lunes, enero 31, 2011

Os luns ao sol (si hubiera o hubiese)

É ben sabido que en canto lle pillas o truco a algo remata a partida. A todos os niveis. No relativo ás relacións cos outros, a traxedia é inversamente proporcional ao grao de afectividade que nos relaciona con eles. Canto máis capital emocional (¡bonita expresión onde as haxa!) investimos no entorno maior é a frustración. Por exemplo, cando xa sabemos como rentabilizar a relación coa nai en termos de felicidade contante e sonante vai e lisca polos camiños do non retorno do alzheimer ou convéncese das ledicias do vive la vida loca do inserso. Coa parella e coa proxenie ocorre igual. As solucións case sempre se che ocorren tarde, cando xa non hai nada que arranxar. Profesionalmente o índice de rotación no traballo da conta dun xeito inhumano desta realidade. Só hai que ver o índice de rotación laboral que fai desaparecer coma por arte de maxia á nosa masaxista, á camareira que che poñía o café a teu gusto, á médica que conseguira espantarche o horror ás batas brancas, á perruqueira (¡horror!) que por fin che dera co punto exacto que querías no teu corte de pelo. Todas estas pequenas frustracións veñen dar na rotunda e irreversible verdade de que empezamos a saber vivir xusto un pouco antes de morrer, o cal, como dicía a poeta, é unha auténtica putada. Para consolarme desta fatalidade lembro, nesta reflexión lunática (dun luns sen sol) que hai algo peor. Non ser conscientes. E creo que ahí está a cousa. Termar do que temos polo menos coa mesma forza que lle supoñemos ao sufrimento da súa perda. Deixemos de procurar eivas psicolóxicas modernas ex novo que fan as delicias dos compoñedores de mentes. Antes de facer as contas cicais habería que tomar nota das infinitas alegrías que nos agasalla cada día e que só pola impertinencia de ser tales non as queremos rexistrar nas nosas contas de resultados. Bo comezo de semana para todxs!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola Ana,(te contesto también por aquí...)

Hoy has puesto un comentario en la bitácora de "Carne Cruda", de Radio3, preguntando por el nombre de la economista que participó en el programa hace unos días.
Se trata de Miren Etxezarreta, y puedes encontrar bastante información sobre ella realizando una búsqueda por internet.
Espero que te sea útil.

Un saludo,
Luis M.

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Ana Bande dijo...

Impresionante Carne Cruda! que un programa de una radio pública te haga reír durante una hora diaria con un análisis crítico es para aplaudir con gusto. Grazas Luis M. Procuremos a análise que fixo Miren Etxezarreta e flipemos un pouco coas mentiras que nos contan para manternos contentiños neste miserable mileurismo ao que algúnxs afortunadxs conseguimos agarrarnos...con case cinco millóns de parados non hai botellón que asegure que non saia un pirao e se prenda lume fronte ao banco de santander, por exemplo.

unha xoaniña vermella dijo...

"Termar do que temos polo menos coa mesma forza que lle supoñemos ao sufrimento da súa perda".

Hai que ter tino con ese tipo de razonamentos, que son o sustrato do que se nutre o inmobilismo, a covardía e a falta de carácter.

Ana Bande dijo...

querida xoaninha, toda proposición é susceptible de ser certa e falsa a un tempo se a illamos do seu contexto, e se non o facemos tamén.

luis vilanova dijo...

comparto a túa opinión, non ser conscientes é como vivir anestesiados, durmidos
dacordo conque a vida está feita da materia dos soños, pero hai soños lúcidos onde podemos toma-las rendas e decidir facer ou non facer, pero conscientemente

e moi certo tamén, calquer concepto pode ser expresado de mil maneiras polo emisor, e cada unha destas expresións pode ser interpretada de outras mil maneiras polo receptor...
...entón?