lunes, octubre 12, 2009

Para S. (VIII)

Quitei a pel nada máis intuirte. Queríame totalmente espida. Cando se devece polo enimigo non veñen a conto barricadas e estratexias. ¿para acordar vendo a cidade derruida?. Ficarei estarricada co meu corpo de herba fresca cubrindo a paisaxe mentres ti toleas nunha voráxine interminable de sucesión de estacións. Alá logo ti coa pantasma da túa conciencia ou como se chame ese anxo vengador que espreita polas fendas das decisións. Quérome espida para disfrutarme e tocarme coas túas mans. Desprotexida estou máis segura.

No hay comentarios: