domingo, febrero 17, 2008

Antídoto contra o consumismo.

Os vigueses corremos estes días cara o novo moloch do consumismo ateigando as rúas da nosa cidade cegados polo resplandor amarelo/ vermellón (¡que poder máxico a desta mestura de colores!) dunha publicidade chusca que arrepía a calquera persoa medianamente intelixente. Contra este narcotizante poder do consumismo salvaxe recomendo a Etica do Consumo de Adela Cortina. Ir de compras non ten nada que ver con ir á compra, é moi doado de comprender a diferenza, malia todo, nese comportamento tan primitivo de confundir o medio coa finalidade atópase a explicación de grande cantidade de erros e estupideces que cometemos a cotío.

Los vigueses corremos estos días hacia el nuevo moloch do consumismo abarrotando las calles de nuestra ciudad cegados por el resplandor amarillo/bermellón (¡que poder mágico el de esta combinacion de colores!) de una publicidad chusca que asquea a cualquier persoa medianamente inteligente. Contra este narcotizante poder del consumismo salvaje recomiendo la Etica del Consumo de Adela Cortina. Ir de compras no tiene nada que ver con ir a la compra, es muy fácil comprender la diferencia, pese a todo, en este comportamiento tan primitivo de confundir el medio con el fin se encuentra una buena explicación de la gran cantidad de errores y estupideces que cometemos a diario.

16 comentarios:

Mr Tichborne dijo...

Ainda que merco de adoito no Mediamarkt (agora en Alemanha, antes en Asturias) a súa publicidade é, como ti dis, un insulto para a intelixencia. Curiosamente son distintas nos dous países, pero igual de imbéciles. Deberiamos de boicotealos.

apicultor dijo...

Cada vez que leo un post seu destes anti-consumistas, éntrame unha mala conciencia que me fai sentir moi culpable, como se eu fose responsable dos males do mundo.

Consumo responsable, ética do consumo. Que raios serán esas cousas?

Ana Bande dijo...

Uf, se nos adicásemos a boiocotear non faríamos outra cousa...
Apicultor, non, non, non se confunda, eu tamén merco aparellos inútiles e ata vou xantar de cando en vez aos burguers dos centros comerciais, xa mudei de móbil polo menos catro veces (en sete anos, eso si) e eu que sei cantas veces máis respostei á chamada da selva, pero se ata chamei unha vez a un teléfono deses concursos chorras da TV...non milito no anticonsumismo porque rexeito todo tipo de militancias, a mesma verba me arrepía...gústame máis eso do libre albedrío, por eso teño tendencia a cuestionar todo o que teña que ver con imposicións, normas, tradicións, ritos e prácticas que non son outra cousa que ferramentas de asoballamento veñan de onde veñas (do estado, da familia, da relixión, do home...e tamén, coma neste caso do sistema económico, moi esgotado, por certo, e que só pensa nos beneficios a curto prazo, aínda que o prezo sexa engulirse a si mesmo....

apicultor dijo...

Pois eu tres móbiles en dez anos, non xanto nos burguers e nunca chamei a un concurso deses. Aínda así síntome culpable cada vez que vexo requisitorias anti-consumo.

Ana Bande dijo...

O da culpabilidade debe ser pola teima esa da cultura xudeo-cristiá que nos inocularon de nenos, non é doado liberarse de culpas imaxinarias. Eu niso non teño problemas, teño "pecados" propios abondos como para asumir os dos demais. Non se sinta vostede culpable non sexa que un día lle de unha routada e decida facer como aquel ermitaño...(volva botarse unha risas)
http://es.youtube.com/watch?v=X5TV_pdVtWc

apicultor dijo...

Era unha brincadeira. O que pasa é que aquí non se lle ve a un o sorriso na cara.

XDDD

Ana Bande dijo...

Xa, xa, pero non deixe de voltar á esa escea, e que a podo ver mil veces e me parto de risa. Se non lle funciona a ligazón poña no you tube "life of brian hermit". A propósito, a que película se refería vostede no post anterior?

apicultor dijo...

Eu referíame a un dos episodios da película "Todo lo que usted quiso saber sobre el sexo y no se atrevio a preguntarlo".

Nel, nárrase a historia dun Gene Wilder profundamente namorado dunha ovella. Fermosísima ovella, todo hai que dicilo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Teñen unha tenda de viños selectos que ten boa pinta. Un lounge-bar e mais unha piscina con spa e todo. Podes mercar mesmo un iphone cando veña. Qué máis se pode pedir. Ah si: uns tenis Fila, italianos comm'il faut.

occam dijo...

Api, fai ben en sentirse mal. Mesmo co pouco que, polo que parece, consume vostede, a "pegada ecolóxica" do seu consumo probablemente sexa equivalente a unha ducia de individuos africanos en África. Para facer sustentable ese ritmo de vida (consumo de recursos, a meirande parte non renovables) necesitaríamos varios planetas para nos

apicultor dijo...

Pero Oki, se o meu era de broma. De todos os xeitos, grazas polo didactismo.

occam dijo...

Api, decateime da chanza. Pero nun arrebato sádico gostaba de que se sentise un pouco culpable

Anónimo dijo...

Pois iso vaino ter moi difícil, amigo Oki.

Anónimo dijo...

Era eu.

apicultor dijo...

Eua eu. Isto salta que é unha barbaridade.

tangaranho dijo...

humffffff...sim que é um bocado nazi, a publicidade do mediamarkt..ainda bem que como eu nom tenho um peso, nom lhes poido ir comprar nada ainda que quixer...