martes, octubre 07, 2008

¡¡¡parabéns Aser!!!

Un expediente agochado nun cárcere, un arquiveiro providencial que atopa pergamiños, protocolos e legaxos a piques de desaparecer coma se fosen ofrendas a un curioso panteón de deuses famentos de papel. Anóbidos, roedores e tódalas especies destructoras da memoria que medran ao abeiro duns funcionarios municipais que para os que o arquivo é o cortello onde arrombar os papeis dos que pagan a contribución. Non me digades que non hai material para encher unha novela histórica desas tan de moda. Pois non, co material recuperado, Aser, coa paciencia e o detalle dun cisterciense, traballou poñer algunha pedras no seu sitio. E de paso arranxar algún sinal que informa aos turistas dunha cronoloxía da ponte ben curiosa. Agardamos con impaciencia a publicación dos traballos que saen deses curiosos acochos. Parabéns polo teu traballo e tamén pola participación nese Congreso.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantame ben querida Ana, a seu aprecio polas minorías é abrallante. O mellor e que coma minoría que me sinto,que non pouca cousa, desas que precisan observar e leer detidamente antes de criticar vou esperar a perder unhas dioptrías con este novo "tocho" que seguramente ten a prestensión de ilustrar a alguén. Pero claro, e que a min os documentais da TVE2 pirranme. Literalmente soño con todos eses bechos e os que vostede dí que rodean a reformada ponte de Ourense.

Anónimo dijo...

Legnaresa, vive la difference, eu non gosto moito dos documentais da 2- que lle vou facer, unha que é paciente(e non sempre) só para a observación humana-e por eso admira o traballo dos desentrañadores de arcanos legañentos en contra da fauna arquiveira...e funcionarial. Se teño que soñar con eses bechos, xuro que morro do pesadelo, ja, ja. Leremos o traballo. Bicos para Ana e Alma