viernes, agosto 21, 2009

Desgracia, Steve Jacobs

Concordo con Molina Foix no de corrección escolástica, pero non que sea unha adaptación literal. E que esas dúas impresións parécenme contradictorias, ademais. Hai dous anos que lin o libro e teño mala memoria para feitos, nomes e topografías, pero non para sensacións. E lembro perfectamente a riqueza de matices dunha lectura durísima e dunha crueza só comparable coa hostilidade dun entorno ameazador no que non se albisca esperanza algunha de felicidade e reconciliación. A grandeza de Malkovich impide ver a David Curie, o sublime profesor de literatura no que se debate o romanticismo de Wordsworth e o un irrefrenable deseo sexual ao que é doado responder dende unha posición de poder. A súa relación coas mulleres sempre é de dominio e intúense doadamente o perfil dun maltratador de alto standing. Aí é onde Malkovich está maxistral. Mais a maior parte da historia desenvolvese no complexo contexto da convivencia coa filla, un insólito personaxe que representa maxistralmente a capacidade feminina de autoflaxelación nunha actitude incomprensible de aceptación de tódalas culpas habidas e por haber. Cicais a maior riqueza do filme, e do libro por suposto, e a extraordinaria oportunidade que nos brinda para reflexionar sobre a orixe e complexidade da violencia entre sexos, entre pais e fillos e entre culturas como froito dunha dominación do masculino, do relixioso, do irracional.

4 comentarios:

cãosemdono dijo...

Seguir a reflexionar sobre a orixe e complexidadade da violencia entre sexos, etc.? Para qué?

SurOeste dijo...

Como que para que? Xa está todo dito?

cãosemdono dijo...

Obviamente. Esta todo dito e lexislado. Agora compre acción. Así o vexo eu.

Ana Bande dijo...

obviamente canciño, a xulgar polo que acontece a diario eu diría que, sendo optimistas, estamos aínda na prehistoria.