viernes, mayo 11, 2012

España descomrómpese

Augaforte, Aser A. Fernández Rey


Ou "¿que hai de lo mío?" podería ser mellor título para un post que pretende reflexionar sobre as causas do descalabro maiúsculo de este país. Houbo un tempo no que pediamos perexil ou unha pizca de sal ao veciño cando descubríamos que nos faltaba un ingrediente para o xantar. Non nos sentiamos menos que ninguén por precisar algo dos demais. Funcionaban mínimamente unhas redes de solidariedade que artellaban unha convivencia que sabiamos só posible en  canto estivesemos dispostos a dar e recibir un chisco de algo. Dende hai tempo algo nos fixo individuos fachendosos que se ven a sí mismos como autosuficientes malia a seguridade de sabérmonos sobrevivintes só a condición dunha imprescindible dose de cooperación. Nesa excluinte preocupación por un mismo medraron tanto os egoísmos propios e alleos que os cestos foron cedendo ata romper por demasiados sitios. Pouco falta para que andemos gatuñando para arrapañar as faragullas que deixan banqueiros, políticos, presidentes de tribunais supremos, arquitectos estrela e tamén fontaneiros metidos a constructores, futbolistas, urdangarines, curas, monxas, xerentes, técnicos de calidade, sindicalistas, nacionalistas, expertos en prospección de mercados, nigromantes, mouchos, curuxas, sapos e bruxas. O ecosistema esnaquízase cando os chourizos medran en proporción inversamente proporcional aos pans e aínda encima non hai deus que sexa quen de cortar e pegar uns cantos peixiños para todos.Desesperados como andamos "no noso" non vemos un listo a tres pasos e eliximos para gobernármonos ao macho alfa máis despistado da tribo para que remate de escangallar a miserable e sinxela ecuación que nos concedía o dereito mínimo a disfrutar dos bens que levamos pagando dende que temos idade para votar. España descomrómpese pero disfrutamos véndonos apodrecer acompañados doutros que ían de listos.Hai quen elabora informes precisísimos e alerta de problemas e ofrece solucións novidosas, que rexeitamos por atrevidas e irrespetuosas co discurso fácil do que mete a man nun peto indefenso pola parálise do medo. O canastro vai quedando baleiro pero ¿quen pensa en reclamar o propio cando loce tan ben en mans alleas? ¡que falta de respeto pedir que paguen os impostos os ricos, os curas, e que se baixen o soldo os que mandan todo ao carallo! ¡que falta de respeto que o público ocupe as prazas públicas! ¿quen fala de guerrillas? ¡os ministros! menos mal que van sustituir as bolas de goma por gases lacrimóxenos! os nosos pobres filliños non correrán perigo cando salgan ás rúas a pedir o aifon ou o aipaz ou o aumento da paga semanal. Desactivámonos tan completamente e de tan de motu proprio que pobre do que salga pola fiestra a berrar aquilo...








 Boíños somos e pobriños quedaremos, ¿e será verdade que é máis doado para un camelo?

3 comentarios:

Ana Cosque dijo...

Sempre tan boa analista, feibuquéoche unha das túas frases co teu permiso

Ana Bande dijo...

feisbuquea o que queiras e a min nin me menciones, cédoche todos os dereitos que para eso os cobro ben caros, aniña rula, bicos quentiños, aínda non enfriara o post e xa estabas ti por aquí.

Ana Cosque dijo...

Cousas do Google Reader, unha que é moi modenna!