jueves, septiembre 09, 2010

O blog do Inquisidor, Lorenzo Silva

Empezo polo final. Porque antes deste suxerente libro hai todo un verán de lecturas das que vos penso deixar aquí algunha pegada, disimulando, claro que o fago para evitar que tantas historias, personaxes e narracións, fuxan polos buracos cada vez máis grosos da miña fráxil memoria. De xeito que comezo polo derradeiro libro que lin e que aínda repousa morno ao meu carón logo de telo durante dúas horas ben apretado entre as miñas mans. Porque este é un libro que non se deixa soltar, nin sequera para atender unha chamada de teléfono ou para apagar o forno. O relato de Lorenzo Silva é unha suma de elementos de tan exquisita calidade e que se empregan cunha medida tan exacta que rematamos o libro e voltamos atrás para atopar certos matices e expresións polas que pasamos demasiado rápido, arrebatados pola ansiedade de saber, nas que queda tanto sabor coma no mollo no que untamos o pan tan descaradamente cando rematamos un suculento xantar. Lorenzo Silva é un alquimista experimentado, colle unha doses precisa de novela histórica elixindo un suceso real relacionado co sempre rentable asunto da inquisición e engádelle a intriga de convertilo en metáfora de personaxes do noso tempo que se relacionan vía internet. Asistimos durante duascentas e pico páxinas ao reto entre o Inquisidor e Theresa a través da transcripción de conversas electrónicas recompiladas e traducidas supostamente por un narrador que lembra moito a aque marabilloso truco de Cervantes. Participamos no reto recoñecendo a esas clases de persoas que resultan da macabra taxonomía do Inquisidor, os contables e os pródigos, rimos cómplices coa intelixente bondade de Theresa e procuramos tamén explicacións para a maldade da que sempre nos sentimos tan afastados e que nos fan alonxarnos un pouco dos trazos grosos para compoñer unha imaxe un pouco máis....real?

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ver, tal y como comenzó pensé que podríamos seguir un rato transitando el fenómeno de una buena cocina, y que Lorenso Silva, nos llevaría a través las dosis exactas de algún plato fuertemente especiado, y delicadamente conjurado. Por lo tanto cocinero y no alquimista, pero ya puestos, uno siente curiosidad por saber que había en ese horno, esperando que no se perdiera. Si bien la llamada telefónica no le resultaba inquietante, tampoco a sus lectores.

Gore Vidal