miércoles, diciembre 10, 2008

A erótica das mecanógrafas, Katherine Mullin

"A erótica das mecanógrafas"
Katherine Mullin, profesora da Universidade de Leeds e experta investigadora da relación entre cultura popular e imaxinarios colectivos disertará na Universidade de Vigo sobre a representación das mecanógrafas a comenzos do século XX en Gran Bretaña.
A profesora Mullin explorará a imaxinería erótica que caracterizou a representación das secretarias en novelas tan
emblemáticas como Ulises e Drácula así como en fotografías artísticas, textos publicitarios e películas mudas da época.
A conferencia, organizada polo Departamento de Filoloxía Inglesa, celabrase no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Traducción ás 11 da mañan do xoves 11 de decembro e contará con servicio de interpretación simultánea.
Grazas a T.C. pola información. O tema semella interesante, terei que superar a preguiza destes días fríos e escuros para subir ao campus, non prometo nada...
Foto: A mecanógrafa de...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa me gustaría a min ser a barra espaciadora desta damisela (ou cando menos os seus corchetes).

Anónimo dijo...

jajajaja, estache moi ben Aniña, xa nos contarás...
Bicos guapetona

Nuca dijo...

Fuches? que dixeron? víronse as mecanógrafas ao vivo?