viernes, abril 23, 2010

palabras más, palabras más, palabras menos...

Foto: bonito jarrón, ABB.
Este bló mais eu estamos de aniversario. É totalmente casual que hoxe sexa o día do libro e que a miña actual profesión disque é a de bibliotecaria. Atopo no arquivo dixital que o primeiro post é do 17 de maio do 2006, tamén un dia de, as letras galegas. Tamén totalmente casual. Ese día, a xeito de proba, colguei un artigo de Espinosa Mestre, un paciente investigador sobre a guerra civil. Deduzo que o meu interese naquel momento era sacar á luz a historia de Varela Rendueles, un galego de orixe asturiana que foi o derradeiro gobernador republicano de Sevilla e dos primeiros en asistir ao inicio do terror que asolagaría este país. Aínda non cumprín ese cometido e non falei nada do tema en cuestión logo de catro anos e case 600 post. Ao final no bló escribín de todo agás do que tiña previsto. Nen sequera falo do tema nun dos 300 textos que adormecen en modo rascuño. Así son eu, tal cal. Non teño palabra ningunha. Non son de fiar. Corro que me mato para apañar algo que xa esquecín á primeira zancada. E así, correndo, correndo, como Forrest Gump, cheguei a ningures, que é ata estoutro vintetrés de abril dos que xa vou un pouco cansa. Disimulen, soa o teléfono...jajajajaja...xa estou de volta...¿saben? cando soa o teléfono sempre me sae o nome doutro sitio onde traballei hai anos....non o podo evitar...quedo en blanco uns segundos e digo....esenome bosdías dígame...pero hoxe non...hoxe dixen...dicionariodegalegobosdías....menos mal que preguntaban por servizos informáticos....i ¡¡¡e iso que so son taitantos....!!!
P.D. aínda non sei facer ceros e uns con sabor a tiramisú pero teño unha receita....mmmm...por se queredes.

6 comentarios:

Sigrid dijo...

Sempre podes contestar como facía o amigo de Ricardo Darín en "El secreto de sus ojos": "Banco de semen, buenas tardes".

Filicidades, miamol

bouzafria dijo...

Moitos parabéns. E cóidese cando ande polo meu barrio que hai farmacias moi puco simpáticas.

Anónimo dijo...

Parabéns!!!

E qué ben os levas!!!!

O próximo tango no choco ti e máis eu.

Lo Pas

R.R. dijo...

Parabéns!!!!

cãosemdono dijo...

Se ata os delitos máis graves prescriben, ou iso parece, ¿non será hora xa de dicir simplemente "di-ga-me-lóooo" ó descolgares o teléfono?.

Parabéns, ou o que sexa.

Anónimo dijo...

pois a min gustariame saber máis do señor Varela. Agardo a túa historia, non lle podes adicar algúns post nestes días?