viernes, abril 17, 2009

xenuflexións literarias un...

Adoito ler unha morea de libros a un tempo, de xeito totalmente desordenado e mesmo compulsivo. Deixo Rayuela en calquera páxina, esgotoume o concerto de Berthe Trépat, metínme demasiado na pel de Oliveira e adícolle demasiado tempo á metafísica. Deito o volume no chan e boto man das ocorrencias de Nancy, que traduce para nin don Ramón. Reflexiono o pouco que teñen mudado algunhas cousas por estas latitudes e imaxino a H. explicarlle aos seus alumnos de Göttingen as súas dificultades para entender certas supersticións que aínda campan pola Gallaecia. Solución transitoria. Mudar de idioma e participar nunha viaxe. O cornaca faime un sitio na caravana que acompaña a Salomão e déixome levar polo río Saramago, serpe Saramago, Que é um acto poético, preguntou o rei, Não se sabe, meu senhor, só damos por ele quando aconceceu, Mas eu, por enquanto, só tinha anunciado a intenção de visitar o salomão, Sendo palavra de rei, suponho que terá sido o bastante, Creio ter ouvido dizer que, em retórica, chamam a isso ironia, Peço perdão a vossa alteza, Está perdoado, senhor secretário, se todos os seus pecados forem dessa gravidade, tem o céu garantido, Não sei, meu senhor, se este será o melhor tempo de ir para o céu, Que quer isso dizer, Vem aí a inquisição, meu senhor, acabaram-se os salvo-conductos de confissão e absolvição, A inquisição manterá a unidade entre os cristãos, esse é o seu objectivo, teño que parar sequera para respirar porque a Saramago hai que declamalo, como a Horacio Oliveira alias Julio Cortázar, hai que dramatizalos para achegarnos á partitura orixinal. E reflexiono sobre a ironía e os seus excesos, o filósofo adicoulle un tratado exclusivo, mais o sabio decepcióname por momentos, ...entramos así en el reino del ingenio. La ausencia de gravedad hace que el hombre sea una "vaina" y que la mujer caiga en la "liviandad", que es una excesiva ligereza de cascos, páxina vinte e ata aquí chegamos de momento, amolada por non ser quen de prender o lume que reclama Forcadela, Alguén dispoña incendios, solemnes lumieiras, / nos cruces dos camiños, nas pontes das estradas, / Que sirvan como aviso, sinal para o percurso / Daqueles que sen luces errantes ambulamos / Dun lado para outro, de aquí para acolá, / Seguindo algunha estrela....

6 comentarios:

r.r. dijo...

Xa era hora!

O da declamación ("gueulade" chamábaa un autor francés que o facía cos seus textos para probar se ían ben, un autor que estes días está de moda e, claro, supoño que estaría separado ou divorciado ou solteiro) pode ser un risco. Ler paréntese.

Vin unha chamada perdida..

Muaks.

Ana Bande dijo...

bicazo, neno, é que non teño moito que dicir estes días, se me deran un burriño ata facía un par de fundacións por aí como a Santa...e que perdoen os ateos, que sempre os ofendo, non sei como fago. Esa verba "gueulade", demasiada guturalidade para mina estas horas...o da chamada perdida vouno pasar por hoxe, pensasei nalgunha báquica falcatruada que te tivo distraído, ou eso, ou definitivamente perdín o fannamberguanato....buahhhh...
¡apertísssssssisssssima!

cãosemdono dijo...

Eeeeehhh...? Pero qué fai un libro que leva por título "Mujeres" a carón dun paquete de salchichas?

Anónimo dijo...

Ya es la tercera vez que leo el texto actual y siempre entiendo igual: muy poco. Pero lo del viaje suena muy bien. Venga, estos días me encanta mi región. Todo verde y muy tranquilo.

Sigo leyendo el texto porque me gustaría un montón entender lo que te ha inspirado esta foto.... Qué - me pregunto - tienen en común una nevera, Rayula et supersticiones????
Besitos, besitos, besitos desde Göttingen

Ana Bande dijo...

Ahhhh...queridísima Heike, sí que tengo ganas de visitarte, pero habrá que esperar que se recomponga la economía. Debería actualizar el blog en castellano pero me da tanta pereza, sigue esforzándote, en poco tiempo el gallego dejará de ser un misterio para ti, y no te esfuerces demasiado por entenderme, no lo consigo yo misma. Besazo!

r.r. dijo...

xa me pisaches o chiste para a gottinguenesa.