viernes, enero 07, 2011

confesa e adiviña...





Dúas olladas da mesma miseria foron recollidas pola cámara de dous artistas que vos propoño adiviñar. Pódense visitar as exposicións das súas obras hoxe mesmo aínda que se atopan a cincocentos quilómetros de distancia. As dúas semellan olladas case idénticas pero hai sutís diferencias entre elas. No primeiro caso, o confesor adopta unha curiosa pose. Non dubido da pouca graza que lle fixo ser obxectivo da impertinencia da cámara. A brancura da alba, símbolo da pureza da alma lavada polo bautismo non agocha a negrura do hábito. Consciente da impostura tenta agochar a carraxe que lle produce a situación cunha man que se lle queda pequena. Estomballado de medio corpo, amosa o seu secular desprezo cara a pecadora, unha velliña que pola contra, amosa unha presenza de ánimo, unha credulidade e ledicia propia dunha mociña inocente. E logo está esa man. Fixádevos ben o pathos que se engade á acción cun escorzo tan aparentemente inocente. Seica ten medo de ter que fuxir de socato ¿non? No segundo caso vemos outra imaxe da miseria. Moito máis profesional, diría eu. Aquí o vendedor de seguros amósase concentrado no seu traballo. Eu diría que escoita atentamente á pecadora de turno. É unha iconografía moito máis digna, serena e recollida. As mans suavemente entrecruzadas sobre un regazo recollido entre as faldas non ten nada que ver co descarado escarranchamento anterior. Cicais non se pecatou da presenza da cámara. Iso seguro. Diríamos que a acción transcorre independientemente da nosa existencia. Independientemente do mundo exterior. Hai traballo que facer, iso amósao ben claro a ringleira de usuarias da caridade enlatada e enlutada que agardan turno. Confesade pecadores...¿non vedes a negrura que se agocha baixo estes hábitos secularmente masculinos e singulares?...ben, ao que íamos...¿quen fixo estas fotos?


...fóra de concurso...non me resisto a esta mala confisión que ilustra a magnífica crónica de Poma de Ayala e de paso recomendo este magnífico recurso web para a memoria chilena...




mala conficio que haze los padres y curas de las dotrinas aporrea a las yndias prenadas y a las biejas y a indios y a las dichas solteras no las quiere confezar de edad de beynte anos no se confieza ni ay rremedio dellas

o manuscrito dixitalizado

6 comentarios:

don fernando dijo...

Está xenial. Normalmente o pecador adiviña a penitencia que lle porá o confesor. Unha aperta

Fernando dijo...

Ía dicir que Virxilio pero logo decateime de que non. De que poden ser dalgún lugar de Italia que alomenos a segunda.?

Ana Bande dijo...

mmmmmmmm....frío...frío Fernando, a primeira foto está tomada en Galicia....se segunda en México...é unha boa pista, saúdos!

paideleo dijo...

Cristina García Rodero é a primeira fotógrafa.
Non sei máis.

xoaninha dijo...

Interesante o xogo.
Difícil para min.
Grazas a Paideleo, que estivo ó quite, vin na rede outras emotivas fotos de Cristina García Rodero.
Quererei saber da outra foto.

Ana Bande dijo...

Cristina García Rodero, efectivamente, e a segunda é dunha serie de fotos que fixo en Méxijo John Guttman. Podedes pasar a recoller os premios polo confesionario que está a man dereita segundo se entra pola nave da colexiata de Vigo.