domingo, agosto 23, 2009

Guitarrista e Candela.


Cuidado, tiene los dientecillos muy afilados y sin querer puede haserte daño, como se chama, pregunto, Candela, Candela rebuldeira e divertida só teima con desgallar as miñas chanclas e eu me vexo de socato incluida nun Picasso azul, só que sen tristura, sen esgotamento e sen derrota, aquí só dignidade e beleza, unha man de Durero, e un sorriso de extrema delgadez que marca aristas e ángulos, tengo que tener cuidado, se me va tras la gente, piensa que todo el mundo es bueno, e das verbas cae una contradición, non é posible que ti poidas imaxinar a maldade, pero podería ser tamén un Velázquez...esa combinación terrosa de cores, esa beleza que semella fabricada e cargada de bagaxe histórico, esa fortímisa presencia corporal e espiritual...non, esto ten que ser unha obra de Pierre Gonnord.
Granada, agosto 2009

2 comentarios:

Ra dijo...

Qué morriña, ay.

Álvaro Montoya dijo...

Moi moi bo! A ti si que da gusto lerte!