martes, agosto 25, 2009

Anticristo, Lars Von Trier (I)

Anticristo de Lars Von Trier interesa case tanto polos seus danos colaterais como pola proposta estética e sobre todo intelectual que fai o director. Dende a súa estrea en Cannes contemplo desconcertada a proliferación de críticos que rexeitan o filme con tal virulencia que guindan ao lume toda a producción do director. Boyero, cal notable presidente dunha congregación para a doctrina da fe pronuncia o anatema que cegamente seguirán os críticos de provincias. Tomadura de pelo, provocación barata...que lo metan en un frenopático...esto es basura y, coma se o mesmo Demon Trier se lle metese dentro, non se corta, para cualquiera espectador normal es para darle una hostia ao autor directamente, vaia, vaia coa coa retórica de altura. Tolo o director e anormais os espectadores que segundo el sexan da súa parroquia. A vulgaridade e simpleza deste Boyero convida a guindalo tamén ao lixo mais non nos trabuquemos, que precisamente son estas declaracións as que nos axudan a decantarnos por unha ou outra sala en moitas ocasións seguindo o sentido contrario das flechas, claro. Ademais, para non sentírmonos completamente estúpidos por ter disfrutado desta grande película, velaí están outros tontos que tamén morderon o anzol como Vicente Molina Foix. Por fin alguén abre a fiestra e corre o aire, que case afogo entre tanta mala baba. E comeza o gozoso espectáculo de Anticristo. Arte, provocación, misoxinia, intelectualización da maldade, a pasión polo real, a natureza satánica, Ana Mendieta, Strindberg, El Bosco, a música, Goya, Tarkovski, terror xaponés, hardcore, xenocidio, xinocidio, son demasiadas cousas...to be continued...
Imaxe: El Grito, Edward Munch...antes de recibir o tratamento do Dr. Jakobsen

3 comentarios:

R.R. dijo...

Bueno, muller, pero deixe que falen, que ten que haber de todo... (xa sei que deixa, ¿eh?)
Por certo: as críticas de Boyero gústanme moito. Para ler, digo, non para facerlle caso sempre. Precisamente porque opina coas tripas, non se pon intelectual. É tabernario. Mola.

legnaresa dijo...

Unha merda pinchada nun pao!
Este jicho non é moi fiable. Nin e "von" nin é de "Trier". Ademáis non está habilitado para falar de nada pois os "depresivos" non sinten nin padecen. Non é católico e fomenta dogmas, non é muller (que eu saiba)e adícase os melodramas.Este tipo e idiota ou faino.

legnaresa dijo...

No Faro de Vigo de hoxe 07-09-09 MENDEZ FERRIN escribe sobre censura, Urteaga e von Trier http://www.farodevigo.es/opinion/2009/09/07/urteaga-e-von-trier/365630.html