martes, enero 05, 2016

Mátannos porque pedimos o divorcio...¡ai la lexe!


Nun novo ataque de sinceridade, que agradecemos infinito as mulleres con máis cabeza do que gustarían os prelados, a igrexa trousa unha nova perla mediática:  as mulleres somos asasinadas porque pedimos o divorcio. A unha xa non se lle encolle a boca do estómago nin frega os ollos para comprobar que non vive no país do branco e negro nacionalcatólicoasasino. Sabemos que é o normal, sabemos que morremos porque hai unha ideoloxía favorable de fondo para que sexa así. E como o sabemos, alegrámonos de que algún dinosaurio salga de cando en vez ao estrado a procamalo aos catro ventos. A dicir o que é, o que sempre foi. Que todo o tema da igualdad son andrómenas de histéricas, que o da paliza dos martes e xoves nunca debeu sustituirse polo pilates e que a que amose que ten tetas e nádegas alá ella se llas chuchan sen pedir permiso ou as violan por andar a provocar ao pobre macho ibérico que non é quen de termar da súa pirola, canto máis da súa lingua, e sendo bispo ademáis. 

Agora en serio. Lede o texto todiño, non ten desperdicio. 
E máis en serio, amigas e amigos, facédevos feministas radicais xa, non hai outra para rematar coa lacra do feminicidio.

PD Porfavor A. tunéame esta foto...porque el obispo ese o es el gemelo de Núñez Feijóo o es que la noticia me afectó más de lo que creía ¡mon dieuuuuuuuuuu!



1 comentario:

Raposo dijo...

É que hai que ver como sodes. Pedir o divorcio, tedes cada ocurrencia!!