miércoles, octubre 31, 2007

Franz Xaver Messerschmidt ¡para volverse tolo!










Grazas a Aser coñezo a Franz Xaver Messerschmidt, un escultor alemán do século XVIII. Se non o vexo nunha revista de arte que consultei na librería do Marco, xamais acreditaría que non fose un artista dos nosos días. A xulgar pola pouca información que podo acadar vía google e outras ferramentas algo máis científicas pero menos efectivas, FXM tivo que ser un deses artistas "malditos" de verdade. Neste bló leo que xa na súa época lle negaron a cátedra de profesor da Academia de Viena porque primeiro ministro desconfiaba da súa saúde mental. Canto teríamos gañado se fosen os artistas "enaxenados" os que non deixasen gobernar ós "animais políticos", que, curiosamente, tamén están a conquistar dicionarios.

martes, octubre 30, 2007

Heroes do medio ambiente...heroínas poucas e invisibles na rede, pero habelas, hailas.

[Para Noemí. Non é doado ter unha amiga así. Coñecímonos nun curso de alemán e quedei rendida aos seus pés, é unha desas poucas persoas das que che gusta presumir que coñeces, unha enxeñeira cunha intelixencia só comparable ao seu colosal corazón, unha desas mulleres ás que che gustaría ver dirixindo o país...o mundo, en fin, que te quero un montón]
O semanario Time ven de publicar no seu derradeiro número unha extensa reportaxe sobre personalidades que destacan pola súa defensa do medio ambiente. Na lista de "heroes do medio ambiente" figuran personaxes ben coñecidas como Mikhail Gorbachev, Angela Merkel, ¡Robert Redford!, Charles (The Prince), David Attenborough, James Lovelock, e por suposto Al Gore. Cando quixen saber máis datos sobre os resto dos "heroes" - Tim Flannery, Benjamin Kahn, Karl Ammann, Hammer Simwinga, Amory B.Lovins, Shi Zhengrong, Lee Myung Bak, Tommy Remengesau Jr., José Goldemberg, David Suzuki, Barnabas Suebu, Frederic Hauge, Wang Canfa, Von Hernandez- a rede foi moi xenerosa, non así no caso das "heroinas", Christine Loh, Olga Tsepilova, Janine Benyus, agás que sexan premio nobel como Wangari Maathai.

domingo, octubre 28, 2007

Grazas á Revista Texturas pola inclusión do meu bló na súa recopilación. Volvo recomendar a visita a esta listaxe sobre blós relacionados co mundo do libro.

Artfutura 2007. Documental 8 BIT

No MARCO de Vigo puiden onte visualizar o documental 8BIT. Trátase dunha proxección sobre o mundo dos videoxogos e a súa importancia na cultura. Coñecín un a música Chiptune, e quedei certamente sorprendida con esta modalidade de composición musical a base de 8 bits e que a xulgar polo documental, ten moitos seguidores en todo o mundo. Dende logo hai que estar abertos ás novas tendencias pero non deberiamos sacrificar tan doadamente as nosas esixencias estéticas, ao contrario, neste tempo de escasez de arte (tanto tanto con maiúscula como con minúscula, e de profusión da estética) temos que cuestionarnos cousas tan básicas como a pertinencia dun museo para amosar traballos coma este. Mentres o público se deixaba engaiolar con estes novos GJ´s (Gameboy Jocqueys), eu sentinme un pouco enganada unha vez máis porque de saber que ía ver un documental sobre novas tecnoloxías, aínda que sexa aplicadas á creación, ao mellor non viña ata o centro desta cidade, o que por certo, cada día custa máis cartos.
Por outra parte, 8 BITS, queréndoo ou non, exemplifica moi ben este momento de confusión e mestura, neste caso moi premeditada, entre arte e publicidade. O producto está tan ben feito que é imposible rexeitalo por puramente publicitario sen risco de ser acusado de virar as costas ás novas deusas (i.e. novas tecnoloxías) da post-post modernidade. Pero o certo é que a maior parte do tempo se está a falar de "marcas", iso si, con moito humor: Gameboy (e girls), Commodore, Atari, Play Station, etc. Velaquí un síntoma ben claro do estado actual de cousas no mundo da arte. Os artistas están en todas partes, son deseñeadores de campañas electorais, creativos de empresas de tódolos sectores, publicistas, escaparatistas...non é de estrañar logo que haxa tanta "obra" e que precisemos cada vez máis museos para acoller tal inflación de traballo artístico.
Fóra destes aspectos negativos algunhas propostas parecéronme moi interesantes, como o traballo de John Klima.
Aquí vos deixo as ligazóns dos protagonistas do documental para ver de que vai esto do netart.
Cory Arcangel, Bit Shifter, Bodenstandig 2000, bubblyfish, Mary Flanagan, Alex Galloway, Glomag, Paul Johnson, John Klima, Johan Kotlinski, nullsleep, Joe Mickay, Tom Moody, Akiko Sakaizumi, Eddo Stern, Teamtendo, Treewave, Carlo Zanni.

viernes, octubre 26, 2007

Cultura vs. Consellería de

Señoras e señores da Consellería de Cultura e técnicos inculturales varios:
Xa non é que incumpran vostedes descaradamente as bases do Premio Cunqueiro que lles obrigaban a sacar a concurso a posta en escea de Limpeza de sangue.
Xan non é que anden vostedes a arrombar tódolos pandeiros preto do monte Gaiás....
Xa non é que perdan vostedes bibliotecas enteiriñas sen que se escoite falar de dimisión algunha, (por certo era bo ir por Australia non vaia ser que eses 40.000 libros os roubara tamén o ladrón da Biblioteca Nacional)....
Pero Conselleira, ¡¡¡NIN UNHA CHAMADA AO NOSO FLAMANTE PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2007!!!, como di R.R. aínda que fose só por protocolo. ¿e que acaso Rubén non será galego?
Transcribo o texto completo do artigo de hoxe no País.
"No estoy en paro", insiste Rubén Ruibal. El autor de Limpeza de sangue, texto ganador del último Premio Nacional de Literatura Dramática, matiza las biografías apresuradas que se han podido leer los últimos días. "Otra cosa es que pueda escribir teatro porque mi mujer sacó unas oposiciones, y así de paso cuido a mis dos gemelos", dice, "que ése sí que es un trabajo". En el palmarés del premio estatal, Ruibal (Ribadeo, 1970) figura ya como el dramaturgo más joven después del catalán Sergi Belbel, ganador en 1996, un año antes que Manuel Lourenzo, el único gallego desde 1992.
"Ahora mismo hay herederos de Vázquez Portomeñe haciendo política teatral"
Ruibal desmiente las biografías de estos últimos días: "No estoy en paro"
Antes de Limpeza de sangue, editada por Xerais y el Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais en 2006, tras haber ganado un año antes el Premio Cunqueiro, Ruibal escribió Nunca durmo, publicada por entregas en la Revista Galega de Teatro. Nunca durmo y su debú en 2000, Fume, éste todavía inédito, fueron representados por la compañía Teatro do Cachuzo, en proyecto compartido con Carlos Losada. Con Patatín e Patatán Súper Productions también consiguió representar el proyecto personal Arroz mubi.
La que no se montó todavía es Limpeza de sangue, pese a que en las bases del Premio Cunqueiro se recogía sacar a concurso la puesta en escena del texto. "Estoy un poco quemado de insistir", dice Ruibal sobre este punto, "perdí el tiempo yendo a ver al director de Creación y Difusión Cultural". "Aparte de esto, un cierto cabreo sí tengo, porque supongo que desde el punto de vista protocolario habría estado bien una llamada telefónica de la Consellería de Cultura". "Digo yo", ironiza, "porque hay silencios atronadores, pero yo con la llamada del ministro me conformo". "También es cierto", sigue, "que a mí me está costando mucho amueblar mi casa en Oza dos Ríos, así que me puedo imaginar lo que puede ser llenar de cosas la Cidade da Cultura".
Tras una década en el teatro aficionado en Santiago y a Coruña, Ruibal acabó de aprender en la compañía de Roberto Vidal Bolaño, Teatro do Aquí, desde 1994 hasta la muerte en 2002 de Roberto, personaje cardinal del teatro gallego contemporáneo. "Mi deuda con él es absoluta", reconoce Ruibal, que pensó Limpeza de sangue, la historia de un arquitecto y un toxicómano que entablan amistad en una sala de diálisis, como un homenaje "a alguien que amaba discutir". "En este país somos injustos con él", lamenta Ruibal. "Hace cinco años que murió y no hemos vuelto a ver un texto suyo en escena. Y eso que recomendaba algún viejo manual de dirección: mejor hacer autores muertos, porque los vivos igual protestan".
Ruibal, entablillado con Roberto Salgueiro entre una generación joven (Xan Carlos Mejuto o Vanesa Soutelo) y nombres clásicos como Manuel Lourenzo, Xesús Pisón o Gustavo Pernas, rescata la vieja cuita de Vidal Bolaño a respecto de las dificultades de los autores jóvenes en Galicia. "Siendo autor gallego, la única solución para llevar tus textos a escena es tener compañía propia", resume. "Somos un país pequeño con un mercado pequeño y demasiadas empresas de teatro, y no nos estamos preocupando de crear público". Aquí identifica rémoras "del pasado". "Ahora mismo hay herederos de Vázquez Portomeñe haciendo política teatral", afirma. "Yo siempre digo una animalada: si un año se les ocurriese ponernos a hacer dinamización teatral en parroquias, ayuntamientos, escuelas e institutos, posiblemente todo iría mejor para el teatro del país". Citando como ejemplo la generación Abrente, que inauguró a comienzos de los 70 el teatro profesional gallego, Ruibal habla de "buscar nuevos modos gallegos de teatralizar la vida". "A mí", dice, "no se me ocurren más cosas que hablar de nosotros".
Sobre la visibilidad de la cultura gallega, dice no confiar en los "milagros". "Las posibilidades pasarían por un cambio radical en la posición de la prensa y las televisiones con respecto a la cultura y el idioma. ¿Alguien cree que si la mitad de las horas que dedica nuestra televisión a orquestas y fiestas gastronómicas las dedicase al teatro, al cine por inventar o a la literatura propias, la visibilidad de la cultura gallega sería la misma?", se pregunta.
Ruibal alterna ahora la escritura de Drama A3 para el Centro Dramático Galego, a tres manos con Vanesa Soutelo y Jacobo Paz bajo dirección de Dani Salgado, con una novela cómica y una obra para títeres. Para el día a día mantiene el blog Alicia Crece.

Hai cincocentos anos un só home, coma este, tamén baixo a enorme presión dunha descomunal folla en blanco. Os medos debían de ser os mesmos. Mentres subían as estadas cismaban no comportamento dos pigmentos. Volverán a subir moitas veces para tocar a superficie misteriosamente acromática deste deserto artificial e volverán desconfiar das materias primas. ¿cantas horas deitados no chan imaxinando composicións e formas de contino rexeitadas por ser atrevidas de máis ou descaradamente hipócritas?
Dous artistas xeniais que precisamente por ser quen de facer obras grandiosas coñecen e loitan contra as limitacións do home.

-¿aínda no hai tecnoloxías para fixar a grandiosidade destas imaxes que constrúe a miña mente?


-¡que tremenda ignorancia a miña ao porme á disposición destes príncipes que pretenden dirixir o pensamento dos homes durante centos de xeracións!

jueves, octubre 25, 2007

Que el mundo fue y será una porquería ya lo se...

Cando vos cabreedes co mundo cantade este tango...Todo un canto á "globalización"

Que el mundo fue y será una porquería ya lo sé...
(¡En el quinientos seis y en el dos mil también!).
Que siempre ha habido chorros, maquiavelos y estafaos, contentos y amargaos, valores y dublé...
Pero que el siglo veinte es un despliegue de maldá insolente, ya no hay quien lo niegue. Vivimos revolcaos en un merengue y en un mismo lodo todos manoseaos...
¡Hoy resulta que es lo mismo ser derecho que traidor!...
¡Ignorante, sabio o chorro, generoso o estafador!
¡Todo es igual!
¡Nada es mejor!
¡Lo mismo un burro que un gran profesor!
No hay aplazaos ni escalafón, los inmorales nos han igualao.
Si uno vive en la impostura y otro roba en su ambición,
¡da lo mismo que sea cura, colchonero, rey de bastos, caradura o polizón!...
¡Qué falta de respeto, qué atropello a la razón!
¡Cualquiera es un señor! ¡Cualquiera es un ladrón!
Mezclao con Stavisky va Don Bosco y "La Mignón",
Don Chicho y Napoleón,
Carnera y San Martín...
Igual que en la vidriera irrespetuosa de los cambalaches se ha mezclao la vida, y herida por un sable sin remaches ves llorar la Biblia contra un calefón...
¡Siglo veinte, cambalache problemático y febril!...
El que no llora no mama y el que no afana es un gil!
¡Dale nomás! ¡Dale que va! ¡Que allá en el horno nos vamo a encontrar!
¡No pienses más, sentate a un lao, que a nadie importa si naciste honrao!
Es lo mismo el que labura noche y día como un buey,
que el que vive de los otros, que el que mata, que el que cura o está fuera de la ley...
Vía todotango

Se tés dúbidas aquí hai un dicionario de lunfardo

miércoles, octubre 24, 2007

Vigo is different...Celebramos o día Internacional da Biblitoteca coa desaparición dun fermoso centro

Foto: Arume dos Piñeiros



Amigo Arume:
As túas súplicas....


Paga a pena a visita e, sobre todo, resulta recomendable que todo o mundo vaia alí a pedir libros para que vexan a necesidade imperiosa de que a Biblioteca sexa algo máis ca un bo reclamo para as eleccións, algo máis ca un lugar de estudo: que se convirta nun espazo de referencia lectora e investigadora no medio medio da cidade.

non foron escoitadas, e hoxe, o Día Internacional da Biblioteca, na nosa cidade pechan a Biblioteca da Escola de Artes e Oficios. Tiña vostede razón, só era un raclamo electoral, nin lugar de estudo, nin preocupación pola cultura, nin "farrapos de gaitas" como dirían eles, que tanto gostan do refraneiro. De verdade, aparte dalgúns exemplos illados ¿a algúen lle preocupa o raquitismo bibliotecario de Vigo? Conto, o que hai e moito conto...

Rubén Ruibal, entrevista en GZnación


Amig@ tod@: como fan namberguán do señor R.R. incorporo neste meu arquivobló esta entrevista que veño de coñecer polo fan namberchú, o señor Arume (molesten as disculpas os rubenianos de toda a vida encabezados polo insigne señordelajaiguai que rendeu a homenaxe máis emocionante a R.R. adicándolle a cabeceira do seu bló)

¿Que e esa cousa que chaman Web Semántica?


¿non entendes nada cando che falan de 'post', 'tag', 'mashup', 'webtop', 'wiki', 'folcsonomía', 'atom', 'ajax', 'widgets'. 'open source', 'datagrid', etc? Como di o amigo F. J. "no sé si hemos llegado a la Web 2.0, lo que sí tengo claro es que hemos caído en la trampa de la tecnojerga 2.0 (y las que vendrán)". Aproveito que me len algúns da facultade de Tradución para ver se alguén se anima a traballar na procura de verbas nas nosas linguas maternas (galego e castelán) para frear un pouco esta invasión de tecnoanglicismos que vai acabar mudándonos en "furbys"

Algunhas lizazóns interesantes sobre o mundo DousPuntoCero:
Libro para descargar en liña, 100 aplicaciones de la web 2.0 Wiki web 2.0 Bibliotecarios 2.0 blogs sobre biblioteca 2.0

martes, octubre 23, 2007

R U B E N R U I B A L PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA 2007


RUBÉN RUIBAL

PREMIO NACIONAL DE


LITERATURA DRAMÁTICA 2007


¡¡¡¡¡ P A R A B É N S !!!!

¡¡¡¡¡¡¡¡O BLOGOMILLO ESTÁ DE FESTA!!!!!!

lunes, octubre 22, 2007

"Os políticos non cren na cultura"

Imaxe: Xaquín Marín. Trinta anos de humor gráfico en Culturagalega.org
[Aproveito este post para reveindicar que os debuxos de Xaquín Marín pasen ás primeiras páxinas da Voz de Galicia]
"Os políticos non cren na cultura", afirma José Carlos Bermejo, hoxe na Voz de Galicia.
Unha voz crítica sobre a consideración da cultura únicamente como sector productivo e a utilización da mesma simplemente con fins electoralistas. O profesor afirma que neste tema tódolos partidos e opcións políticas, dende Fraga ata hoxendía, non hai diferencias, "todo venden aire...". Unha crítica ben atinada a este modus operandi que nin distingue entre o pemento de Padrón e unha obra literaria.
-A moitos políticos traizóalles o deseodorante, o inconsciente. Son xente que non cre na cultura, per considera que esas ideas nas que non cren son boas en función de que teñan rendibilidade económica. ¡Noutros países ou noutras épocas é impensable dicir que a cultura é importante porque produce beneficios económicos! E esa xente cae na trampa seguinte: a cultura só é importante se a transformo en cartos, pero a cultura é unha mercadoría que non se consume dentro de Galicia, que se ofrece fóra...
-Como se foran patacas ou pementos...
-¡Claro! Pero iso o di unha xente profundamente inculta, profundamente ignorante e que entende que con iso está satisfacendo ao público. ¿E entón quen é o consumidor básico desta cultura?
-¿Os xaponeses?
-¡O turista!...
-¿Que faría vostede coa Cidade da Cultura?
-Eu que sei! Propuxen nun artigo vendela, pero non a podes vender porque ninguén a quere comprar...

Temarios de bibliotecas para oposicións.

Dado que moitos amigos e coñecidos andades a preparar oposicións para bibliotecas e me estades a pedir axuda, aquí vos deixo algunhas ligazóns onde podedes atopar material publicado na rede.

Zaguan 2000. Rosario López de Prado. É un directorio de recursos para aspirantes a bibliotecas e documentaicón. Non está moi actualidado xa que é do 2001.
BibliOpos. Mi oposición a bibliotecas.
Temario de oposicones. Biblioteca de Traducción y Documentación da Universidade de Salamanca.
Temario de Biblioteconomía de José Antonio Gómez Hernández.
Recursos en Absynet.com
Temario da Oposición a arquivos e bibliotecas de Eugenio Tardón (1998)
Teka-Teka. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Licenciatura de Documentación da Universidade Complutense.
Universidade Carlos III. Apuntes, traballos e exames (2005).
Universidade de Salamanca. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación.
Universidade de Valencia. Apuntes de Biblioteconomía.

A Universidade de Santiago publicou no seu día un temario para o acceso ás prazas de Auxiliar de Biblioteca, agora non o atopo na súa páxina pero seguro que o teñen publicado na súa intranet.
A Universidade da Coruña tamén ten un temario de Axudantes de biblioteca. Tamén había na rede hai tempo un temario moi completo nunha páxina que se chamaba Bradomín, pero creo que xa non está dispoñible.

¡SORTE A TODOS!

viernes, octubre 19, 2007

¿Para cando un doutoramento (sic) posgrao en elaboración do polbo á feira?



¿ aínda non tes o teu diploma de experto en elaboración de pan biolóxico ?

A Vicerreitoría de Extensión Cultural da UNIVERSIDADE de VIGO ven de programar o Obradoiro de elaboración de pan biolóxico.



A DICTADURA DOS IDIOTAS

Esto é o que estamos a presenciar, amigos, nin máis nin menos. Os programadores culturales desta nosa universidade, disfrázanse un pouco de nacionalistas para disimular a súa abstinencia cultural e veñen de presentar unha oferta de cursos que non ten desperdicio. E ollo con criticar nada, que todo o que cheire a aldea, aínda que sexa ao estrume do que non son quen de saír, é sagrado. Pero non amigos, os novos caciques, por moito disfraz de gaiteiro que vistan, non enganan a ninguén. Non teñen nin idea do que significa galeguismo. Non son quen de imaxinar nada máis que un vello con boina cando lle falan de Castelao. Esoutro día, por exemplo, un profesor universitario, especialista en filoloxía galega para máis inri me dicía todo todo fachendoso él, que especialidades coma Belas Artes non teñen categoría para ser estudos universitarios. Quedei pampa. De súpeto imaxinei a cara que se lle quedaría a Seoane, Díaz Pardo a ao mesmo Castelao ao escoitar a esta nova xeración encargada de estudar e investigar sobre Galicia. Eso sí, a elaboración do pan caseiro e a pandeireta pódense estudar xa nesta nosa universidade.

Pois claro que si. ¿que ten de malo a pandeireta? E por suposto, a elaboración do pan caseiro (hmmm!!! que delicia o pan de Cea!!!) sempre debeu formar parte do plan de estudos universitarios, unha materia transversal, si señor, calquera llo vai discutir. E as aulas cheas que para eso agasallan cun crédito aos alumnos. ¿para cando un curso de extensión sobre polbo á feira ou a complexa elaboración e estudo do cocido galego?


Eso si, bibliografía axeitada e da casa xa a teñen..."Olores e sabores do saber" ¿lembrades?


¿e o Coro Universitario? Un trampolín para a fama, colegas. Deixádevos de operacións triunfo (¿quen se lembra agora de Enrique de OT?). Cantar no coro desta nosa universidade, non é cousa de risa. Se tés antecedentes mesmo podes facerte técnico de cultura en dúas horas, e se non comeza canto antes. ¡DOUS CRÉDITOS POR CANTAR!

jueves, octubre 18, 2007

Feria Puro Arte, 2007

Foto: Dead Dad de Ron Mueck Via Nocturno Vulgar


Hoxe inaugúrase en Vigo a Feria Puro Arte. Logo da boa experiencia da pasada edición, recoméndovos a visita a este evento artístico no que se pode disfrutar simultáneamente dun conxunto de máis de dúas mil obras de arte dos máis variados estilos e artistas, para tódolos gustos. Na imaxe poño unha obra do hiperrealista Ron Mueck. Este estilo, nada novedoso por certo, é dos máis admirados hoxe en exposicións de arte. Da que pensar esta volta ao demasiado explícito. ¿que é o que atrae destas obras a tanta xente? Moitos espectadores séntense aliviados porque son quen de recoñecer a mensaxe nunha obra de arte contemporánea, o que non é pouca cousa. Outros, ven confirmadas a súas ideas fixas sobre o que en realidade sempre foi a arte, un reflexo da realidade "tal e como é". A perfección, a beleza, a finalidade de toda obra é o parecido coa realidade, "como a fotografía". Máis nalgúns hiperrealismos hai algo de morboso, ou de mórbido, que ten a mesma etimoloxía, que coido que é o que atrae aos turistas (termo mellor acaído que espectador, neste caso), hai un xogo no que as estratexias do mercado entran no obradoiro... Unha feira como esta tamén vos permite observar moitos aspectos colaterais do mundo da creación artística.

miércoles, octubre 17, 2007

Moito cantante solto anda por aí.


Foto: Viñeta de Forges publicada no diario El País (10.03.98)
Téñolle especial cariño a esta viñeta porque amosaba exactamente a farsa dunhas oposicións á Deputación de Ourense nesas datas. E seguimos igual, por exemplo se mudamos Deputación de Ourense por Universidade de Vigo (é un dicir) e parentes por cantantes (é outro dicir...) a película segue sendo a mesma. Forges asinoume este debuxo con ocasión dunha conferencia en Santiago. Foi unha experiencia ver a todo o público partíndose de risa, poucas veces teño asistido a conferencias tan divertidas, bueno, en realidade, nunca. Logo de ver (Forges ía debuxaba ao tempo que ía falando) e escoitar ao mestre tiven que aturar unha aburridísima intervención dun destes "novos valores" da nosa cultura (non vou dicir nomes non sexa que me pechen tamén o bló) que ademáis e non aportar absolutamente nada aínda se permitiu criticar e ata desprezar ao debuxante, comezou a súa intervención dicindo algo así como "...Bueno, xa sabemos que o mundo é algo máis complexo que esas mulleres con rulos que debuxa Forges...", a ignorancia hai que ver que atrevida é.

¿censura no blogomillo por unha mariquita de Iolanda Castaño?

¿aduaneiros fechado por censura? Pois a min que me expliquen onde está a ofensa...agora, si é por darlle pulo ao blogomillo ¡adiante!

martes, octubre 16, 2007

Total por 15.000 libros....bueeeeno, total 40.000 libros....



Foto: Obra de Alicia Martín


A triste historia do Gaiás non é outra que a da tradicional incompetencia dos nosos políticos, tanto ten que manden os do birrete como os da boina, a única diferencia é que uns mercaron os diplomas nunha high school e os outros gábanse de non precisar estudos. E a tragar, que os máis listos din que temos os políticos que merecemos. ¿que se perderon os 17.000 libros mercados a Don Alonso Montero? Pero vamos a ver, pódese perder un libro, ou vinte, ata cen se me apuran, pero ¿17.000 libros? ahhh!!!....que tamén se perderon os 20.000 da biblioteca de Basilio Losada...pois entón vai ser que se empregaron como material de recheo nesa inmensa fosa común dos nosos cartos, cada día máis famenta. Ao mellor os libros, listos como son, vendo o futuro que lles agaradaba, decidiron, como eses da foto, simplemente marchar....

domingo, octubre 14, 2007

Steven Pinker, Theo Jansen, (et. al.) nas TED TALKS

Hai moi pouco que sei da existencia de las conferencias TED (Techonology, Entertainment and Design). Un foro para compartir e discutir ideas cos que están na vangarda nos seus campos de investigación. Estes ciclos duran catro días e asisten unhas mil persoas que pagan sobre 6000 $. Din que este é o único evento no que a audiencia é tan, ou máis impresionante que os expositores. Os vídeos están dispoñibles no You Tube e tamén se poden cargar dende a páxina da Fundación directamente. Elixo os de Steven Pinker e o de Theo Jansen, o das esculturas animadas dos que vos falei hai pouco. Non o perdades.

Theo Jansen


Steve Pinker


Steven Pinker é un psicólogo evolucionista, mundialmente famoso polas súas obras The Language Instinct (1994) [trad. esp. El instinto del lenguaje: cómo crea el lenguaje la mente. Alianza], How the Mind Works (1997) [trad. esp. Cómo funciona la mente. Destino, 2007], Words and Rules: The Ingredients of Language (1999), The Blank Slate: The Modern Denial of Human Nature (2002) [Trad. esp. La tabla rasa. La negación moderna de la naturaleza humana. Paidós Ibérica,2003].

S.Pinker en la Wiki, digilicious

jueves, octubre 11, 2007

Emilio Calatayud, un xuiz exemplar.

Vía Angel Mata veño de coñecer esta maxistral exposición de Emilio Calatayud, o xuiz de Granada coñecido pola súas exemplares sentenzas. Estes son os verdadeiros superheroes aos que cumpriría adicarlle moitísimas horas de televisión e radio, milleiros de artigos de periódicos e centos de teses e traballos de investigación. Sen dúbida son excepcións que confirman as detestables regras da mediocridade que medra día a día ateigando tódolos postos de responsabilidade, pero paga moitísimo a pena escoitalo, é como unha brisa fresca que levanta a pesada capa de po do noso conformismo.
Boa fin de semana a todos.

Primeira Parte:


Segunda Parte:

A universidade no You Tube



A Universidade de Berkeley ofrece unhas duascentas sesións de formación a través de You Tube. Os medios de comunicación preséntannos esta operación de mercadeo como unha tendencia pedagóxica, un novo paradigma na educación cara o que debemos mirar con atención, pero a min, a desconfianza que me xera calquera operación procedente do Far West, faime reflexionar...

¿as universidade máis elitistas do país máis capitalista do mundo participando do movemento do Acceso Aberto? Non, esto non é outra cousa que un ha mostra da publicidade que precisa un sistema no que milleiros de universidades privadas están sometidas a unha competencia brutal.

Por outra parte non teño dúbidas de que o sistema do Acceso Aberto vai gañando terreo en tódolos sectores. Na música, malia a pobriña cabeza de turco da temporada, todos seguiremos a "baixar" cancións, no cine, no periodismo, nas publicacións científicas e tamén na ensinanza.
A tecnoloxía é necesaria e beneficiosa sempre que a empreguemos coma un medio, non como un fin. Na ensinanza trátase dunha feramenta máis para que os alumnos acaden un nivel de preparación óptimo, e para iso hai que fomentar a consulta ás fontes dixitais non o copy-paste que os alumnos presentan directamente ao profesor, ou esas teses que se fan por encargo para obter unha praza de profesor universitario, ou esas programacións didácticas que se entregan aínda quentiñas nas deposicións de secundaria...

martes, octubre 09, 2007

Miserias del presente, riqueza de lo posible, André Gorz

Hai dez anos que se publicou este libro no que Gorz identificaba con grande precisión os erros do sistema económico capitalista. Son as eivas dun sistema ao que estamos tan afeitos que non lles prestamos a mínima atención. Todo aquel que teña experiencia no eido do traballo (¡abstéñanse Peralejos!) atopará neste libro explicacións ao aloucado universo dos traballadores/empresarios.
O libro céntrase na importancia do traballo para o sistema e as consecuencias que terá a súa inminente desaparición.
Gorz fai un diagnóstico detallado do sistema e propón solucións. Pero logo de ver este tristísimo desenlace penso que a lectura, en xeral, non é boa, nin a reflexión, nin a filosofía, nin as ciencias do espíritu en xeral. Decatarse dos erros do presente, estudar fórmulas para mudar o estado das cousas, escribir libros tan ilustrativos coma este, só serven para solicitar anticipadamente un pasaxe de volta ao non lugar do que viñemos algún día.

Can sen dono, lembreime de ti cando lin párrafos coma este...¿por que sería?

En una sociedad en vías de descomposición,l en la cual la búsqueda de una identidad y de una integración social se ve constantemente frustrada, el joven obrero puede encontrar en la "cultura de la empresa" y en el "patriotismo de la empresa" que la firma le inculca un sustituto de pertenencia a la sociedad global,un refugio contra el sentimiento de inseguridad. La firma le propone el tipo de seguridad que ofrecen las órdenes monásticas, las sectas,las comunidades de trabajo: le pide que renuncie a todo -a toda otra forma de pertenencia, a sus intereses e inclusive a su vida personal, a su personalidad- para darse en cuerpo y alma a la empresa que, a cambio, le dará una indentidad, una pertenencia, una personalidad, un trabajo del que puede estar orgulloso: se convierte en miembro de una "gran familia". El lazo con la empresa y el colectivo de trabajo de la empresa se convierte en el único lazo social, absorbe toda la energía, moviliza toda la persona del trabajador y contiene para éste el peligro de la pérdida total de sí en caso de que deje de merecer, por la excelencia indefinidamente creciente de su desempeño, la confianza de la firma, la consideración de sus compañeros de equipo.

domingo, octubre 07, 2007

A pensión Eva, Andrea Camilleri

É o primeiro libro que leo de Andrea Camilleri e cheguei a él porque é unha lectura recomentada pola profesora de galego de Alma. Tiña que elixir entre esta obra e a Esmorga de Blanco Amor e, a verdade, amoloume un chisco esta elección que a fixo desbotar, aínda que fose temporalmente, unha lectura que seguro ía deixar nela unha forte pegada ademáis dunha lembranza dun tempo alleo. O caso é que as dúas teñen moito en común, retratan cun pincel ben retranqueiro a procura da diversión e do sexo no medio da guerra e da pobreza.
A pensión Eva é esa misteriosa casa "de mala vida" que todos nós tiñamos no noso barrio. A pensión Eva da miña infancia era unha fermosa casa de pedra agachada entre enredadeiras no fondo da rúa Jesús Soría, en Ourense. Víase dende tódalas casas e balcóns e ás veces pasabamos horas ollando aquelas fiestras e aos que entraban e saían. Corrían moitas lendas sobre a casa. Dicían que se te achegabas de máis á porta saía unha vella con perruca e moi pintada e ameazábate co pau dunha vasoira. Tamén se dixo, e ata se publicou na folla parroquial, que un fulano morrera mentras estaba coas súas "plegarias" a cabalo dunha Eva.
¿lembras ti a Pensión Eva da túa infancia?

viernes, octubre 05, 2007

Ahmadou Kourouma

"M´appelle Birahima. J´aurais pu être un gosse comme les autres (dix ou douze ans, ça dépend). Un sale gosse ni meilleur ni pire que tous les sales gosses du monde si j´étais né ailleurs que dans un foutu pays d´Afrique. Mais mon père est mort. Et ma mère, que marchait sus les fesses, elle est morte aussi. Alors je suis parti à la recherche de ma tante Mahan, ma tutrice. C´est Yacouba que m´accompagne. Yacouba, le féticheur, le multiplicateur de billets, le bandit boiteux. Comme on n´a pas de chance, on doit chercher partout, partout dans le Liberia et la Sierra Leone de la guerre tribale. Comme on n´a pas de sous, on doit s´embaucher, Yacouba comme grigriman féticheur musulman et moi comme enfant-soldat. De camp retranché en ville investie, de bande en bande de bandits de grand chemin, j´ai tué pas mal de gens avec mon kalachnikov. C´est facile. On appuie et ça fait tralala. Je ne sais pas si je me suis amusé. Je sais que j´ai eu beaucoup mal parce que beaucoup de mes copains enfants-soldats sont mort. Mais Allah n´est pas obligé d´être juste avec toutes les choses quíl a créées ici-bas".

Xa hai un tempo que lin este libro pero hoxe, como moitas veces, lembrei esta historia e non quería esquecer recomendarvos esta lectura. É un relato sobre a vida dun neno soldado, un deses milleiros de nenos que naceron só para coñecer a tortura, a guerra, a marxinación, en definitiva, a morte. Se non fose porrque todo o que conta é verdade parecería mesmo un conto para nenos...¡e que non podamos facer nada para evitar estas traxedias...!

Máis información en: afrik.com, evene.fr, cahier spécial, wikipedia.

jueves, octubre 04, 2007

Theo Jansen, esculturas vivas...

Vía contemporaneizarte
Eu tamén quedei pasmada vendo esto:

OaIster, para atopar todo tipo de recursos na rede.



OaIster é coma un catálogo colectivo de recursos dixitais. Procura acceso a esos recursos recolectando os dos repositorios nos que se atopan mediante el sistema Open Archives Initiative Protocol for Metadata Harvesting (OAI-PMH), que facilita la interoperabilidade. Así, OAIster é un sitio central donde procurar toda esa documentación, de modo máis preciso e exhaustivo que cos motores de busca internet. Os recursos que abarca son absolutamente variados en formato.

Vía martinej

miércoles, octubre 03, 2007

Suicidio de André Gorz e a súa compañeira Dorine.

[Foto vía Libération.fr, aproveitade e lede a carta á súa dona ¡ l´amour existe, bien sur !]


Grazas ao amigo Uxío coñezo esta triste noticia. Eu non sei se terei que mercar unhas gafas novas pero na prensa nacional este delicioso suicidio en parella pasou moi desapercibido. Co seu permiso engado aquí algunhas ligazóns para saber máis deste filósofo e pensador da esquerda.

Pequena lembrança postmortem de Teixeitra Lôpes
Pequena biografia e entrevista a Gorz
Um texto básico


Na súa mensaxe Uxío di que algún xornal encabeza esta nova así: Dos abuelos se suicidan en su casa. ¿que vos parece? Non creo que se nos bote de menos, a verdade...

No noso xornal máis prestixioso a noticia recóllese na sección de necrolóxicas, eso si, tardei en atopalo con tanto Ronaldiño por aquí Zapatero por alá...

Máis información: Wikipedia (francés), Blog antroposmoderno, palincestos, La Repúbilca,

LIBROS DE ANDRÉ GORZ NA BIBLITECA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Marcel Reich-Ranicki, "Mi vida"

Ranicki é coñecido sobre todo pola súa polémica relación con Günter Grass. Xa falei hai pouco das controvertidas memorias do nobel alemán, que volvo recomendar, pero engado tamén esta magnífica obra porque nos ofrece un extenso e rico panorama da envexable cultura alemana do século pasado. É incrible que os momentos de máximo esplendor cultural coincidan no tempo cos do máximo desprezo pola vida. Non comprenderemos nunca esta enorme contradicción. Estes dous homes tiveron que vivir nun tempo tan irracional que costa entender xa non a súa supervivencia, senón a súa capacidade para lembrar tan maxistralmente o seu pasado. Das referencias que lembro desta lectura está Erich Kästner, escritor dunha lírica utilitaria que namorou a Ranicki e Tosia nos días do gueto de Varsovia co seu "Botiquín lítico doméstico". Hoxe case só o coñecemos, e pouco, como autor de literatura infantil.
Os libros de Kästner na Biblioteca da Universidade de Vigo
Lembro tamén aLichtenberg, científico e escritor alemán, autor de moitos aforismos entre os que quero lembrar o que para él significaba eso de que Deus tiña inventado ao home á súa imaxe, que en realidade quería dicir que foi o home quen creou a Deus a imaxe e semellanza súa.

martes, octubre 02, 2007

Dalí, ilustrador

Hai uns días que me persegue Dalí ilustrador. Ás veces o azar ten estas cousas, de socato repítense pensamentos, soños e ata situacións. Unha obra da que non deberiamos alonxarnos moito son os Ensaios de Montaige; é un deses libros que conteñen tódolos libros, como diría Borges. O mesmo que a Odisea, o Quixote, o Fausto e case todo Shakespeare. Na procura de exemplares de Montaigne din con esta alfaia. Unha fermosísima edición dos Ensaios ilustrada polo mestre do surrealismo. Tiven ademáis a sorte de atopar este exemplar na biblioteca na que traballo polo que podo disfrutar desta beleza.

En Vigo podemos agora admirar as preciosas xilografías que fixo para ilustrar a Divina Comedia. Compensa a visita e mercar o catálogo se és un incondicional deste xenio. As malas linguas fártanse de lembrarnos que Dalí non leu a obra de Dante pero atopo no texto do catálogo que foi precisamente él nunha das súas famosas "intervencións" o autor destas provocativa afirmación.

¡canto botamos de menos a tantos xenios!


O último encontro co xenio foi lendo o post de Marcos Taracido no seu impresionante LibroDeNotas, un impagable espazo que escolma para todos nós o máis interesante da rede. Aquí volveu aparecer Salvador Dalí, desta vez viña a conto porque seica se deixou inspirar polos Cantos de Maldodor, do Conde de Lautréamont, un dos raros dos que fala o post.

lunes, octubre 01, 2007

O muiñeiro ouveador, Arto Paasilinna

Os Rinoceróntes seguen a agasallarnos con boa literatura. Grazas.
Gunnar Huttunen xa quedará no meu arquivo de personaxes heroicos. Coma os outros textos de Paasilinna atopámonos de novo cunha visión ben orixinal da idealizada sociedade finlandesa. Seguen caendo mitos e temos que enfrontarnos con esa desacougante realidade na que a bondade e cruelmente perseguida non só polas institucións senón pola sociedade, por todos. O muiñeiro ouvea para liberarse do insoportable peso da maldade e a marxinación. Hai pouco que falei desta película que tanto ten que ver con este universo de Paasilinna onde os bos son marxinados en cárceres ou psiquiátricos mentres que os individuos máis enaxenados dirixen un sistema tan delirante e perigoso para o home. A lectura desta obra é unha desacougante gargallada que nos deixa cunha penosa sensación de impotencia malia agasallarnos cun final feliz que non deixa de ser un premeditado premio de consolación dun autor que se doe do desconsolado lector. Malia todo, sabemos o verdadeiro final. A imposibilidade de xustiza e comprensión para os que só poden ouvear.