miércoles, octubre 28, 2009

Enxeñoso

Un libro para explicar unha verba. Semella esaxerado, mais o enxeño é precisamente o cumio da concisión e o desprezo case absoluto pola explicación. O autor ten que contradecirse por forza se quere escribir un libro, porque ¿como publicar unha frase por enxeñosa que sexa? Son duascentas oitenta páxinas pero poderían ser cincocentas ou vinte volumes no caso que o autor quixese engadir anexos con aforismos, semaforismos, greguerías, e sátiras de Graciáns, Putiks, De La Sernas, Quevedos e os centos, milleiros de columnistas e tertuliáns, que viven da ironía, esa abraiante descoberta que todo o convirte en ouro.

2 comentarios:

Quelleiro dijo...

É un comentario enxeñoso o téu. Mais ¿que hai tras do enxeño? Pode estar o humor, entón é ironía; pode estar a tristura impostada, daquela é cinismo; pode estar a poesía, entón todo é poesía; ou bien pode estar o mero artificio lingüístico, un relampo de necedade, entón non é nada. ¿Non será que adoitamos chamar enxeñoso a todo comentario ocurrente co que estamos dacordo (e por iso non pedimos explicación)? Cando estamos en desacordo, non o chamamos enxeño; chámamolo parvada. [Este mesmo comentario é un bo exemplo do que digo]. Hai que ter un alto concepto de ti mesmo para falar do enxeño. Un libro sobre unha soa verba; enxeñoso. Ferlosio ven de facer o mesmo. ¿Para cando un libro sobre unha letra?

Ana Bande dijo...

gustoume o seu comentario, Quelleiro, ten o punto xusto de ambiguidade e contradición que digamos...me excitan, lingüísticamente falando, claro...