lunes, marzo 08, 2010

Lecturas en feminino.

Aproveito este día de (e a obrigada reclusión neste despacho mentres os obreiros me arranxan un pouco a casa, todo hai que dicilo) para lembrar ás miñas autoras. Replay. A primeira que lembro agora é a última (¿ou derradeira?) que lin. Sara Sefchovich. Imperdoable non coñecela amigos. Unha viaxe propia que debuxa para
nós camiños novos cada volta de páxina, cada punto e aparte. Arrinca unha gargallada na situación máis violenta e estarrecedora, e xoga coa humillación e a dor facéndonos dixerible a realidade dun país e dunha muller na que se sobrevive comprando e vendendo esperanzas que tardarán un parágrafo en esluirse completamente. Pero non hai nunca desolación. No sei como fai a Sefchovich, ten unha habilidade moi particular para crear situacións cómico-traxicas que se resolven en risas e pranto segundo a personaxe creada para a ocasión. E o resultado é sempre exitoso. Fainos ver polos ollos dunha muller perdida e disposta a perderse ata o infinito na procura da felicidade. E logo está a Atwood. Seu ollo de gato, por exemplo, mergúllanos nunha adolescencia íntima na que a medida que lemos recuperamos historias propias. Isto é a grandeza deste libro. Recuperei momentos que xa durmían para sempre no outro lado. Creo que escribín algúns episodios daquela nunha de esas libretiñas que se perden no fondo da mochila. Agora lembro a Bárbara Kingsolver...uf..., unha lectura que me deixou a boca chea de lama seca e arrecendos lonxanos, acedos, e descoñecidos totalmente para min ata entón. A Biblia Envelenada, pois iso, coma se a troceárades e ao xeito dos masai mesturásedes seus episodios con mijo, ñame, sorgo e iuca, todo bendicido por un pai enaxenado e ebrio da verba de deus e da sagrada tradición que imaxina y que para nós ten xeito de violación e sangre. A impotencia dunha meniña niña que con una lágrima tiene que conseguir un brote en aquela terra hostil (creí que me había muerto y me había ido al infierno. Pero era aún peor: estoy viva en el infierno)

1 comentario:

Lula Fortune dijo...

Como diría el preclaro Juncal en aquella memorable serie telvisiva: "Tomo nota"