viernes, diciembre 26, 2008

Cabo Silleiro...ruina montium. Unha reportaxe de Diego F.Carbonero.

Diego Fdez. Carbonero. Enviado Especial dende
Baiona para o Blog de Ana Bande

Pola preciosa estrada costeira que vai de Baiona ata A Garda, pasando a Virxe da Rocha, atópanse estas curiosas construccións militares. Hoxe están completamente abandonadas e logo da información que me deran A.B e A.F. quixen botar unha ollada a este lugar. Nesta web fíxenme unha idea bastante completa do tipo de armamento empregado noutro tempo nesta base. Facía unha preciosa tarde de sol e decidimos coller a pequena estrada que levaba ao cumio. Cando chegamos arriba atopámonos os restos do que fora un asentamento militar defensivo nun estado de abandono total, como podedes comprobar nestas imaxes. Dende a casamata hai unhas vistas impresionantes e por unhas escaleiras que farían as ledicias de calquera director de películas de terror, entramos ás galerías subterráneas. Alí non hai nada de luz e hai lixo por todas partes. As pareces e teitos totalmente garabateadas con mensaxes noxentas. No chan consérvanse aínda os raíles polos que no seu día debían ir as vagonetas coa munición. Hai que ter moitísimo coidado porque por veces no chan ábrense enormes buracos.

Non podo entender como lugares coma este permanecen neste estado de total abandono. Eu proporía unha recuperación deste lugar para uso didáctico e turístico. Aínda que moi recente, estamos ante un xacemento militar que non deberiamos deixar perder. E tendo en conta a boa calidade constructiva dos corredores subterráneos, coido que non sería difícil restaurar e acondicionar todo esto para uso turísitico. Dende a casamata máis elevada hai unhas impresionantes vistas da ría de Vigo. Dende aquí observábase a extensión da mancha de fuel cando o Prestige. Coido que foi o derradeiro uso que se lle deu ao lugar. Agora só e un depósito de lixo e pintadas do máis noxentas. Os catro "Vickers" están totalmente destrozados. Dentro de pouco, se non se actúa, non quedará resto algún deste lugar e ata pode que ocorra algunha desgracia porque estes túneles son verdadeiramente perigosos.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Sóname moito o enviado especial, se non fora polo bigote non lograría recoñecelo, é un verdadeiro Sherlock Holmes,a verdade é que fixo unha labor importante dando a coñecer ese sitio donde moitos galegos estiveron retidos pra defender a costa galega ante unha posible invasión marítima; cantas historias e cantas amistades habranse xenerado neste lugar tan ruinosamente olvidado.
Voto pra que o fagan como ben di o erudito, lugar de interés e visita cultural.
Gostaríame que recibiras algúnha testemuña dalgún daqueles mozos que alí estiveron recluidos cumprindo o seu forzoso servizo militar hoxe en día tan esquecido como este lugar.
Bicos e parabens pra Diego pedíndolle que non abandoe a sua faceta investigadora.
E moitas gracias a Ana B. pola sua colaboración.

R.R. dijo...

Hostia, con perdón, o investigador xa ten a pinta toda de ser un tipo espilido e ademáis ameno...

Impresionante. A ver se un día nos leva por aí a dar un paseo.

Anónimo dijo...

Anónimo,
Grazas polas súas amables verbas. ¡que bo sería contar con esas testemuñas! ¡ogallá viñesen por aquí algúns daqueles soldados forzosos para contarnos cousas do que pasaba, de que falaban, canto frío non debían pasar, pobriños, e todo o santo día a ollar para ese inmenso Mar dos Tártaros...

RR. Pode vir cando queira, teño un equipo de explorador completísimo, linterna blakanderker incluída, vostede só ten que traer os efectos especiales e o equipo de gravación para rexistrar os sustos...ja...ja....

Anónimo dijo...

Coñe, suxiro ó reporter Tribulete que dea outra voltiña polo complexo de baterías de cabo Prior, na parroquia de Cobas (Ferrol). Se o de Baiona gustóulle, co de Cobas alucinará.

R.R. dijo...

Apunto. ;-)

E vostede apunte o de Cobas e, antes ou despois, dea unha volta por San Felipe.

Anónimo dijo...

Grazas a cansendono e a R.R pola recomendación, farei esas visitas.

xxxxxxx Diego (bicos).