sobre tan histórica situación. Impotente, viuse confinado a presenciar dende o arcén da Historia como o Grande Cortexo fúnebre se encamiñaba cara o Val dos Caídos. Pero aquel Poder era insaciable no seu acosamento a Triunfo e así, o 24 de xullo do mesmo 75, abriu expediente á revista pola publicación no número 669 dunha entrevista de Montserrat Roig a José Andreu Abelló considerando que o texto vulneraba o artigo 2 da Lei de Prensa e Imprenta. E para maior afrenta aínda, os indultos que o primeiro goberno da Monarquía (12 de decembro do 75) concedeu ás publicacións e periodistas sancionados por transgredir a ley de Prensa non se confiriron a Triunfo, que tuvo que cumprir íntegra toda a súa condena. O 10 de xaneiro de 1976 reapareceu Triunfo cunha significativa portada: A resposta democrática. Os máis de 166.000 ejemplares da súa tirada desapareceron nas mans dos seus lectores nunhas horas, o que confirmaba o seu inicial obxectivo de ser unha publicación para maiorías. Non obstante, naquela confusa e irreflexiva época de balbucente democracia con profusión de partidos políticos á caza de poltronas no Congreso e no Senado, a revista iniciou o seu declive porque boa parte dos seus leais ‘esqueceron’ a Triunfo e os seus méritos. E a revista sufriu unha caída xa imparable que a levou en 1982 a un final paradóxico e desolador: a publicación que máis loitara e padecera en España pola liberdade e a democracia, desaparecía por mor da lei do mercado tres meses antes de que a esquerda de entón chegara coa maioría absoluta al poder. Triunfo foi unha singular obra colectiva que xuntou a un equipo excepcional de periodistas, paradigma profesional da segunda metade do século XX. Ante a imposibilidade de nomealos un a un, que sería o xusto, baste aquí con sinalar no seu nome aos máis lembrados dos desgraciadamente desaparecidos: Eduardo Haro Tecglen, Luis Carandell, Manuel Vázquez Montalbán...
Como memoria indispensable daquelas dúas décadas cruciais da vida española, Triunfo Digital ofrece aos investigadores do porvir o considerable, inmenso contido cultural e ideolóxico dunha revista que o propio Montalbán gabou con estas verbas: «Me vinculé a Triunfo en el momento de su definitivo despegue como medio en el límite del posibilismo crítico contra la dictadura, cumpliendo el papel de órgano cómplice de la reconstrucción de la razón democrática de España después del asalto a la razón perpetrado por las hordas franquistas en 1936. He de decir que vivir el agostamiento del franquismo dentro de Triunfo como uno de sus más frecuentes colaboradores, ha sido la situación más satisfactoria de mi vida, por encima incluso de premios nacionales o internacionales aportados por la literatura».

Texto: José Angel Ezcurra.
Tradución: Ana Bande.

¿lembras a portada de TRIUNFO da data do teu nacemento? ¿non? mmmm... mala memoria rapas@. Pois se queres levar un bo susto podes mirar en truinfodigital, eu aínda non me recuperei a verdade, son da época de maricastaña....

Vigo, a estética do contraste

Ás veces o inesperado amólanos pola súa impertinencia, foi o que eu sentín cando me topei por vez primeira con este "ready made" urbanita. Agora, tras convivir con esta imaxe un bo tempo, agradezo a súa presenza esporádica como símbolo da resistencia de Vigo a ser unha cidade como tantas outras. Hai que consolarse dalgún xeito. Aquí o tradicional non se resigna doadamente a desaparecer baixo os cascallos da especulación. Antes alporizábanme moito estes contrastes, sempre aberrantes, e semellábanme síntomas dun mal gusto que farían moi difícil a vida nun entorno tan carente de beleza. As galiñas exultantes pasean á beira da Gran Vía. Un labrego coidando a súa leira a carón da Praza de América. Lembro que hai anos saín unha noite dun hipermercado e sen saber como vinme rodeada de leiras e corredoiras que se multiplicaban nun labirinto do que non me foi doado saír, non atopaba ningunha referencia coñecida, creo que estaba por Lavadores. Hoxe van quedando menos illas do pasado e van aparecendo eses proxectos-monstro que compiten por agachar a ría da vista dos vigueses. Ás veces hai sorte e a necidade e cobiza dos xestores de turno fan que se paralicen algunhas obras, caso do Auditorio, e podemos disfrutar un pouquiño máis dos azuis do ceo e do mar.

viernes, julio 27, 2007

Literatura en estado puro....pasatempos de verán...agora xa por fin abafante.

Este texto pertence á novela dun malogrado escritor estadounidense que optou polo suicidio sendo aínda mozo. A perseverancia da súa nai salvou esta preciosa historia e o que fala, Ignatius é un personaxe enorme (en tódolos sentidos) que se ten comparado axeitadamente co noso Quixote. Coa súa nai (un alter ego de Sancho) forman unha parella literaria do máis orixinal. Bueno, non vou dar máis pistas, por agora.
Para non abusar do alcol esta vez o premio pode ser unha Mirinda ¿que xa non se fan? Seguro que aínda queda algunha por aí...veremos.
Velaquí as verbas tan sabias dun necio universal:

" Soy capaz de tantas cosas y no se dan cuenta. O no quieren darse cuenta. O hacen todo lo posible por no darse cuenta. Necedades. Dicen que la vida se puede recorrer por dos caminos: el bueno y el malo. Yo no creo eso. Yo más bien creo que son tres: el bueno, el malo y el que te dejan recorrer. El bueno lo he intentado andar y no me ha ido bien. Juro que ha sido así. De pequeño hice todo lo que consideré correcto y lo que está bendita New Orleáns, con sus acordes de ébano y sus insoportables chaquetas a rayas me inducía a hacer. Estudié profundamente y traté de trasladar mis conocimientos con pasión. Los estudiantes saben eso. También escribí encerrado en un pequeño mundo cuarto juntando frases, frustrándome ante las huidizas buenas palabras y las no menos resbaladizas imágenes, comparaciones, situaciones, personajes, diálogos. Asumí estar en ese camino porque es ese el modo como se consiguen los sueños. Al menos eso creía hasta un día, cuando tenía todo acabado y faltaba la confirmación de que había decidido bien, no hubo recompensa. No hubo zanahoria, Ahí me di cuenta de que ya estaba caminando, lejos de mi voluntad, por la otra senda. Esa que no es la buena ni la mala. Porque está claro que la buena es buena porque es una opción propia. La mala es mala porque también es tu opción. Pero la otra no es algo que hayas escogido, por lo cual no pueden decir que es ciertamente buena o ciertamente mala. Es ciertamente ajena, impropia. Por ese camino involuntario caminé, llevado de las narices, arrastrado como un palo sin poder animarme. Tuve que resignarme a ser como ellos me ordenaban, a aceptar sus juicios y sus rechazos. A comprobar una vez más que no todos pueden ver más allá de su aliento. A ser víctima de un sistema que hace de gente como yo infelices zombies o incomprendidos. Y hay que tener el espíritu muy bien templado, tal vez como acero damasquino o más, para afrontar semejante fuerza. "

Puro arte...pasatempos dun verán chuvioso.

¿sabes quen fixo esta obra?....premio, hmmm...¿unha birra no Hipólito?
¿sabes a obra orixinal á que fai referencia?....premio...hmmmm...¿dúas birras?
¿de que nos está a falar?.....premio.....convidar á terceira cervexa que xa non teño cartos.
Absterse parentes en primeiro grao e sobriñas chaponas.

jueves, julio 26, 2007

Bar Hipólito, en Vigo








En Vigo xa e coñecido abondo, penso, pero por si hai alguén que aínda non parou por aqui, paga a pena vir tomar unhas cervexas, só ou acompañado, podedes escoitar a mellor música de jazz, botar unha partida de xadrez, ler todo tipo de xornais, revistas e cómics ou simplemente ollar o local. Aquí vos deixo unha fotos para que vexades que non minto.

martes, julio 24, 2007

Agora expoliadores...

Foto: El Correo Gallego

¿Mudanzas boquete custodia a colección de arte precolombina máis importante do mundo? ¿A Xunta, O Consorcio de Santiago e a Universidade tentan quedar con estas pezas procedentes dunha colección dun tal Leonard Patterson, presunto traficante de arte? ¿xa somos europeos de verdade e temos o carné oficial de Grandes Expoliadores? ¿Non será o guión dun novo producto de Pérez Reverte? ¡por favor, devolvan as pezas XA!

Noticia sobre la exposición

Nocicia sobre el catálogo:
0 espíritu da América prehispónica. 3.000 anos de cultura. Santiago de
Compostela: Junta de Galicia. (Edición inglesa editada en Nueva York en
1997 por Epsy Art con el título Prehispanic America. Time and culture
(2000 R. C.-JSSO A. D.).

-Outras curiosidades do mundo da cultura galega...
A Xunta gastará ata sesenta mil euros en gaitas para enviar ás organizacións de emigrantes galegos ¿esta é a nova política cultural da Xunta?

lunes, julio 23, 2007

Delicioso suicidio en grupo, Arto Paasilina

Arto Paasilinna é a miña derradeira descoberta no eido literario. A tan só dous días de rematar "O bosque dos raposos aforcados", xa tiven que ir mercar máis do mesmo porque habendo tempo, e mal tempo, por certo, non hai como meterse nunha boa historia para disfrutar das vacacións.
Trátase dun relato sobre un grupo de finlandeses que queren rematar coa súa vida e que se xuntan para elaborar un plan ao efecto. O suicidio perde aquí toda a súa aura de glamour e romanticismo, non é máis que unha saída a problemas tan terrenais como a quebra dunha empresa ou as consecuencias da violencia no fogar.


Pero na obra de Paasilinna hai tamén unha amarga crítica da tan admirada sociedade finlandesa. Os países nórdicos sempre se nos presentan como modelos de desenvolvemento, todos coñecemos as estatísticas e por que non dicilo, as lendas, sobre esas sociedades cuasi perfectas. Pero a boa xestión e as políticas máis correctas tamén agochan os seus mortos. E as tendencias suicidas dunha poboación que debería ser das máis felices do planetas fánnos desenterrar algúns deles. Paasilinna preséntanos un variado repertorio de problemas sociais que moitos non sospeitarían, as eivas dun sistema que ten enormes deficiencias no seu sistema de saúde, cunhas forzas armadas que se saben totalmente prescindibles e dadas ao consumo de alcol, problemas de medio ambiente e unha propensión á violencia en tódalas súas variantes, tamén a doméstica. E por suposto tamén as eivas dos tradicionais sistemas socializadores como a familia e a igrexa.

Esas enquisas que adoitan facer as Nacións Unidas sobre a felicidade no mundo presentaban a Finlandia nos primeiros postos, logo, deberon tomar en conta a autores coma Paasilinna e preséntannos en primeiro lugar a Nixeria reservando os derradeiros lugares para os países europeos.

Finlandia en la Wikipedia (contrastar información)

domingo, julio 22, 2007

¿Verdadeiro ou falso?

Imaxe publicaba polo China Daily no 2005. Vía Chinochano

Imaxe retirada e censurada en España polo xuiz Olmos, 2007.
¡que viva Albert Plá!
Antes de que no lo manden a Siberia aproveito para publicar aquí a letra da súa canción "Carta al rey Melchor"(no solo de rumba vive el hombre). É imprescindible escoitala unhas cincocentas veces seguidas...
Mi majestad:Espero no ofenderlo ni irritarlo majestad pero mi deseo es casarme con su hija quizás sea una osadía pedir la mano de su hija no me creáis oportunista ni un playboy mi majestad no pretendo enriquecerme ni quiero palacios ni pajes ni yates no quiero ser duque o tener chamberlanes no deseo aprovecharme ni robarle nada es cuestión de amor que estoy loco de amor por la princesa entiéndalo rey mío por favor compréndalo aunque sea soberano supongo que será humano como el resto de sus siervos también tendrá sentimientos yo sé que vos realmente también os cagáis y folláis y sudáis como yo esto es real así que présteme un poquito de atención le hablaré fráncamente frente a frente majestad Quizá yo no sea el yerno que soñó mi majestad nunca tuve dinero ni soy conde o caballero no llego ni a hidalgo ciudadano raso mi estirpe no es noble pero mi nobleza me obliga a decirle la verdad Sería mentirle si digo que tengo respeto por la monarquía siempre me he cagado en las dinastías y en las patrias Putas la banderas sucias los reinos de mierda y la sangre azul mi majestad ahora es el real decreto del corazón mi majestad que me arrastra y que reniegue por amor mi majestad pues la fé mueve montañas el amor remueve el alma Y hasta el ser más consecuente ante el amor pierde su honor Yo por amor soy capaz de mandar a la mierda mis firmes principios de republicano cambio de camisa y rindo pleitesía a la monarquía que viva el amor que me convirtió en su esbirro majestad sólo pensar que quisierais ser mi suegro majestad yo ya le adoro yo le adulo y hasta le beso el culo le prometo ser bueno un digno yerno majestad si me caso me transformo como en ese cuento aquel sapo que por un beso se convirtió en príncipe encantado y así por un beso de su princesita también y me vuelvo en todo lo que usted quiera seré su súbdito amado su sumiso esclavo su obediente criado su subordinado y devoto lacayo le juro ante dios y ante el cielo y la Biblia Que viva el rey viva el rey que viva la monarquía

sábado, julio 21, 2007

Chameite Alma porque...

Chameite Alma porque
alguén quixo que unha biografía de Alma Mahler fixese todavía máis ledo aqueles días felices
nos que te somerxías no líquido amniótico.
Alma, sabía que o nome ías ser ti.
Non houbo erro,
e ademáis sempre te sentiches a gusto malia telo que deletrear unhas cantas veces.
Son os nomes os que ás veces nos constrúen, está ben que sexa así.
Amas a música e eres forte e intelixente como aquela muller que fixo perder os miolos a tantos xenios.
Hai persoas ás que é imposible non querer, van por aí agasallando ao ar, á terra, á chuvia, ao vento....
Alma Mahler por Oscar Kokoschka



Libros sobre de y sobre Alma Mahler:


Keegan, Suzanne. Alma Mahler, la novia del viento.
Mahler, Alma. Recuerdos de Gustav Mahler.El Acantilado.
Margarit, Isabel. Alma Mahler :la gran dama de la seducción. Barcelona : Planeta, 1994
Kokoschka, Oskar. Cartas a Alma Malher [traduccion de Elisabeth Flores].
Giroud, Françoise. Alma Mahler, o el arte de ser amada
PELÍCULAS
Bride of the wind de Bruce Beresford
Mahler, de Ken Russell

jueves, julio 19, 2007

Exposición Arte e Omosessualità

Foto Vía Milano 2.0


Grazas a laranxa chego á noticia da polémica exposición Arte e Omosessualità da que se tivo que retirar esta obra de Paolo Schmidlin. Lembreime da preciosa novela A cabeza de plástico de Vidal Folch, comentada neste blog. Recomendo a súa lectura. É unha historia moi ben artellada que trata en clave de humor o recurrente tema do fraude na arte contemporánea. Moitos consideran este tipo de "arte" unha provocación e falta e respeto. Estes rexeitamentos non só amosan unha total ausencia do cada vez máis escaso sentido do humor, son tamén unha mostra dese "fundamentalismo" e "radicalismo" que tanto gostan de atribuir a outros. As auténticas faltas de respeto son a prohibición de condóns para paliar a extensión do sida, os curas pederastas e outras tantas cousas.

Artistas: Aubrey Beardsley, Alberto Abate, Paolo Arao, Agostino Arrivabene, Assume Vivid Astrofocus, Jacopo Benassi, Carlo Bertocci, Betty Bee, James Bidgood, Antje Blumenstein, Lorenzo Bonechi, Bruce of Los Angeles, Daniele Buetti, Jeff Burton, Maurizio Cannavacciuolo, Davide Cantoni, Paolo Cassarà, Jota Castro, Maurizio Cattelan, Larry Clark, Colombotto Rosso, ConiglioViola, Erwin David, Tamara de Lempicka, Filippo de Pisis, Gabriel de la Mora, Mc Dermott, Sebastiano Deva, Filippo Dobrilla, Giulio Durini, EVA&ADELE, Leonor Fini, Giorgia Fiorio, Fischerspooner, Samuel Fosso, Franko B., Jim French, Lino Frongia, Anna Fusco, Francesca Galliani, Valmore Gemignani, Ryan Mc Ginley, Luis Gispert and Reed Jeffrey, Nicola Gobbetto, Nan Goldin, Steven Gontarski, Ettore Greco, Timothy Greenfield-Sanders, David Hilliard, David Hockney, Harry Holland, Francesco Impellizzeri, Anna Keen, John Kirby, Micha Klein, Steven Klein, Bruce Labruce, David LaChapelle, Mark Lackey, Annika Larsson, Alex Lee, Christian Leperino, Ma Liuming, Philip Lorca di Corcia, Ivan Malerba, Robert Mapplethorpe, Mataro Da Vergato, Claus Mehrkens, Alberto Mingotti, Moio&Sivelli, Pierre Molinier, Claudio Monnini, Yasumasa Moritura, Barbara Nahmad, Helmut Newton, Erwin Olaf, Luigi Ontani, Gonzalo Orquin, Paco y Manolo, Camilla Paternò e Matteo Basilè, Paul P., Philip Pearlstein, Dino Pedriali, Kembra Phaler and Bruce Labruce, Walter Picardi, Pierre et Gilles, Jack Pierson, Pasquale Piscitelli, Carol Rama, Terry Richardson, Herb Ritts, Terry Rodgers, Ugo Rondinone, Rosy Rox, Thomas Ruff, Sam Taylor-Wood, Dean Sameshima, Matteo Sanna, Livio Scarpella, Paolo Schmidlin, Collier Schorr, Luigi Serafini, Natalie Silva, Marcello Simeone, Alix Smith, Paul M Smith., Orfeo Tamburi, Alex Tennigkeit, Mario Testino, Giovanni Testori, Tom of Finland, Lorenzo Tornabuoni, Antonio Torresi, Ikè Udè, Paolo Vandrash, Wilhelm von Gloeden, Wilhelm von Pluschow, Andy Warhol, Bruce Weber, Paul West, Joel Peter Witkin, Young Elizabeth."

Antonia, de Marleen Gorris



Antonia, é unha película sobre catro xeracións de mulleres dun pobo holandés, logo da Segunda Guerra Mundial. Unha ollada feminina aporta unha visión nova da Historia. Segundo a directora, Marleen Gorris, as sagas familiares só se teñen presentado dende a mirada do home, o pai, o fillo, o neto, esquecendo incluso que é a muller a encargada de parir. A historia da Gorris agasállanos cunha chea de xentes con personalidades moi ricas e complexas, os hai racionais ao máximo (Dedos Torcidos, ¡que ledicia de home!, Teresa..), deliciosamente tolos (Madonna Tola), abominables (Pier, Labrego Dann), abertos e tolerantes (Antonia, Danielle...), e ata fellinianos (Olga). Antonia é o paradigma dunha sabiduría que trascende a realidade, é unha muller segura de si mesma e gábase desta capacidade extraordinaria para acadar a felicidade cando pasea a súa enorme dignidade por entre as xentes máis reaccionarias. Danielle, a filla, representa a liberdade sexual, a súa homosexualidade é plenamente aceptada pola súa nai porque sinxelamente non é cuestionada. A relación lésbica de Danielle coa mestra da súa filla preséntasenos dun xeito tan natural que nin nos decatamos da opción sexual da parella. Delicioso diálogo desta dúas mulleres sobre as propiedades, preparación e sabor da alcachofa. Antonia, a neta, unha intelectual, nena prodixio cunha enorme sensibilidade, e Sara, a herdeira de todo este fabuloso legado espiritual. Os personaxes masculinos, unhas veces despreciables, caso de Pier, o violador, pero otras veces caracterizados como compendios de bondade e comprensión, como o labrego Dann, que xunto con Antonia conforman unha das parellas más amabeis da historia. E outro personaje entrañable, Dedos Torcidos, un intelectual que vive retirado na súa choupana rodeado de libros de filosofía e ollando o seu entorno dende a sabiduría máis aterradora, a do que sabe que no hay deus, nin ceo. Tamén se cuestiona o papel das institucións tradicionais, sobre todo a familia e a igrexa.

Interesante actividade didáctica
Críticas sobre la película

miércoles, julio 18, 2007

Nosotros los modernos, de Alain Finkielkraut

A algúns pensadores, periodistas, intelectuais....só os coñecemos pola polémica que suscitan nos medios de comunicación. A maioría son operacións de propaganda e ata de autopromoción para acadar un pouco de atención, un pouco de tempo, nada menos, agora que vai tan caro. Estamos ademáis tan afeitos a que outros opinen por nós que xa nin intentamos achegarnos ás obras "clasificadas" (máis ben maldicidas) polas tendencias políticas que seguen a confiar e potenciar o rexeitamento das masas pola letra ben impresa. En fin, o que vos quero dicir é que un destes supostos malditos, como Finkielkraut, nin morde nin contaxia enfermidade ningunha, nin tampouco Houellebecq, por traer aquí a outro francés ao que tamén quixeron plantar lume hai pouco. Nosotros, los modernos, é unha obra de filosofía das que se entenden, iso xa non é pouco. O problema, como en tantas ocasións, unha tradución de dicionario que non ten demasiado en conta a sintaxis, pero en fin...(recomento o artigo do blog de cine y política sobre a polémica).

Entrevista en El País
Wikipedia
Red Voltaire
Gees
En blog Cine y Política

lunes, julio 16, 2007

O bosque dos raposos aforcados de Arto Paasilinna


(Foto: Rinoceronte)


O bosque dos raposos aforcados, unha lectura que nunca debera ser adiada, como todas as publicacións de Rinoceronte. O amigoR.R. xa no la recomendaba hai tempo cando nos ofrecía aquela suculenta crítica que nos facía devecer polo libro. E agora que veño de rematar esta lectura podo dicir que tiña toda a razón. O bosque dos raposos aforcados preséntanos uns personaxes miserables que xa coñecemos abondo na literatura e na realidade que conforman unha rede de corrupción (tan de moda por outra parte) certamente ridícula e absurda.
Blog Rinoceronte
Entrevista a Arto Paasilinna en El País.



domingo, julio 15, 2007

Anna Maria Jopek

Este CD foi outro dos agasallos de Asia, unha amiga de Polonia que me conta cousas impresionantes da cultura do seu país, pouco que ver cos estereotipos que nos venden os medios, que só nos informan do frikismos dos xemelgos e as súas aberrantes ideas políticas. Pouco a pouco irei compartindo con vós todo esto.

Anna Maria Jopek con Pat Metheny:




Tamén vos deixo este delicioso blog de música.

viernes, julio 13, 2007

Estou vivo...

Aser Fdez. Rey. Sin título. [Acrílicos sobre lenzo]

Estou

vivo, iso podo decircho

con seguridade, porque sinto como

se me rompen articulacións e extremidades,
tamén esta sensación de vertixe, e unha moi leve

brisa que refresca un corpo queimado por esta febre,
penso que hai alguén aquí comigo, sinto por veces o bafo

dalgún doente, por veces, aínda que estou completamente durmido,
podo adiviñar un corpo a carón do meu corpo, mesmo semella que unhas

mans queren acariciarme e cando comezo a disfrutar desta brevísima felicidade
as feridas volven abrir e a carne racha con máis facilidade, ata que volvo quedar illado da existencia....

Yomelo Montosolo

Yomelo Montosolo fíxonos pasar una divertidísima velada no seu concerto onte no pub "La Casa de Arriba". Un bo exemplo este rapaz ao que coñecín no YouTube cantando "a pelo" nunha rúa de Ourense. Non fan falta moitos medios para pasalo ben, ogallá que acade moito éxito, o merece de verdade. Na foto empezando pola esquerda: Rebeca, a miña sobriña, un encanto de rapaza coa que celebramos a súa incorporación á Caixa (mágoa que Caixanova deixase perter este fichaxe, mala política de persoal a desta entidade, penoso exemplo de xestión do que falaremos outro día....) Yomelo, Hania, Nuria, Asia (unha descuberta para amar todavía máis a Polonia) máis eu. Bicos Yomelo e moito éxito. Aquí vos deixo un dos seus videos.
MySpace de Yomelo.

miércoles, julio 11, 2007

Recuperación do patrimonio documental en Santiago e Ourense

Sentencia de Alfonso X "El Sabio" no pleito dos veciños de Ourense contra o Cabildo e Obispo da cidade.
Arquivo do Concello de Ourense. [foto: Ana B.B]


Veño de coñecer unha importante noticia sobre a recuperación do patrimonio documental e histórico en Santiago e Ourense. O Proxecto Urbe, do Consorcio de Santiago, presentou un macroprograma que pretende recuperar os documentos relacionados coa historia de Santiago. Por outra banda, o Arquivo da Catedral de Ourense vai ser tamén dixitalizado. Neste caso o proxecto forma parte do plan "Fuentes de Estudios de Historia Leonesa". Chama a atención que o traballo non responda a un interese da nosa comunidade, que sería o lóxico, pero logo de séculos de escurantismo non imos poñer reparos. A época tecnolóxica axuda a afrontar este tipo de proxectos pero non deberiamos esquecer o labor tamén titánico dos que soterraron parte da súa vida na recuperación dun patrimonio só existe grazas a un durísimo e non recoñecido traballo de investigación. Estou a pensar en Emilio Duro Peña, unha persoa con apelidos moi ben acaídos pero víctima dunha incomprensión absoluta que deixou uns traballos tamén titánicos nos que as ferramentas tecnolóxicas pouco máis eran que unha boa lámpara (aínda que esto é dudoso) e un lapis. O noso patrimonio documental aínda precisa de moitas medidas se queremos evitar máis desastres. Os arquivos dos concellos, por exemplo, son cotos illados onde as perdas son xa irreparables. A foto que vos presento é dunha sentenza de Alfonso X milagrosamente recuperada polo arquiveiro do concello de Ourense, D. Francisco Espino Domarco. É unha reliquia, os documentos medievais deste concello cóntanse cos dedos dunha man. Este, por exemplo, foi recuperado grazas á sensibilidade e profesionalidade deste arquiveiro do que tamén diremos en pouco tempo que enterrou moitas horas para mirar por uns papeliños de nada. Da para moito esta historia da triste desaparición de documentos, e como este post era para felicitarnos, pois eso, parabéns por estas medidas, e que se multipliquen, xa falaremos, se queredes abrir un debate, deste tema.

martes, julio 10, 2007

Historia General de Al Ándalus de González Ferrín.

Destruíndo tópicos, descubrindo mentiras, pódense salvar moitas vidas. Estou segura. Pero o caso e que non se lee, bueno, non se leen cousas como estas, libros de historia de verdade, coa humildade de presentarse só como unha aproximación a un tema do que aínda queda moito por saber. Os que así falan son sabios, e mágoa, non estean de moda. Están de moda as "pseudonovelas pseudohistóricas" que contribúen a agrandar mentiras e tópicos como este da conquista e da reconquista de Al-Andalus, que alentan este insoportable desexo de vinganza por parte dos que cada día nos agasallan con nonseicantos camións bomba, por exemplo.
A verdade é moi incómoda pero hai algúns que loitan por iluminar a caverna para que desaparezan xa as aburridas sombras de Platón. Emilio González Ferrín desfai mentiras como o Quixote desfacía entuertos, e busca desesperadamente a verdade histórica como aquel cabeleiro andante andaba á procura da sin par Dulcinea.
Hai mentiras que teñen moitos séculos de antigüidade, milenios moitas delas, e co tempo fanse máis perniciosas e rematan por agromar nun tempo e entón é cando comezamos a dar conta de todo canto se move arredor. Volvo a Kapuscinski que xa nos lembrara que as matanzas actuais son case sempre vinganzaa por asuntos do pasado que xa ninguén lembra...Pero imos ao libro

(pag. 104)
¿conquistó o no conquistó el islam a Hispania, convirtiéndola en Al-Andalus? No, no lo hizo el Islam-estado porque aún no existía en 711. No hubo caballería islámica que llegase a Poitiers sin repostar. La cadena de presuntos conquistadores árabes-Ukba en el norte de África, Taric en Hispania, la etérea llegada salvífica de Musa... - es un mito. El Corán se había revelado ya, pero no se había difundido. Damasco había sustituido ya a Meca y Medina en la capitalidad de cuanto vaya a llamarse revolución islámica. Pero Damasco aún habla griego y siríaco/arameo. No hay estado islámico así difinible hasta la llamada revolución de Abdel Malik, iniciada-que no consumada-como muy pronto en 685; cuarenta y trea años despues de la pretendida conquista árabe de Alejandría-en 642. De ahí, a la proyección exteriro de ese estado, no hay tiempo posible si debemos llegar a Guadalete en 711.

Emilio González Ferrín, é o autor de "La Palabra Descendida", unha lectura intelectual do Corán que obtivo o Premio Nacional de Ensaio Jovellanos en 2002.


lunes, julio 09, 2007

¿que é esa cousa chamada etanol?


O etanol ¿un combustible ecolóxico?
Outra magnífica demostración de progreso. O combustible ecolóxico é la solución ao problema enerxético dos países ricos. Aí están os de sempre para machacarnos diariamente coa fotiño dun novo e ridículo coche ecolóxico.
Temos que mergullarnos na complexa rede de desinformación para decatarnos do sinistro significado deste novo "paso adiante" dun bípedo cada vez máis estúpido e asasino. Numerosas masas famentas dos países pobres van deixar de ser un problema porque simplemente, van morrer todiñas de contado. As terras nas que agora sementan o maíz que consumen van ser reconvertidas en réxime de monocultivo para producir esoutras cousas que non se comen pero que van procurar que cada un dos 150 millos de coches dos USA, por exemplo, fagan case de balde os 2800 kilómetros que lle asegura unha toneladiña de combustible ecolóxico. Iso sí, o cambio climático vai cambiar de verdade, nada de inundacións esporádicas ou advertencias sobre un centímetro máis arriba no nivel do mar. A desaparición dunha vez por todas da masa forestal que queda vainos procurar cambios climáticos en vivo e en directo, iso, acción, acción.

Bonito libro para descargar en pdf 'El ambiente siempre está en medio', de Antonio Fraguas Forges y Joaquín Araújo.

sábado, julio 07, 2007

Vandalismo na biblioteca

Alguén tiña que facer un traballo sobre Shakespeare....
Na biblioteca de filoloxía doe especialmente este tipo de mutilacións...consello: antes de empregar o cutter, por favor, levade o libro enteiriño, si, si, todo para vós, tendes mil formas de saír con el sen que ninguén (se estou no miña quenda prometo ollar para outro lado) se decate de nada. Non son tempos para esto, hai libros de máis, de verdade, agardando que unha man xenerosa os libere da presión a que os someten os seus veciños. Este que estragaches completamente, por exemplo, estaba a carón duns pesadísimos estudos dun requintado estudoso inglés que pasou a vida mergullado nas páxinas do Rei Lear, estaría feliz de estar na túa casa, sobre a túa mesa, mesmo debaixo dunha morea de revistas porno ou xogos de ordenador, o que non quería este pobriño tratado sobre Shakespeare é esta mutilación vergoñenta que nos lembra que aínda existen anacrónicos bibliófagos con cerebros de 1400 gramos.

jueves, julio 05, 2007

Unha celebración e un desexo....


Aser A. Fdez. "Autorretrato"

Celebro aínda que con retraso, o primeiro aniversario deste blog cun desexo, que este autorretratado volva coller os tubos e os pinceis e me agasalle coa felicidade de velo disfrutar facendo unha das cousas que máis lle gostan, pintar, debuxar, manchar lenzos e máis lenzos. Certamente poucas cousas nos procuran máis felicidade que materializar os nosos pensamentos.

Parece que hai que mellorar a Web da UVigo


Carolina Bettencourt é unha estudante Erasmus na titulación de Novas Tecnoloxías da Comunicación. No seu blog fai unha extensa e penso que acertada crítica da web da Universidade. Tomen nota os arquitectos da mesma e as diferentes seccións como a biblioteca. As críticas son unha oportunidade grandiosa para mellorar e poñerse ao día. Carolina tivo tempo e paciencia de poñer por extenso as súas suxestións, e digo eu que tendo esta nosa universidade unha titulación de Novas Tecnoloxías ¿cómo é que temos que sufrir esta web? ¿onde están as novas ferramentas da Web 2.0? ¿onde eses novos conceptos de etiquetas, folksonomías, web social e/ou semántica, blogs, wikis, participación, retroalimentación, feedback, RSS, etc. etc...? Por favor, abran un pouco as fiestras e que corra aire fresco...

miércoles, julio 04, 2007

Algo + que apuntes, exemplo de blog divulgativo.


ALGO + QUE APUNTES é o primeiro blog de Rosa Álvarez, unha profesora de embrioloxía da Universidade de Vigo para quen o seu traballo é sempre un apaixoante tema de conversación. Hoxe tiven a ledicia de coñecer as súas primeiras incursións neste mundo virtual e sinto unha enorme satisfacción por ter animado un pouco este proxecto. As súas son aportacións interesantes non só polo contido científico senón pola súa capacidade para transmitir esa emoción polo saber que é tan gratificante de atopar. Aquí podedes coñecer a embrioloxía dende outros puntos de vista, libros ben interesantes, as novas máis relevantes, curiosidades (¿la virgen que parió a un tiburón?) e ata películas que nos achegan á ciencia por fermosos camiños. Tamén por esta vía coñezo o blog de Encarnación de Miguel Villegas, Divulgación y Ciencia, coas súas recomendacións de lectura científica, unha ledicia de espazos para disfrutar.