viernes, julio 11, 2008

ELAS poden....tamén no waterpolo...

Para proseguir a reflexión do anterior post, e outro máis vellos, e tamén, para que a desconsolo dos últimos asasinatos deste terrorismo de non sei qué xenero non nos asolague nun mar de bágoas, propóñovos unha celebración feminina. Onte, nun deses agochados canais de televisión que R activa de cando en vez, puiden ver, de casualidade casualísima unha extraordinaria semifinal España-Hungría que me alegrou moito a tarde. Malia tódolos peros do mundo, comezando polo comentarista que pasou grande parte do partido infravalorando o esforzo destas sereas con frases tan acaídas como "menuda caraja (xúroo, dixo caraja, debeu querer dicir pájara, non sei) ten hoxe a estrela do noso equipo", ou...."sen dúbida este e o peor partido da nosa selección....", etc. E velaí que as sereas roxoamarelas coma se os protectores de oídos se transformaran nun potente altofalante que lles fixese chegar tan insultantes verbas do periodista, saen con toda a súa forza para darlle a volta ao marcador e facerse co trunfo. Exemplos coma este, nada sutís, de desprezo polo feminino son os que contribúen á marxinación e desprezo da muller que tan ben senta ao inmenso campo do agreste e montaraz monocultivo do machismo extensivo. Non hai máis que poñer a orella. Esoutro día, na final masculina de tenis que gañou Nadal, tódolos telexornalistas cantaban a mesma canción: "había corenta anos o menos que España non gañaba en Winbledon....esto, bueno, agás Conchita Martínez, (engadían en voz baixa, deixando claramente en evidencia un chivatazo polo pinganillo). Ata a mesma Conchita Martínez semellaba que pedía perdón por estar aí, nunha historia de gañadores con O ou con E, pero case nunca con A. Con A de Asco por ter que presenzar todo esto, joder, ¿que lles pasa a tantos homes?...
VERSIÓN EN CASTELÁN:
Para seguir con la reflexión propuesta en el anterior post, y otros más antiguos, y para que el desconsuelo de los últimos asesinatos de este terrorismo de no sé qué género no nos ahogue en un mar de lágrimas, os propongo una celebración femenina. Ayer, en uno de esos escondidos canales de televisión que R activa de vez en cuando, pude ver, de casualidad casualísima una extraordinaria final España-Hungría que me alegró mucho la tarde. A pesar de todos los PEROS del mundo, comenzando por el comentarista que pasó gran parte del partido infravalorando el esfuerzo de estas sirenas con frases tan apropiadas como "menuda caraja (lo juro, dijo caraja, quizás quiso decir pájara, no sé) tiene hoy la estrella de nuestro equipo, o "... sin duda, este es el peor partido de nuestra selección....", etc. Y hete aquí que las sirenas rojiamarillas como si los protectores de oídos se transformaran en potentes altavoces que les hiciese llegar tan insultantes palabras del periodista, salen con toda su fuerza para dar la vuelta al marcador y hacerse con el triunfo. Ejemplos como este, nada sutiles, de desprecio por lo femenino son los que contribuye a la marginación y desprecio de la muje que tan bien senta al inmenso campo del agreste y montaraz monocultivo del machismo extensivo. No hay más que poner la oreja. El otro día, en la final masculina de tenis que ganó Nadal, todos los periodistas cantaban la misma canción: "hacía cuarente años al menos que España no ganaba en Winbledon....esto, bueno, sin contar a Conchita Martínez, (añadían en voz baja, dejando claramente en evidencia un chivatazo por el pinganillo). Hasta la misma Conchita Martínez parecía pedir disculpas por estar ahí, en una historia de ganadores con O o con E, pero casi nunca con A. Con A de ASCO por tener que presenciar todo esto, joder, ¿que les pasa a tantos homes?...

7 comentarios:

R.R. dijo...

Cómo mola esa malahostia que se gasta, señorita Bande. Razón leva. O de Conchita e Wimbledon era alucinante (menos mal que ela foi a que estaba retransmitindo a final, do contrario esqueceríana seguro). Por outra parte, ¿qué carallo fai vostede vendo güáterpolo?

Ana Bande dijo...

ei....¿xeica remataros as vacacións?...pois sí, erre, hai que ver de todo, levo un mes do máis variado, llas, jevi, gaterpolo...e que con este tempo e sen ter con que xogar unha brisca...vou ver se recupero o do ganchillo e descargo un pouco facendo cadenetas. Apertas aos sentoliños.

Ana Bande dijo...

ei....¿xeica remataros as vacacións?...pois sí, erre, hai que ver de todo, levo un mes do máis variado, llas, jevi, gaterpolo...e que con este tempo e sen ter con que xogar unha brisca...vou ver se recupero o do ganchillo e descargo un pouco facendo cadenetas. Apertas aos sentoliños.

Anónimo dijo...

Saio do meu "encerro" "propedéutico" para ser unha ghata peraleja para aportar, rabuñazo engadido a todos/os os/os que corresponda, que onte na maioría dos medios acalaron o Encontro Internacional Feminista. Tres mil mulleres intercambiando ideas, sensacións, enfados, apertas, sentimentos, bicos... Non se viu nin escoitou case que nada, salvo Informe Semanal... Triste e ledo ao mesmo tempo. O seu esquecemento é a nosa forza. Bicos Ana.

Ana Bande dijo...

Ghatiña, miña nena, deixate propedéuticas, hermenéuticas e andrómedas e ven miañar un chisco, xs blogofrikis que quedamos no verán precisamos da vosa caloriña para non escoitar só o nosos orneos (RR dixit) iso si, en código binario. Ogallá que ese retiro obrigado fose para ben. Un aloumiño para ti. Ah....o silencio, si...sempre o silencio, ata para recibir hostias hay que estar caladas...(molesten as disculpas son días tristeiros)

Anónimo dijo...

Hoxe si que rematei!!
O resultado nuns días...calafríos ata a punta do meu rabo.



E sobre o silencio... A vida é TAN DURA!
Teño alguén preto, desas que non saen nas estatíscas porque non hai denuncias. Tan jodidamente triste!!
Maltrato polo home, e a igrexa, dicindo: Hai que aguantar!! Cando por fin calman as cousas e consigue que marche da casa, comeza o fillo ensinado polo pai, ata chegou a romperlle unha botella na cabeza. e tampouco hai denuncias porque daquela aínda os hospitais non actuaban de oficio...
De novo calman as cousas. Semellaba que esta vez en serio, So lle quedaban as malas lembranzas, que non quere ter...
A vida gastando unha broma desas coas que non rie ninguén. Mándalle a enfirmade do esquecemento... pero non de xeito selectivo. O malo, o bo, e tamén o básico...
Unha p... m...da!!!
De nada valen os rabuñazos, os bufidos e o pranto..

Ana Bande dijo...

Joder Cati, como me soa esa historia...si, todxs temos moi preto algo así...pois se podes influir en algo eu diríalle que marche, que deixe ao maltratador e á súa prole contaminada..., bueno michiña, eu voume uns días de troula e á volta vémonos e espero que sexa cun boletín oficial pintado de fosforito para enmarcar..¡sorte!