lunes, agosto 24, 2009

Educación e Paz III, Xesús R. Jares (Coord.)

Cheguei moi tarde a Suso Jares, o día que seu amigo Manuel Bragado fixo unha conmovedora anotación de despedida no seu Brétemas. Lembro que tiven a sensación de terme perdido algo moi importante, pero teño a sorte de poder botarlle a culpa destes baleiros da miña biografía a un longo período no que fun abducida por uns seres moi moi doutro planeta dos que agora non ven ao caso falar. O territoro de Suso Jares era o da Paz e grazas a súa dona, que ten a sorte de chamarse como a utopía do seu namorado, coñezo hoxe un pouco máis da súa loita e da súa obra. Educación e Paz, recolle as achegas de cantos traballaron naquel fermoso proxecto de Suso, Educadores pola Paz. Creo que sería un bo xeito de contribuir á súa nobre causa facerce con estes textos e lembrar a súa obra.
Para saber máis:

Raña L., Paz. Suso Jares, Subversión e tenrura. A Nosa Terra, 29 de xaneiro de 2009.

Raña L., Román. Memoria de Suso Jares. Faro da Cultura, 11 de decembro de 2008.

Publicacións de Suso Jares: Universidade de Santiago, Universidade de Vigo.

2 comentarios:

r.r. dijo...

Un home grande. Eu pouco o coñecín en persoa, pero tiven a sorte de telo como mestre hai moitos anos no CAP.

legnaresa dijo...

Gustame máis o verbo educar que pacificar. Como sustantivos, un a carón doutro,resultanme incluso inseparables. Lograr calquera deles é un esforzo de moito calado e longo percorrido.Queda pois dar sempre as grazas e seguir teimando no que paga a pena. Unha aperta.