Antonio Tabarés, o autor do texto dramático e Rosa Álvarez, directora da obra que a compañía Lagarta Lagarta está a representar sobre o meu querido Stefan Zweig fixeron moito máis que un traballo dignísimo. Contribúen á recuperación dun tesouro. Unha das maiores excelencias literarias e humanas que aquela xenerosa centuria decimónica deu en parir para ser de seguida humillada pola devastadora puntualidade da maldade, sempre agochada tras as portas da historia para pasar a coitelo á pouca sensatez que pode medrar nuncas décadas de paz. Non levaba eu moita confianza nesta posta en escea, cicais por unha cultivada e obsesiva admiración que lle profeso ao escritor. Téñoo por un vello coñecido e amigo, sei das súas teimas e dos seus prexuízos, dos seus medos e das súas paixóns porque o seu perfil asoma nidio no recanto de cada frase dos seus libros, moi especialmente nas páxinas das súas memorias. Eu creo que fun case máis a vixiar que a ver unha obra de teatro polo nada mero afán de pracer. Con todo, eses primeiros minutos de posta en escea no que Belen Constenla le a última vontade do seu home, estático no centro do escenario, soportando o son das lembranzas a canonazos, foron moi oportunos para mudar a miña actitude rebelde. Creo que hai que facer este exercicio de mínima sumisión se se quere ser bo espectador e tirarlle partido a obra. Unha hora na vida de Stefan Zweig hai que disfrutala aínda que sexa un soño ou unha ficción, díxenme. E fun quen de exiliarme nun esceario a milleiros de quilómetros e setenta anos atrás da man da enigmática Lotte Altman, do obsesivo Samuel Fridman e do propio Zweig. O carrusel comezou a súa viaxe cunha música que non concordaba co ritmo dramático que impoñía o guión. Un descoido un tanto impertinente, este da música, estando Schubert tan presente na vida e na obra do personaxe principal. Pero foron máis os acertos. A interpretación de César Cambeiro, por exemplo, con ese tremelicar misterioso que o arreguiza dende o comezo, cando invade o lapso espazo-temporal máis íntimo dos Zweig. De socato, a delicada orde coa que a parella prepara o derradeiro instante interrompida coa violencia que tanto detesta o escritor. Prodúcese entón unha complicidade entre este e o público, a curiosidade ¿quen é este maldito intruso? Eu penso que todos os que relemos as súas memorias quedamos cunha morea de preguntas anoadas na gorxa, preguntas e recriminacións que son as que o atrevido e falso Fridman ceiba nun esceario que treme ao compás das súas obsesións. Curioso personaxe Fridman. Seica ven na procura dunha peza valiosísima para a súa colección pero en realidade ven curarse dela, o mesmo que o noso escritor, só que a terapia de Zweig é moito máis afouta e sabia porque é quen de empregar toda a liberdade que foi colleitando no transcurso da súa vida para facer dela a súa causa final. Dixoo mais ou menos así: a túa vida non está nas túas mans, pero sí a túa morte. Porén todos os que lemos a Zweig, penso, somos uns Fridmans incurables e seguimos recriminándolle (¿a quen?) esa decision tan inxusta. Eu, nunha hora con Zweig faríao, si, pero tamén lle preguntaría por Lotte, por que non a convenceu de que quedase. Estou segura de que non lle levaría moito traballo convencela. Lotte, a secretaria, a sumisa, a que non lle mereceu unhas verbas na súa carta de despedida, que misteriosa muller....
Los retos de la sostenibilidad del Estado social
-
Este artículo es un capítulo en el libro “Los retos de las políticas
públicas en una democracia avanzada” publicado por Ararteko en octubre de
2011 Qué es ...
Hace 19 horas


1 comentarios:
Unha xoia, César Cambeiro; outra excelencia, menos visíbel, Belén Constenla; un texto exquisito, fulgurante, cheo de parsimoniosos espellos reflectantes. Deleitosos momentos infindos vividos, un xeito de estar-no-mundo. Cecáis lle falte sobriedade e discrección a un Ernesto Chao, a quen lle costa desenvolverse de si mesmo, ata no vestiario (canto mellor o da foto do folleto de mao). Imprescindible, unha sorte ter aterrado nese patio de butacas ese día, antes de...
Publicar un comentario en la entrada