miércoles, marzo 28, 2012

¿pódolle facer unha pregunta?

si non é sobre si abrimos o día da folga, adíante, biblioteca, boas tardes, non, non sei se abriremos o vintenove, ¿eu? e non lle sei,perdoe, creo que non teño que explicarlle o que vou facer o vintenove, disculpe, nada, non hai e que, adeus, ¿Juan de Austria?, si, nena, Juan de Austria, tenía una foto enorme pegada debajo de la tabla de mi pupitre, pero ¿por qué Juan de Austria?, es que era estilosísimo, y bueno, por supuesto que me gustaba como figura histórica, todavía tengo esa foto en mi casa, y me sigue gustando, ¡uf! como pesa este libro!, deje, A., se lo acerco yo a su casa al salir, de eso nada, si pude con la compra podré con estos tres tomos, pero mira, si hasta trae los patrones para hacer los trajes que llevan los personajes del Quijote, si, Á., y por lo que pesa también parece que entre esas páginas estén los molinos de viento, boas tardes, non, non sei o que farei o vintenove, non, non creo que teña problema ningún se devolve tarde os libros, non non llo podo asegurar, disimule, son libros, non enfermos nin expedientes sancionadores de facenda, boas tardes, si Á., cando queira ven con eses papeis antigos y lemos esas curiosas partidas de nacemento dos que non tiñan que ter nacido, si, dime, esta compañera que quiere preguntarte para ser bibliotecaria, ¿si?, xa pero e que estou a desfacerme de todo o material, non non teño nada pero para ir a un exame tes pre prepararte ben, eu quería ser conserxe pero é que é moi difícil, total bibliotecaria cuns días abonda, total é porque é gratis e son poucos temas e coa puntuación...perdoa Á., ¿que dicías dese libro de Alarcón?, si unha ganga, cinco euros na libraría de vello pero cincuenta pesetas no sesenta e un, era carísimo, ¿no sesenta e un?, si, daquela cincuenta pesetas era un dineral, boas tardes, non llo podo dicir, e que é unha folga xeral, iso sería como se me pedise que lle dixera o que vou votar nunhas eleccións, falo por min, a miña decisión é que o máis seguro é que quen sabe, eu tampouco lle sei, boas tardes, Ei! M., ti sempre co século de ouro a voltas, cala, cala, estou contentísimo, librei por pouco, son administrativo da xunta, ¿e iso?, foron dous anos pero pagou a pena, ¿pódollo facer unha pregunta?, eh..., claro que si, como non, dígame, é que teño un libro na casa de hai tres séculos e gustaríame restauralo, sabería vostede, non, non sei o que vou facer, a folga xeral, perdoe, ¿restauralo?, ah bueno, pois, agarde, son N., a compañeira de M.A., dos cinco libros que lle deches un deles non o pedira, o abecé da pragmática, mírollo agora mesmo, non temos ese libro, si que o teñen, disculpe é que hai que escribilo así todo seguido, e mire xa de paso quería preguntarlle ¿van abrir o día vintenove?, pois non, creo que se celebra a Reconquista, non, iso é mañá, ah si, o vintenove é a conmemoración da Batalla de Lepanto, certo, non non imos abrir, faremos unha foto de grupo tipo familia real e marcharemos mercar tortas celtas na praza da Constitución, eu concretamente irei vestida de Juan de Austria.

4 comentarios:

Ana Cosque dijo...

O que me estou perdendo no paro nun día como o de onte, jaja!

crispavon dijo...

ha ha ha, a ver se vexo ao Juan de Austria ese logo pola Consti. Por que non me faria bibliotecaria eu?

Ana Bande dijo...

si anita, lo que te estás perdiendo...pero tranki, te mantendré informada, besote.

Cris, pois xa sabes, en quince días pódeste facer bibliotecaria, agora coa promoción uvigo.porqueTUlovales podes entrar a formar parte do noso cadro de persoal pero ollo que estamos cos tempos, ou sexa flexibles, "agora somos superespecialistas e técnicos no acceso á información e agora somos merísimos lectores de códigos de barras", tes a informaición pertinente aquí:
http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/ ¡animo!

Paco E. dijo...

Iñorantes ó poder. ¡Arrapañota!