viernes, marzo 28, 2008

Tendais

Foto: Ana B.B. O Cairo, decembro 2007.

Non sei se vos ten pasado, pero esto da rede semella un bucle, ás veces pensas que navegas nun océano infinito de bits e de súpeto tocas a parede, como no Show de Truman. Algo parecido me pasou con esta foto. Estaba a piques de colgala cando atopo que o o Rabudo ven de organizar unha especie de concurso de fotografías de tendais. Pois nada, paso de post e vos deixo coa ROUPA TENDIDA de Nacho M.Fole. A de cousas que poden contar as tendedeiras.

CASTELÁN. No se si os habrá pasado, pero esto de la red parece un bucle, a veces piensas que navegas en un océano infinito de bits e de repente tocas la parede, como en el Show de Truman. Algo parecido me pasó con esta foto. Estaba a punto de colgarla cuando me encuentro con que o Rabudo acaba de poner en marcha una especie de concurso de fotografías de tendales. Pues nada, paso de post y os dejo con ROUPA TENDIDA de Nacho M.Fole. La de cosas que poden contar los tendales.

Arquivos ¿desastres naturais?

Hai poucos días viamos na prensa esta foto:

e hoxe vemos esta

Os arquivos abandónanse, uns caen por instalacións totalmente inadecuadas e outros arden tamén por abandono, por non falar das destruccións planificadas. A estas alturas é non só lamentable, senón incrible que cos medios técnoloxicos que existen, deixemos que se perda a memoria. E xa se sabe, pobo que non lembra ....claro, que a investigación histórica non está de moda, moitos chámanlle "remexer no pasado, ¿ou non lembrades a Rajoy no segundo asalto cando referíndose a Lei da Memoria Histórica dicia "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dixo algo así como "yo no ando por ahí investigando". Sentín tanta vergonza coma cando saíra o seu mentor falando tejano.

Os dereitos dos cidadáns cada vez están menos garantidos cunha administración que perde os papeis (en tódolos sentidos, ademais). Pérdense historias clínicas, quéimanse expedientes xudiciais, acumúlanse en barracóns inaccesibles moreas de documentos soterrando os nosos dereitos para toda a eternidade. A situación é alarmante. Ningunha consellería do goberno autonómico ten o seu arquivo organizado e os "papeis" dos cidadáns púdrense nun galpón do polígono do Tambre. Que tempos, amigos. ¿quen endente nada? A Cidade da Cultura segue sendo un monstro que medra chuchando todo canto euro ingresamos nas contas públicas e os documentos e materiais que deberían conservarse alí podrecendo nos escuros e sinistros sotos das sacrosantas administracións.

El fuego calcinó casi dos años de archivos de un juzgado de Ferrol. Las llamas afectaron a textos de 1998 y del 2002 de la segunda sala de lo social.

Custodia documental. Los papeles clasificados de la Armada permanecieron abandonados 10 años. Entre los documentos figuran referencias personales de militares e instrucciones para operaciones y seguridad. El saqueo del antiguo campo de tiro de Doniños saca a la luz archivos confidenciales y reservados de la Marina

La caída del archivo impide el acceso a 500.000 historias clínicas de Vigo. El hundimiento de las estanterías privará a los médicos de los datos de 5.000 pacientes cada día. Los hospitales gallegos mueven cada día 20.000 historias clínicas

Valiosa información sobre archivos en el magnífico blog de María José Aldaz archivística.net

VERSIÓN EN CASTELÁN: Los archivos se abandonan, unos caen por instalaciones totalmente inadecuadas y otros arden también por abandono. A estas alturas es no sólo lamentable, sinó increible que con los medios tecnolgicos que existen, dejemos que se pierda la memoria. Y ya se sabe, pueblo que non recuerda ....claro, que la investigación histórica no está de moda, muchos le llaman "remover en el pasado, ¿o no os acordais de Rajoy en segundo asalto cuando refiriéndose a la Ley de la Memoria Histórica decía "esa ley que no le interesa a nadie"? ou cando dijo aquello de "yo no ando por ahí investigando". Sentí tanta verguenza como cuando saliera su mentor hablando tejano. Los derechos de los ciudadanos cada vez están menos garantizados con una administración que pierde los papeles (en todos los sentidos, además). Se pierden historias clínicas, se queman expedientes judiciales, se acumulan en barracones inaccesibles montañas de documentos enterrando nuestros derechos para toda la eternidad. La situación es alarmante. Ninguna Consejería del gobierno autonómico tiene su archivo organizado y los "papeles" de los cidadanos se pudren en un galpón del polígono del Tambre. Que tiempos, amigos. ¿quien entiende nada? La Cidade da Cultura sigue siendo un monstruo que crece engulliendo todo cuanto euro ingresamos en las cuontas públicas y los documentos y materiales que deberían conservarse allí pudriéndose en los oscuros y siniestros sótanos de las sacrosantas administraciones.

martes, marzo 25, 2008

Canis Interruptus

O da foto é Nico, un pouco tuneado pero que está onde ten que estar, na casa, e facendo o que ten que facer, babearse, tirar con todo, facernos moita compañía e quitarlle os bocatas aos nenos.
Xa moitos sabedes que estes días o presunto caso do can que alguén deixou morrer nunha exposición de ¿arte?. Circula pola rede provocando afortunadamente un rexeitamento unánime. Moitos de vós ata estades a manifestar a vosa repulsa asinando cando volo solicita un amigo ou un anónimo nas vosas caixas de correo. Levo visto debates nos blós dende moitos puntos de vista. Uns falan da defensa dos dereitos dos animais, outros, cinguíndose ao berce da cuestión (o can ao que se deixa morrer de fame como obra de arte) céntranse máis en cuestións estéticas, museísticas e incluso teóricas. Ao fío deste caso plantexanse grandes cuestións como “que é a arte”, “os límites da arte”, “o fraude na arte contemporánea”, etc. Todo moi interesante. Semella que, como moitos imaxinábamos, este feito é una verdade a medias que pronto se transformou nunha desas “lendas urbanas” tan de moda. O resto xa é sabido. As mentiras afástanse do útero materno ao pouco de nacer para espallarse á velocidade do raio polo medio que teñan máis a man. E ogallá que sexa así. Resulta curioso. O presunto autor da “obra” din que que non desminte a noticia porque malia procurarlle una enorme condena, contribúe a difundir o seu nome. O que verdadeiramente lle importa a este “artista” é darse a coñecer e o feito de que sexa por ser un psicópta asesino de animaies, para el é secundario. Esta posibilidade resúltame moi desacougante porque supón un claro rexeitamento dos valores máis precisos e que no deberiamos esquecer se queremos manter as febles bases que sosteñen o sistema de liberdades que aparentamos gozar. Por outra parte, esta actitude lémbrame tamén a de moitos líderes do noso tempo que pasean fachendosos os seus ridículos sorrisos de satisfacción logo de ter causado tanta norte e sufrimento. Pero sigamos analizando reaccións. Moitos comentaristas do “caso do can” sorpréndense polo feito de que ninguén soltase ao pobre animal. Partindo da dúbida sobre a certeza do suceso, podo imaxinar doadamente a situación. Os visitantes de los museos, cada vez con máis medo ao ridículo de non saber interpretar unha pieza ¿como se van atrever a intervir nela?. Lembren vostedes tantos casos divertidos e curiosos ao respecto. Unha vez máis, o preferible é manter as apariencias, mellor pasar desapercibido que quedar como un imbécil e ignorante só por culpa dun infame can eivado e cheo de pulgas. Esta reacción, na que todos nos recoñecemos algunha vez paréceme moi, moi perigosa. E faríamos ben en reflexionar sobre a nosa responsabilidade nas vidas e tamén nas mortes dos demáis. Hay pouco vin no servizo de urxencias de Vigo (xa fixen a reclamación oportuna) a moitas persoas en estado gravísimo que levaban máis de 10 horas agardando ser examinadas. Nesa noite de verdadeiro terror vin como un destes pacientes, nun lamentable estado, afectado do corazón, diabético, coas constantes vitais totalmente alteradas, desistía e quería marchar para súa casa. Cando lle cortei o paso para devolverlo ao hospital e reclamar a berros que o atendesen, desesperado, me dicía “polo menos na casa teño as pastillas”. A súa muller ollábame coma se eu fose realmente a Virxe de Lourdes e eu, que nin virxe nin francesa, que tardara cinco horas en botarlle una man, avergoábabame no meu nome e no de todos aqueles espectadores petrificados do que semellaba ser una alucinación colectiva. Xa sei que é de mal gusto falar das enfermidades e da morte, pero este caso do que fun testemuña confírmame que perante situacións como a do caso do can, actuamos cunha indiferencia que poder ser asaniña. Estou correndo un serio perigo de non ser lida por extenderme demasiado, para evitar este risco deixo aquí estas divagacións que só pretendían ser una labazada logo do letargo e resacas post vacacionais. Benvidos ao deserto do real. Outra vez.

VERSIÓN EN CASTELLANO.
Como muchos ya sabréis, estos días el presunto caso del perro al que se dejó morir en una exposición de arte, circula por la red provocando afortunadamente un rechazo unánime por parte de una gran mayoría. Muchos incluso estáis manifestando vuestra repulsa firmando cuando os lo pide un amigo o un anónimo en vuestro buzón de correo. He visto debates en los blogs en torno a este tema desde muchos puntos de vista. Unos entorno a la defensa de los derechos de los animales, otros, ciñéndose al origen de la polémica (el que el caso del perro fuera considerado como obra de arte)se centraron más en cuestiónes estéticas, museísticas e incluso teóricas. Al hilo de este caso se plantean grandes cuestiones como “que es el arte”, “los límites del arte”, “el fraude en el arte contemporáneo”, etc. Todo muy interesante. El caso es que por lo que parece, el caso del perro, como muchos imaginábamos, parece que es una verdad a medias que pronto se transformó en una de esas “leyendas urbanas” tan de moda. El resto ya lo conocemos. Ya se sabe la rapidez con que las mentiras se independizan del útero materno para correr a la velocidad del rayo por el medio que tengan más a mano. Y ojalá que sea así. De todas formas es curioso. El presunto autor de la “obra” parece que no desmiente la noticia porque esta, a pesar de granjearle una enorme repulsa, contribuye a difundir su nombre. Lo que le importa es que se le conozca, el hecho de que el motivo sea por ser un psicópta asesino de animales, para él es secundario. Esta posibilidad me deja muy intrigada porque supone un enorme desprecio de los valores más imprescindibles que no deberíamos perder si queremos mantaner las frágiles bases que sostienen el sistema de libertades que aparentamos disfrutar. Por otra parte, esta actitud me recuerda también la de muchos líderes de nuestro tiempo que también pasean orgullosos sus ridículas sonrisas de satisfacción después de haber causado tanta muerte y desolación. Continuemos analizando reacciones. Muchos comentaristas del “caso del perro” se sorprenden por el hecho de que nadie desatase al pobre animal. Esto me parece extraordinariamente interesante. Partiendo de la duda sobre la certeza del suceso puedo imaginar perfectamente la situación. Los visitantes de los museos, reales y potenciales, están demasiado atemorizados ante el ridículo de no saber interpretar una pieza como para intervenir en ella. Recuerden tantos casos divertidos y curiosos al respecto. Una vez más, lo importante es la imagen, prefiero pasar desapercibido a quedar como un imbécil e ignorante sólo por culpa de un infame perro callejero que además está enfermo y lleno de pulgas. Esta reacción en la que todos nos reconocemos alguna vez me parece muy, muy peligrosa. Y hace reflexionar sobre lo importantes que somos en las vidas y sobre todo en las muertes de los demás. Hace poco he visto en la sala de Urgencias de Vigo (ya he dejado la hoja de reclamación correspondiente) muchas personas en estado gravísimo que llevaban más de 10 horas esperando ser examinadas. En esa noche de terror pude ver como uno de estos pacientes, en un lamentable estado, afectado del corazón, diabético, con las constantes totalmente alteradas, tiraba la toalla e intentaba marcharse para casa. Cuando le corté el paso para devolverle al hospital y reclamar a gritos que le atendiesen, desesperado, me decía “por lo menos en casa tengo pastillas”. Su mujer me miraba como si yo fuese realmente la Virgen de Lourdes y yo, que ni virgen ni religiosa sólo había tardado cinco horas en echarle un cable, me avergonzaba en mi nombre y en nombre de todos aquellos espectadores petrificados de lo que parecía ser una alucinación colectiva. Ya sé que es muy de mal gusto hablar de las enfermedades y de la muerte, pero este caso que yo sí presencié me confirma que ante situaciones como el supuesto caso del perro, todos actuamos con una indiferencia que puede ser asesina. Estoy corriendo un serio peligro de no ser leída por extenderme demasiado, y como no quiero correr este riesgo dejo aquí estas divagaciones que sólo pretendían ser una bofetada luego del letargo que seguramente les aqueja en estos días de resacas procesionales. Bienvenidos al desierto de lo real de nuevo.

jueves, marzo 20, 2008

La doctrina del Shock, de Naomi Klein...e seguimos avanzando....

O mellor xeito de lembrar o quinto aniversario da vergoñenta invasión do Iraq é seguir na procura dalgunha explicación para tanta ignonimia. Resultou que as ADM (armas de destrucción masiva) existían, o que pasa e que as tiñamos tan preto de nós como as imaxes desas terapias que tanto veñen ao caso, e claro, millóns de cidadáns non as recoñeceron en moito tempo. Outros non as recoñecerán nunca porque porque eles mesmos son esas ADM. Pouco importan os milleiros de mortos, dun e doutro lado, as torturas, a destrucción da economía e menos aínda a eliminación do patrominio cultural da humanidade, o que importa e manter o susto, o shock, o medo ou como lle quieran chamar á situación artificiosamente creada para que a vergoñenta liberdade reinventada polos enxeneiros da economía moderna tipo Milton Friedman (logo da lectura de N.K. a súa biografía produce náuseas) poida seguir con este macroxenocidio contemporáneo que debece por eliminar civilizacións enteiras e ecosistemas pouco propicios. Atópome na metade desta lectura porque non é moi saudable facela de corrido. É un auténtico ensaio sobre a maldade que levou e leva aos gobernos máis poderosos a exercer o terror nas poboacións propias e alleas. Non hai outro antídoto contra estas perigosas infeccións que ameazan o noso aparello racional que a INFORMACIÓN. En canto remate prometo facervos unha recención como merecedes. Para ir facendo boca aquí vos deixo un dos mellores resumes do libro no documental de Alfonso Cuarón e a propia Naomi Klein.





El gusanillo de los libros; Sincrono ; Web de Naomi Klein (magnífica) ; otromundoesposible; (a propósito, o artigo de M.Rivas, malísimo, vamos, que non leu o libro, seguro)

VERSIÓN EN CASTELLANO
La mejor forma de recordar el quinto quinto aniversario de la vergonzosa invasión de Irak es seguir buscando una explicación para tanta ignonimia. Resultó que as ADM (armas de destrucción masiva) existían, lo que pasa es que las teníamos tan cerca como las imágenes de esas terapias que tanto bienen al caso, y claro, millones de ciudadanos no las reconocieron en mucho tiempo. Otros no las recoñecerán nunca porque ellos mismos son esas ADM. Poco importan los millares de muertos, de uno u otro lado, las torturas, la destrucción de la economía y menos aún la eliminación del patrominio cultural da humanidade, lo que importa es mantener el susto, el shock, el medo o como le quieran llamar a lal situación artificiosamente creada para que a vergonzosa libertad reinventada por los ingenieros de la economía moderna tipo Milton Friedman (después de la lectura de N.K. esta biografía produce náuseas) pueda seguir con este macrogenocidio contemporáneo que sólo desea eliminar civilizacións enteras y ecosistemas poco propicios. Me encuentro en la mitad del libro porque no es muy saludable hacer una lectura de corrido. Es un auténtico ensayo sobre la maldad que llevó y lleva a los gobiernos más poderosos a ejercer el terror en poblaciones propias y ajenas. No hay otro antídoto contra estas peligosas infecciones que amenazan nuestro aparato racional que la INFORMACIÓN. En cuanto acabe prometo hacer una recención como merecéis. Uno de los mejores resúmenes dek libro lo podedes ver en este documental de Alfonso Cuarón y la propia Naomi Klein.

lunes, marzo 17, 2008

La pesca del salmón en Yemen, Paul Torday


A.T. recomendoume esta lectura nun día de paseo polas rúas de Giza. De non ser así creo que este título non chamaría nunca a miña atención porque a pesca en xeral e a do salmón en particular nunca foron temas obxecto da miña curiosidade. A pesca do salmón no Iemen no Iemen é o extravagante proxecto dun xeque que debeze por introducir no seu país a súa recente afección. Guiado polo poder dos cartos e a fe non albisca atranco algún para a introducción desta especie nos wadis iemeníes malia as condicións naturais totalmente adversas nesas desérticas latitudes. A historia comeza coa posta en marcha desta quixotesca angueira na que participan organismos estatais, sobranceiros centros científicos e por suposto cobizosas empresas intermediarias. O histrionismo da historia acada as súas cotas máis elevadas cando actúan os políticos, invistindo inxentes cantidades de diñeiro en ridículos proxectos que só tentan ocultar as miserentas consecuencias dos desnortados proxectos como a guerra de Irak. En cuanto aos personaxes, todos cumpren os requisitos da esperpéntica historia e a medida que esta avanza vanse perdendo contrastes e acaban por trocarse en simples caricaturas. Temos ao político necio que morre por contentar ao xefe (Peter Maxwell), á executiva agresiva e sen escrúpulos que só vive para acadar un ascenso e gañar máis (Mary), o científico iluso que acaba crendo en andrómenas e carece de vontade para tomar decisións (Alfred, o seu home), o xeque tolo, etc. Haberá que seguirlle a pista a este orixinal escritor e enxeneiro.
Versión en castellano
A.T. me recomendó esta lectura en un día de paseo por las calles de Giza. De non ser así creo que este título no llamaría nunca mi atención porque la pesca en general y la del salmón en particular nunca fueron temas objeto de mi curiosidad. La pesca delo salmón en Iemen es el extravagante proyecto de un jeque que desea introducir en su país su reciente afición. Guiado por el poder del dinero y la fe non ve obstáculo alguno para la introducción de esta especie en los wadis yemeníes a pesar de las condiciones naturais totalmente adversas en esas desérticas latitudes. La historia comienza con la puosta en marcha de esta quijotesca tarea en la que participan organismos estatales, reconocidos centros científicos y por supuesto ambiciosas empresas intermediarias. El histrionismo de la historia alcanza sus cotas más elevadas cuando actúan los políticos, invirtiendo ingentes cantidades de dinero en ridículos proyectos que solo intentan ocultar las miserentas consecuencias de desnortadas políticas como la guerra de Irak. En cuanto a los personajes, todos cumplen los requisitos de la esperpéntica historia y a medida que esta avanza se van perdiendo contrastes y acaban por convertirse en simples caricaturas. Tenemos al político necio que muere por contentar al jefe (Peter Maxwell), a la ejecutiva agresiva y sin escrúpulos que sóloe para conseguir un ascenso e ganar más (Mary), al científico iluso que acaba creyendo en ilusiones y carece de voluntad para tomar decisións (Alfred, su marido), el jeque loco, etc. Habrá que seguir la pista a este original ingeniero escritor.

sábado, marzo 15, 2008

Lembrando a Mazen.


- HEATER out of service (too much electricity cuts)
- CENTRAL HEATING out of service (fuel too expensive)
- BURNING TIRES out of service (too far)- GAS HEATERout of service (too dangerous)
"i only see one solution left: writing a petition to oblige the industrialized countries to accelerate the planet heating."

miércoles, marzo 12, 2008

Non penses nun elefante, George Lakoff


Hai quen asegura que ZP aprendeu de memoria este manual de estilo para progresistas. Agora que saíron as notas non teño dúbida. Aprendeuno e asimilouno perfectamente. Trátase das conclusións dun reputado lingüista norteamericano sobre a superioridade persuasiva do discurso conservador. Aínda que se fale da política dos U.S.A., o texto é perfectamente extrapolable a nosa lonxitude (a latitude ven ser a mesma). A grandeza do pensamento conservador (xa saben o que gosto dos oxímorons) non está tanto na profundidade intelectual do seu relato senón nas inxente cantidades de sanguedólares investidos nos famosos think tanks que fabrican intelectuais just in time para arranxar tódalas viraxes progresistas tan molestas e persistentes coma eses tornados que desmelenan cada pouco as anquilosadas conciencias dos americanos con segunda hipoteca. Lakoff insiste na teoría do marco para explicar as eivas do discurso progresista. Segundo él, a esquerda non convence porque constrúe o seu discurso coa mesma materia prima que os conservadores. Cando fala a esquerda non poden evitar "pensar no elefante" (o símbolo da dereita) de xeito que non só non convencen, senón que contribúen a reforzar as ideas do "inimigo". Lakoff fai unha análise do discurso político ben sinxelo e acertado, ademáis de optimista. Os progres levamos moito retraso, aínda non temos tomadas as universidades, non temos aínda montada unha infraestructura intelectual proactiva que nos teña preparado o argumento xusto no momento oportuno, é máis, Lakoff mesmo desconfía de que os progres teñan claro o seu propio sistema de valores. Son bos consellos para loitar nesta area, pero se non nos gusta o escenario do xogo, o libro e máis do mesmo. A arte de convencer aínda que non se teña razón. E aí veñen os lingüístas reconvertidos en técnicos de marketing para axudar aos que teñen que convencernos da xustiza da suba dos prezos, da necesidade das guerras e dos danos colaterais e da pertinencia dos novos pecados capitais. [Fonte da foto]
VERSIÓN EN CASTELLANO
Hay quien asegura que Zapatero se aprendió de memoria eu de memoria este manual de estilo para progresistas. Ahora que salieron las notas no tengo duda. Lo aprendión y lo asimiló perfectamente. Se trata de las conclusiones de un reputado lingüista norteamericano sobre la superioridad persuasiva del discurso conservador. Aunque trate de la política de los U.S.A., el texto es perfectamente extrapolable a nuestra longitud (la latitud es la misma). La grandeza del pensamiento conservador (ya saben de mi afición al oxímoron) non está tanto en la profundidad intelectual de su relato sinó en la ingente cantidade de sangredólares invertidos en los famosos think tanks que fabrican intelectuales just in time para corregir esos giros progresistas tan molestos y persistentes como los tornados que desmelenan cada poco las anquilosadas conciencias de los americanos con segunda hipoteca. Lakoff insiste en teoría del marco para explicar los fallos del discurso progresista. Segú él, la izquierda no convence porque construye su discurso con la misma materia prima que los conservadores. Cuando hala la izquierda no puede evitar "pensar en el elefante" (símbolo de la derecha) de modo que no solo no convence, sinó que contribuye a reforzar las ideas del "enemigo". Lakoff hace un análisis del discurso político sencillo y acertado, además de optimista. Los progres llevamos mucho retraso, aún hemos tomado las universidades, carecemos de unha infraestructura intelectual proactiva que nos anticipe el argumento justo en el momento oportuno, es más, Lakoff incluso desconfía de que los progres tengan claro su propio sistema de valores. Son buenos consejos para luchar en esta arena, pero si no nos gusta el escenario del juego, el libro es máis de lo mismo: otro libro de autoayuda para políticos en apuros. El arte de convencer aunque sepamos que no no asiste la razón. Y aquí entran los lingüístas reconvertidos en técnicos de marketing para ayudar a los que tienen que convencernos de la justicia de la subida de los precios, de la necesidad de las guerras con sus daños colaterales y hasta de la pertinencia de los nuevos pecados capitalis. [Fuente de la foto]

domingo, marzo 09, 2008

El padre de Blancanieves, de Belén Gopegui.

O outro día tomando un café na Praza da Constitución o camareiro tivo a mala sorte de esvarar e ciscou tódalas consumicións polo chan. Bueno, todo non o ciscou porque para non ensuciar e queimar aos clientes virou a bandexa cara o seu peito que sufriu unha boa queimadura. A miña primeira reacción foi protestar polas manchas de café na prenda do meu compañeiro pero afortunadamente tiven presente a derradeira historia de Belén Gopegui. ¿Que tería pasado se o dono do establecemento despedise ao camareiro? ¿presentaríase na miña casa culpabilizándome da perda do seu traballo? ¿Sería eu quen vivir con esa culpa? ou ¿esquecería o asunto nun par de días como moito e a sorte do camareiro? Unha simple anécdota pode virar o rumbo da túa vida e de súpeto os piares que a sustentan poden tremer dun xeito ben desacougante. A novela da Gopegui acada boas e malas críticas pero o certo é que para aqueles que procuramos na literatura reflexións intelixentes aos problemas cotidianos acadamos nestas páxinas atinadísimos e sutís parágrafos que nos achegan ao xeito de pensar dos progresistas, dos conformistas, dos liotadores, dos ecoloxistas, dos que queren mudar as cousas, dos seres individuais e dos colectivos, dos mozos, dos empresarios, dos estudantes, dos namorados, dos pais, dos amigos. Algúns critican nesta obra unha eiva na caracterización dos personaxes aos que non acaban de coñecer, pero ¿e que acaso nos coñecemos a nós mesmos? ¿Actuamos sempre de acordo co riguroso perfil psicolóxico da persoa que pensamos que somos? Gústame a novela pola cuestionamento continuo que fai dos "seres normales", que para min son os conformistas, os irresponsables, os que deixan que todo vaia a peor porque queren quedar ben con todos e teñen medo ao ostracismo dun sistema que rexeita sempre aos disidentes, dos que non fala R.F. Retamar no fermoso poema que introduce Belén na súa obra e que podedes ler aquí.
Algúns tamén se preguntan logo de ler a novela quen é o dichoso pai de Blancanieves, pois amigos, eu penso que o mesmo que quedou cos cartos en No Country For Old Man.

Versión en castellano
El otro día tomando un café en la Plaza de la Constitución el camareiro tuvo la mala suerte de resbalar y tiró todas las consumiciones por el suelo. Bueno, todo no porque para no ensuciar y quemar a los clientes giró la bandeja hacia su pecho que sufrió una buena quemadura. Mi primera reacción fue protestar por las manchas de café en la prenda de mi compañero pero afortunadamente tuve presente la última historia de Belén Gopegui. ¿Que pasaría si el dueño del establecimiento despediese al camarero? ¿Se presentaría en mi casa culpabilizándome de la pérdida de su trabajo? ¿Sería yo capaz de vivir con esa culpa? o ¿olvidaría todo el asunto en un par de días como mucho y la suerte del camarero? Una simple anécdota puede cambiar el rumbo da tu vida e de repente los pilares que la sustentan pueden temblar de forma preocupante. La novela de la Gopegui tiene buenas y malas críticas pero lo cierto es que para aquellos que buscamos en la literatura reflexiones inteligentes a problemas cotidianos encontramos en estas páinas acertadísimos y sutiles párrafos que nos acercan al modo de pensar de los progresistas, de los conformistas, de los luchadores, de los ecologistas, de los que quieren cambiar las cosas, de los seres individuales y de los colectivos, de los jóvenes, de los empresarios, de los estudiantes, de los enamorados, de los padres, de los amigos. Algunos critican en esta obra una falta en la caracterización de los personajes a los que no terminas por reconocer, pero ¿es que acaso nos conocemos a nosotros mismos? ¿Actuamos siempre de acuordo con el riguroso perfil psicológico de la persoa que pensamos que somos? Me gusta la novela por el cuestionamento continuo que hace de los "seres normales", que para mi son los conformistas, los irresponsables, los que dejan que todo vaya a peor porque quieren quedar bien con todos e tienen miedo al ostracismo de un sistema que rechaza siempre a los disidentes, de los que no habla R.F. Retamar en el hermoso poema que introduce Belén en su obra e que podeis leer aquí.Algunos también se preguntan despues de leer la novela quién es el dichoso padre de Blancanieves, pues amigos, el mesmo que se quedó con el dinero en No Country For Old Man.

jueves, marzo 06, 2008

Crónica da visita do mestre Rubén Ruibal a Vigo.


Xa podían tomar nota tantos aprendices de sabios da mestría do noso Rubén Ruibal porque non é doado divertirse tanto nestes actos, máis ben é casi imposible. Limpeza de Sangue aínda gaña máis cando o autor nos descubre os deliciosos segredos do proceso creativo, en quen se inspiran os personaxes, a orixe dos seus nomes, as deliciosas "trampas" que nos tende. Rubén mantivo a nosa atención mediante un xeneroso e rico discurso adobiado cunha exquisita dose de metáforas fermosísimas que nos abriron ese cofre tan celosamente gardado polos escritores e que tanto agradecimos todos, especialmente, imaxino, os alumnos da Escola de Arte Dramático. Agasallounos tamén con acaidísimas citas que nos lembrarán un tempo algunhas lecturas que teremos que facer, como Chantal Maillard, porque Rubén tamén escribe "para que a auga envelenada poida beberse", que é dicir moito, moito, moito, en poucas e fermosas verbas. Mover conciencias, nada menos, amigo RR. Falarei dentro duns días doutro fermoso intento dende a literatura por mudar o mundo, "El padre de Blancanieves", de Belén Gopegui. Unha aperta a todos os que fixeron de onte un día tan especial e divertido, especialmente a Arume, Inma, Lula, Occam, futuro Cronopio y por supuesto a RR. Aquí vos deixo un retrato dalgúns que coñecedes ben. [a foto é malísima pero é a única na que estamos casi todos. Adiviña adiviñanza].

Ya podían tomar nota tantos aprendices de sabios del buen hacer de nuestro R.R. porque non es fácil divertirse tanto e n estos actos, máis bien es casi imposible. Limpeza de Sangre aún gana más cuando el autor nos descubre los deliciosos secretos del proceso creativo, en quien se inspiran los personaxes, el origen de sus nombres, las deliciosas "trampas" que nos tiende. Rubén mantuvo nuestra atención mediante un generoso y rico discurso aderezado ccon una exquisita dósis de metáforas hermosísimas que nos abrieron ese cofre tan celosamente guardado por los escritores y que tanto agradecimos todos, especialmente, imagino, los alumnos de la Escuela de Arte Dramático de Vigo. Nos regaló también acertadísimas citas que nos recordarán durante un tiempo algunas lecturas que tendremos que abordar, como Chantal Maillard, porque Rubén tambén escribe "para que el agua envenenada pueda beberse", que es decir muchu, mucho, mucho, en pocas y hermosas palabras. Mover conciencias, nada menos, amigo RR. Hablaré pronto de otro hermoso intento desde la literatura para cambiar el mundo, "El padre de Blancanieves", de Belén Gopegui. Un abrazo a todos los que hicieron de ayer un día tan especial e divertido, especialmente a Arume, Inma, Lula, Occam, Cronopio y por supuesto a RR. Aquí os dejo un retrato de algunos que conoceis bien los asiduos a este burladero. [la foto es malísima pero es la única en la que estamos casi todos. Adivina adivinanza].

miércoles, marzo 05, 2008

Rubén R. en Vigo.

Rubén R. estará hoxe na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para falar da súa Limpeza de Sangue. Un día de ledicia para moitos que imos disfrutar da compañía deste escritor, blogueiro, amo de casa, nonseicantascousas máis pero sobre todo, amigo. Como fannámberguán vos animo a achegarvos ata Marcosende pola mañá ou pola tarde na sede da ESAD e por suposto a ler a súa obra premiada que xa se atopa traducida ao castelán. Aquí tendes a estupenda crítica que fai da obra o benquerido Arumes.

Rubén R. estará hoy en la Facultad de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo para hablar da su Limpieza de Sangre. Un día de alegría para muchos, vamos a disfrutar de la compañía de este escritor, bloguero, amo de casa, nonsecuantascosas más pero sobre todo, amigo. Como fannámberguán os animo a acercaros hasta Marcosende por la mañana o por la tarde a la sede de la ESAD y por suposto a leer a su obra premiada que ya se encuentra traducida al castellano. Aquí tenéis la estupenda crítica que hace Arumes.

lunes, marzo 03, 2008

Simone vs. Beauvoir

Supoño que coñecedes a estúpida polémica sobre a foto. Semella que a muller retratada, por moito que aportase ao pensamento e ao feminismo (guste ou non guste) non tiña que ter un corpo de muller, nin beber os ventos por ningún home, e por suposto non tiña que ollarse no espello con esa complacencia. O de sempre. O caso e non ceibar á muller dunha gaiola mental construida durante séculos polos máis louvados individuos da nosa especie. De puta a estreita de cero a cen. A instrumentalización do corpo da muller sempre é rexeitable, pero que o fagan dende estes medios tan relevantes e supostamente críticos amosa o lonxe que estamos de acada niveis de igualdade medianamente aceptables.
Máis inf.: Simone la scandaleuse, Relación entre sartre y Simone (El País)


Estes días increméntanse para nosa vergoña, os asasinatos de mulleres. De momento non son nen sequera instrumentalizadas polos partidos políticos porque estas mortas aínda non teñen o mesmo valor que os mortos de ETA, pero a todo chegaremos....

Se escribimos...mátannos...Se denunciamos....mátannos....Se falamos...mátannos...Se calamos..mátannos....Se (completa co que queiras)...mátannos....


Supong que conoceis la estúpida polémica sobre la foto. Parece que la mujer retratada, por mucho que aportase al pensamento e al feminismo (nos guste o no) non tenía que haber tenido cuerpo de mujer, ni beber los vientos por ningún hombre, y por supuesto no tenía que mirarse al con esa complacencia. Lo de siempre. El caso es no liberar a la mujer de la jaula mental construida durante siglos por los más admirados individuos de nuestra especie. De puta a estrecha, de cero a cien. La instrumentalización del corpo femenino siempre es despreciable, pero que lo hagan desde estos medios tan relevantes e supuestamente críticos muestra lo lejos que estamos de conseguir niveles de igualdade medianamente aceptables.
Máis inf.: Simone la scandaleuse, Relación entre sartre y Simone (El País)
Estos días se incrementan vergonzosamente los asesinatos de mujeres. De momento estas víctimas non son ni siquiera instrumentalizadas por los partidos políticos porque estos muertos aún no gozan del mismo valor que los de ETA, pero a todo llegaremos....
Si escribimos...nos matan...Si denunciamos....nos matan ...Si hablamos...nos matan...Si callamos... nos matan....Si (completa con lo que quieras)...nos matan....