Non hai truco nin brincadeira. Non son efectos especiais nin hai retoques de fotoxó. Son séculos de dominación os que nos brindan estas iconografías contemporáneas a tódolos séculos. Nin as gafas da Villarino nos traen ao XXI. Velaquí unha disposición espontáneamente perfecta dos atributos do poder. Abonda a esquerda para amosar quen manda. Un caxato anormalmente deformado en altura e aparentemente baleiro de todo contido práctico. ¿sería o terror perante ese gancho de carniceiro o que tranformou á presidenta do parlamento na doloriñas suplicante que guinda con toda a dignidade dun pobo que cre representar? Mais deteñámonos nas olladas. Malia teren a mesma altura (non vos deixedes enganar pola mitra, é tamén un trebello que se foi deformando en altura perante séculos para amosar a superioridade da igrexa) o xerarca olla cara abaixo, aínda que teña que ser á altura do botón da P.D. Adicado a P.B. o meu ateo de cabeceira.










