lunes, marzo 03, 2008

Simone vs. Beauvoir

Supoño que coñecedes a estúpida polémica sobre a foto. Semella que a muller retratada, por moito que aportase ao pensamento e ao feminismo (guste ou non guste) non tiña que ter un corpo de muller, nin beber os ventos por ningún home, e por suposto non tiña que ollarse no espello con esa complacencia. O de sempre. O caso e non ceibar á muller dunha gaiola mental construida durante séculos polos máis louvados individuos da nosa especie. De puta a estreita de cero a cen. A instrumentalización do corpo da muller sempre é rexeitable, pero que o fagan dende estes medios tan relevantes e supostamente críticos amosa o lonxe que estamos de acada niveis de igualdade medianamente aceptables.
Máis inf.: Simone la scandaleuse, Relación entre sartre y Simone (El País)


Estes días increméntanse para nosa vergoña, os asasinatos de mulleres. De momento non son nen sequera instrumentalizadas polos partidos políticos porque estas mortas aínda non teñen o mesmo valor que os mortos de ETA, pero a todo chegaremos....

Se escribimos...mátannos...Se denunciamos....mátannos....Se falamos...mátannos...Se calamos..mátannos....Se (completa co que queiras)...mátannos....


Supong que conoceis la estúpida polémica sobre la foto. Parece que la mujer retratada, por mucho que aportase al pensamento e al feminismo (nos guste o no) non tenía que haber tenido cuerpo de mujer, ni beber los vientos por ningún hombre, y por supuesto no tenía que mirarse al con esa complacencia. Lo de siempre. El caso es no liberar a la mujer de la jaula mental construida durante siglos por los más admirados individuos de nuestra especie. De puta a estrecha, de cero a cien. La instrumentalización del corpo femenino siempre es despreciable, pero que lo hagan desde estos medios tan relevantes e supuestamente críticos muestra lo lejos que estamos de conseguir niveles de igualdade medianamente aceptables.
Máis inf.: Simone la scandaleuse, Relación entre sartre y Simone (El País)
Estos días se incrementan vergonzosamente los asesinatos de mujeres. De momento estas víctimas non son ni siquiera instrumentalizadas por los partidos políticos porque estos muertos aún no gozan del mismo valor que los de ETA, pero a todo llegaremos....
Si escribimos...nos matan...Si denunciamos....nos matan ...Si hablamos...nos matan...Si callamos... nos matan....Si (completa con lo que quieras)...nos matan....

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Somos corpo. Mentras non o asumamos habera polémicas. O tabu do corpo é o velo occidental. A represión do corpo provoca a pornografía. Un corpo é un corpo. O sentido está en quen mira.

tangaranho dijo...

O corpo da mulher é um problema, sempre, pola misogínia que temos que padecer. Isto lembra-me a algum cartaz que a organizaçom na que milito tem tirado nalgum 8 de Março, a raíz do qual houvo polêmica, também a conta nom de corpos espidos, mas sim da estética feminina, da beleza feminina.

Apaguemos a censura interior...

anarkasis dijo...

..si follamos mucho y bien, mátannos por putas, y si no follamos mátannos por si las moscas no vaya a ser, terminan las mujeres no follando por no saber como va a continuar...

pué no,
....escribimos, denunciamos, falamos, follamos y lo que haga falta, porque la mayoría de la mayoría de la mayoría de los hombres no mátannos, ni nosotras a ellos.

(gracias por traducir)

apicultor dijo...

Sempre me caeron antipáticos a Beauvoir e o Sartre.

Eu sempre fun de Camus.

Xaime dijo...

O de Sartre eralle unha pose, pero ela era unha muller interesante, ca eiva, gran eiva que se encariñou do Paul.
Houbo un matrimonio galego que coñecín, aclaro muller e home, por si as moscas, de poetas-escritores-intelectuales, que sempre me recordaron o idilio Sartre-Beauvoir.
El morreu hai anos.

Ana Bande dijo...

Anónimo,
Si, é unha evidencia da que non queremos decatarnos porque supón botar por terra séculos de estériles filosofías, penso
Tangaranho,
A misoxiñia cúrase como se curan outras eivas sociais, coa receptividade e a empatía, a responsabilidade e outros tantos "compostos químicos" que rexeitan os que defenden a tradición, é dicir, o modelo clásico de dominio do home sobre a muller, do blanco sobre os doutras cores, do rico sobre o pobre...
Anarkasis,
Bienvenida, si, lo reconozco, la noticia de cuatro muertas en un día me puso de los nervios, hasta estuve a punto de convertirme (...)
Xaime,
Apicultor,
Non lle sei, a min dáme que esa famosa polémica Sartre/Camus é outra das deformidades deste sistema que leva anos tentando ocultar moitos discursos e modos de pensar diferentes. Semella que os galos teñen a franquicia da producción das ideas que logo fructificarán en escolas por toda Europa.
Xaime,
Agora xa me pica a curiosidade ¿pódese saber a que parella se refire?

X dijo...

Eu tamén creo que soltaría unha gargallada ao ver tanto parvointelectual. Non creo que a beleza deba ser nunca motivo de escándalo e atopo a foto en cuestión fermosísima.
En canto á outra cuestión, sempre me pregunto que pasaría no Estado se calquera tipo de acontecemento (natural ou provocado) causase o número de mortes que provoca a violencia machista. Estupendo post, saúdos.