miércoles, febrero 25, 2009

Calendario romano

Para P.
Un tal señor Barragán, nonseiqué autoridade de nonseiqué teocracia mediterránea e, por certo, home de singular apelido que non casa moito coas súas castísimas maldicións, di que a revolución sexual, a trivialización do sexo e a separación da procreación do acto sexual, entendido como mero pasatempo, están na orixe da reforma da lei do aborto que nos vai levar a tódolos españoles ao inferno. Creo que preciso confesión urxente porque onde hai incienso eu cheiro xofre, na inocente expresión deste espectacular acólito do noso señor que ilustra o marzo do calendario romano eu só vexo un suxerente aceno que me convida a axeonllarme para suplicar o perdón ao ritmo dunha ladaíña tan eterna como as contas da sotana. Cando as animalias pontifican sobre sexo estouran crucifixos, derrámanse as augas malditas e o balbordo dos milleiros de órganos desafinados espertan meigas e axusticiados de tódolos tempos. E aínda menos mal que probablemente non hai deus...porque se lles ven pedir contas....

5 comentarios:

cãosemdono dijo...

Eu só entrei para dicir, con respecto ó fulano do candelorio ese, que os ghuapos están sobrevalorados.

Bueno, qué caralho... e xa, de paso, preguntarme en voz alta se alguén sabe cómo lle porían ó fillo secreto do fundador dos Lexionarios de Cristo.

Bicos, apertas et lambetadas!

ourensan@ dijo...

Moi ben...¿Qué carallo teñen que ver as sotanas e os seus portadores co ideario cristián?
Semella temos puntos de vista similares, ollea o post (en castelán) de hoxe http://ourensan.blogspot.com

Anónimo dijo...

Miña Ana queridiña, admiradora incondicional dese paradigma de sinceridade e "mirada clara" que é o teu amado Zapatero, velaí unha proba dese laicismo que tanto che gusta:

http://www.libertaddigital.com/sociedad/defensa-impondra-el-fajin-de-generala-a-la-virgen-de-la-soledad-1276349483/

Lamento de verdade recoller a noticia de "Libertad Digital", que xa sei que non é santo da túa devoción --perdón, perdón, quería dicir que xa sei que non lle tes moitas simpatías... (eu tampouco, abofé), pero e que nin os de "El País", nin os de "Público" parecen estar moi interesados en falar deste asuntiño, xa ves qué cousas: quixéronlle poñer unha placa á Maravillas e case arde Troia, pero dúas semanas máis tardes nomean xenerala á Virxe María e 'El País' nin encarga un chistiño ao Forges.

Ana Bande dijo...

Benquerido anónimo, grazas pola ligazón, a escatoloxía non entende de ideoloxías, é ben certo, se un colga un retrato dunha tola que orgasma colgándose da melena o outro pon unha faixa de xenerala a unha virxe...non me diga que non é difícil votar nestes tempos...menos mal que teño escapularios abondo....jajajajaja....

Anónimo dijo...

Nin te conto os "pecados triviais"que me inspira o curiña ese da foto. E mais, el coa sotana e eu co fajin de generala posto... Umm!!!