miércoles, mayo 19, 2010

Die Fremden

Foto: Die Fremdem, Thomas Schütte

Gustaríame saber se este calar é unha moda ou un modo de vida. Eu nunca fun de moitas falas, creo que por un exceso de respeto que me fai mimetizarme co medio, xa sabedes, alla donde fueres, pero o actual mutismo tenme preocupada e sorprendida a partes iguais. O mutismo social, o laisser faire, ese total para que do que se alimentan os que cortan o bacallao, é certamente un problema moi noso, diría máis, endémico na nosa leira. Experimento eu tamén as mesmas gañas de fuxir e de calar ante tanta miseria como se ve, se escoita e se cobra, mais trato de non perder o sentido do humor para sobrevivir cada día, e malia todo falo e escribo, aínda que só sexa para min. O mutismo individual preocúpame un pouco máis. Pode ser síntoma de doenzas gravísimas. Lembro cando veu miña nai visitarme por primeira vez. Non a disgustaban tanto as dificultades certamente agobiantes das distancias e a orografía do descoidado e precipitado urbanismo (e urbanidade) vigués como que non lle contestase ninguén na carnicería a aquel encantador xeito de procurar a vez, ¿quen é a última?. Pasados uns meses, coincidín cun home moi traxeado e perfumado no ascensor que logo do imprensindible a que piso vai vostede, e sen ter coincidido máis de dúas ou tres veces no mesmo medio de transporte convidounos a cear a min e á miña familia, porque mira es que soy de Madrid, llevo aquí casi seis meses y no conozco a nadie, no nos es fácil hacer amigos en esta tierra. Fomos a cear e disfrutamos da súa compañía e amistade durante o tempo que durou o seu destino por estes lares. Amolábame que nos criticase tanto aos galegos por ese non falar, ese supoñer e desconfiar que tanto lle chamaba a atención. Fixen unha proba e eu mesma probei a saudar tódolos días no ascesor e cando comezaba a miña quenda de traballo. A primeira vez que logo dos bos días non atopei resposta quedei pensativa, mais pasei a acción tomando exemplo daquel amigo madrileño; non me dei por vencida e volvín ao ataque perdón, ¿dixen bos días ou foi imaxinación miña?. Nada, nin falar do peluquín. Traballei sempre de cara ao público, como se adoita dicir, impartindo clase, organizando actividades varias e actualmente, mostrador por medio, prestando libros, que é o que fai unx especialista en información bibliográfica ou documentalista jaitech, nesta era supertecnolóxica. E tódolos días teño o mesmo problema. Os profesores e estudantes, sen destinción de expediente, xénero, sexo, raza ou nacionalidade, amosan un rexeitamento cada vez maior ás falas. Moitas veces deixan o libro no mostrador sen dicir absolutamente nada e marchan ou entran coas súas caras de xente ocupadísima e estresadísima que seica os fai tan interesantes. Agora mesmo un rapaz dame un libro sen sequera mirarme aos ollos atentísimo aos debuxos que fai a madeira da mesa. Faime graza e sinto un case irremediable desexo de botarme ao seu pescozo e dicirlle algo así como a ver neno, espabila...ou ¿seica che comeu a lingua un gato?...pero agardo, agardo a que o silenzo se lle faga incómodo ou dada a hora que é lle canten as tripas e teña que falar tamén por vergonza. Cousas.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

concordo. e se me permite un consello, non faga nada ata que haia unha verba por medio, sorriso e mirada ós ollos. Non sempre funciona, pero alecciona.

Lula Fortune dijo...

Cuánta razón tienes Aniña. Pero para mí lo peor es cuando escucho durante unos instantes a alguien y acabo con la misma sensación de vacío que me deja el silencio. Creo que deben ser cosas de la edad, cada día que pasa me cuesta más entender lo que veo o escucho. Mi silencio, algunas veces, es el de quién observa con curiosidad.
Besos alborotadores y parlanchines.

Sun Iou Miou dijo...

A min isto do que falas non me parece silencio. Paréceme má educación. A min meus pais aprendéronme a saudar ao cruzarme con alguén polas escaleiras ou o ascensor do edificio, cando se entra nun sitio, por un camiño no campo, a dar grazas, a pedir por favor... Fórmulas de cortesía que talvez están destinadas a permitir o diálogo posterior.

Sabela dijo...

Algo de mala educación si que é... Eu de todas formas non desisto: saúdo e falo, e moitas veces conséguense non só respostas se non que se xera un bo rollo de barrio xenial! Pero eu son moi feliz, se cadra outros non...

Flo dijo...

Pues mira yo lo del chico si que se lo diria, porque no es nada menos que una falta de respeto. La proxima vez diselo, a ver si le haces reaccionar.... Y no te preocupes, que yo siempre te saludaré jejejeje

Mil besos guapa!!!!!

Anónimo dijo...

Tamén é incómodo cando queres levar uns libros e non recibes resposta porque se están dando leccións de urbanidade na rede.

Ana Bande dijo...

Anónimo, hai moito tempo que me dixeron algo parecido e tomei nota, ás veces esquézoo como di o derradeiro anónimo, por iso é tan bo que cho lembren de cando en vez
Lu, esa sensación de baleiro, de interlocutor ineficaz é ben curiosa, si, eu creo que levas razón e a idade faite esixente de máis, pero tamén é un exceso de educación o que nos fai perder moito tempo escoitando sandeces, discursos, eu que sei...xa che contei a anécdota aquela do bar ¿non? de cando entrou aquel home e se meteu no medio da conversa que mantiñamos A. A. mais eu sobre o dereito sindical nos Usa, foi toda unha lección para min, que sempre escoito a todo o mundo, ver como A. simplemente lle cortou o rollo ao home aquel para poder seguir falando do noso...en fin....
Sun Iou Miou, no concordo moito porque traballo nunha institución de educación superior (¿ou será precisamente por iso?) e tendo a pensar que está a ser un xeito de vivir, unha consecuencia dun individualismo a ultranza moi post que ten moito que ver co aumento das visitas ás unidade de saúde mental, en fin...
Beluka, un saúdo agarimoso ¿e logo a ti que che pasa? como se ve que non che afectan os recortes do goberno ¡bico!
Flo, pois vas ter que levar esta moda á túa terriña ¿non? iso de non saudar no ascensor será cousa só de París ¿ou que?
Anónimo,algunha razón si que levas, pero o de impartir leccións...buf...que mal me explico, odio iso, terei que cambiar de rexistro.

cãosemdono dijo...

Pois eu quixera facer apoloxética do silencio, nestes tempiños en que a incontinencia disfrázase de sinceridade, o continxente confúndese co necesario, o pudor brilla pola súa ausencia, as ideas esváense fagocitadas ou sobranceadas polas opinións e o ruido de toda caste e condición emporcalla os espazos públicos e privados.

Flo dijo...

De Paris? Ainda non sabes de onde son eu? Ay canto che falta por coñecerme! (non che soa de algo esa frase ;)) jejeje Na miña Bretaña tamén é raro sauda-la xente que non coñeces nos ascensores ou nas escaleiras.Sabes? Disque canto mais vas para o norte, mais fria é a xente. A min gustame mais a xente de Galicia, sodes encantadores. Pero si, prométoche que a partir de agora vou saudar a xente nos ascensores en todos os sitios jejejeje. Eh e vai pensando no tema que queres para a historia que queres escribir en francés que despois de acaba-los exames axudoche e facémolo! Bicos