miércoles, noviembre 26, 2008

¡¡¡ necrosia cultural !!!


Non é que a teña tomada co tema, é que non paran. Agora resulta que os ateos somos síntoma de NECROSIA CULTURAL. Estamos verdadeiramene de atar -
"A ninguna persona en plena posesión de sus facultades se le escapa que el signo de la cruz no viola ningún derecho fundamental-porque segundo eles el Estado se ha convertido en un nuevo dios, con poder absoluto sobre las almas.O artigo remata cun parágrafo glorioso que da conta da inmutabilidade da retórica apocalíptica dunha institución que, disimulen a meu escatoloxico gusto, me lembra moitísimo á famosa escea do exorcista: Este impulso en España "asume una expresión violenta", asegura, "como el escorpión que se pincha con su propio aguijón y agoniza víctima de su propio veneno". En su opinión, "se confunde la sana laicidad del Estado con una beligerancia antirreligiosa" y el hecho de que este "impulso autodestructivo" llegue a las escuelas "muestra una realidad terrorífica". E tampouco falta, of course, a eterna ameaza, neste caso os homes do saio albiscan unha monumental orxía na que ao máis puro estilo catárquico heleno seica nos comeremos uns aos outros víctimas dunha confusión total. NOn si estes sen festa non pasan: La sentencia que ha emitido el tribunal español "consagra jurídicamente la renuncia de una Europa desorientada, irracionalmente que se encamina hacia un impulso de autodestrucción". A destacar este insigne J.M. de Prada, un personaxe disfrazado de autor que pulula polo mundo real despotricando a cotío contra toda para manter un share que perdeu hai décadas. Si, home, si, xa o dixo aquel Parménides, o que non é non pode chegar a ser. Non é e punto. [fonte de todos estes barbarismos]

6 comentarios:

Anónimo dijo...

A por eles, Ana Bande, que son menos dos que parecen e toda a forza se lles vai no arrouto. É o momento de intervir, pero sen deixar as decisións en mans dos pais/nais ou dos nen*s. O Estado quere multiplicar e difuminar. Eu non.

Anónimo dijo...

Persoalmente pareceme que a cruz non a deben tocar. Que a deixen estar.Non fai mal a ningén. O contrario sempre impón un pouco de respeto. Eu sempre lle tiven respeto os santos e santas,as figuriñas en xeral, pero ei de decir que as que estaban vestidas cos hábitos ata as orellas decíanme menos que as que estaban expidas e sanguinolentas, ou atadas a unha grella e cos intestinos fora coma os chourizos da miña aldea, ou aquela fermosa santa Lucía que tan docemente sostiña os seus ollos na bandexa, ou santa Águeda de Catania que non chegou a entender a fermosura do Bondage ou o apolíneo san Sebastian furado polos dardos. ¡ai, canta pasión votada a perder! ai que vicios ocultos no pensamento! ai, que escarnio virxen Santísima! que diría San Forges. Deixade a cruz o deixade a cruz.Ou mellor ¿por que non facer como fixo sempre a sabia Egrexa e sobre a propia Cruz instalar outro novo símbolo?. Non foi esto o que o cristinismo fixo con todolos simbolos pagáns que lle precedían. ASUMILOS, pois eso, ASUMÁMOLOS. Eso sí. Enriba da Cruz cada clase , democráticamente, decida clavar o obxecto que simbólicamente identifique ó grupo, ben sexa unha barbi ben sexa un consolador. O carón desa fermosa cruz os luns que poñan a dereita unha cona mística de Santa Genoveva e a esquerda un carallo bendito de santo Apolonio o Magno,,os martes a non menos famosa teta disecada de Agustina de Aragón e unha ancestral esvástica cas cores do arco da vella,os mércores un escapulario bendito por Juan XXIII e a instalación dunha billa pola que manen as augas do río Jordán. O xoves no recreo haberá escenificación do vía crucis cara o Golgota e o venres os nenos vestidos de traxe folclórico e as nenas da confraría da lila mariana poden facer unha festa gastronómica comunitaria comunitaria coa queima dos anacos de lignum crucis .O sábado imos o "furbor" e o domingo, para relaxar,a praia cun caldeiro de augas do Xordán.
Bueno vale, A MIN QUE ME FAGAN A AUTOPSIA EN VIDA. QUEN ME MANDARÍA DA MIN SER TAN APLICADA DE PEQUENA.

Anónimo dijo...

Vou montar unha relixión arredor dun americano que acaban de executar en Florida. Un tipo sano, xeneroso, tendente á metáfora, xusto e cun puntiño de mala hostia. Dentro de séculos teremos nas aulas dos nosos tataratataratataranetos, colgada da parede central, enriba do encerado, a Santísima Inxección Letal. E vós, ateos, estaredes ardendo no inferno. ¡Morbosos necrosados!

Ana Bande dijo...

Señor das lándoas,
Non me tire do xenio que non lle estou para batallas, e ademais, non lle son tan poucos, sonlle case todos, os poucos somos nós, o que pasa que imos sacando a cabeza pouco a pouco.

legnaresa,
ja...ja...canta razón leva. O martiriloxio e a haxiografía cristiá é moito máis repulsiva que calquera película gore. O que pasa que cando un ve un crucificado, fíxese o que é a deformación do sentido da percepción, un non ve un tío en pelotas cravado nun pau, tampouco vemos con arrepío os ollos da Lucía no prato e gústanos máis do aconsellable admirar a ese sansebastián feito un colador, en fin, son patoloxías ben coñecidas pero no nome da igrexa todo vale.

OprimoDoLucas,
Pois asegúrolle o trunfo. En épocas de crise como esta o que máis se vende son tarots, augas benditas, figuriñas sagradas e grigris de todas as clases. Conte comigo como socia.

Anónimo dijo...

¡Beatificada! (se é que podes pagalo)

Ana Bande dijo...

Ai primo, xa sinto o líquido transparente queimándome por dentro...vou a colgarme un ratiño da melena, seica da un gustiño....