tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post3643304199258207305..comments2024-03-26T07:23:35.624+01:00Comments on Blog de Ana B. Bande: Unos cuantos piquetitos....Ana Bandehttp://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comBlogger12125tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-36356356963967382682008-08-19T10:34:00.000+02:002008-08-19T10:34:00.000+02:00Dicir que na "violencia doméstica" os papeis prota...Dicir que na "violencia doméstica" os papeis protagonistas recaen case sempre nos mesmos é como dicir que nos "accidentes de tráfico" o responsable é case sempre un condutor: forma parte da definición. Agora ben, non é igual un condutor borracho a 110 KM/H polo medio de Vigo, que un condutor que se despistou un segundo por mor dunha discusión, que outro que tivo que frear violentamente e o seu acompañante, sen cinturón de seguridade, saíu polo parabrisas. Todos son accidentes de tráfico, en todos morreu alguén, e en todos participou activamente un condutor, pero son moi distintos, e cada un require unha análise e unha solución distinta. Non abonda con dicir "accidentes de tráfico" como non abonda dicir "violencia doméstica ou (inda peor) de xénero". Aí é precisamente cando as árbores nos impiden ver o bosque e, de paso, atopar non "a solución", que é o que erróneamente se busca, senón as solucións correctas, porque, insisto, a cuestión é moito máis complexa que "un home matou a unha muller".Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-44337114046836860312008-07-31T16:59:00.000+02:002008-07-31T16:59:00.000+02:00Prezado anónimo, calquera reflexión que se faga so...Prezado anónimo, calquera reflexión que se faga sobre este asunto xa é dar pasos adiante. Concordo con que cada caso é un "expediente" propio. Cada asasino terá as súas "non causas", as súas paranoias, enfermidades, prexuizos, e o seu contexto e referente espazo-cultura-temporal e todo o que queiramos, pero non deixemos que as árbores nos agachen o bosque. Na violencia "doméstica", oxímoron este onde os haxa, non podemos negar que o asasino é case sempre dun sexo e a víctima do outro, xa sabemos...hai que analizar, e non é nada difícil de facelo, as orixes dun problema que ten moito que ver con outros fenómenos semellantes nos que un coletivo adoita ser sempre a víctima. O desprezo, a marxinación levan sempre a unha total insensibilidade fronte ao sufrimento de ese "outro" ao que non tardamos en cosificar e pronto, moi pronto, en eliminar.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-46255890144604499242008-07-31T13:43:00.000+02:002008-07-31T13:43:00.000+02:00Voume meter onde non me chaman. Eu coido que con i...Voume meter onde non me chaman.
Eu coido que con isto da violencia de xénero estamos a caer nunha trampa máis dos medios de comunicación e dos lobbys interesados neste tipo de simplificacións.
Non tódalas mortes de mulleres son iguais nin causadas polas mesmas razóns nin nas mesmas circunstancias. Está ese suicida do que falas, está o vello enaxenado que mata á súa dona enaxenada, está o asasino (en ocasións xa confeso e condenado por outras mortes ou intentos) vulgar e corrente, está o paranóico dos ciumes, está o divorciado ao que non lle deixan ver aos seus fillos, está o que lle gusta pegar e que un día mata dun mal golpe, está o que ameaza vinte veces, está o bo home do que ninguén se explica como ou por qué o puido facer, está o alcohólico ou drogadicto... Coas vítimas pasa exactamente igual.
Quero dicir que non hai un perfil de maltratador/homicida/asasino/fillo de puta nin de vítima, polo que tratar de meter a todos nun mesmo saco pode resultar moi mediático e políticamente correcto, pero probablemente no ámeto xudicial e no policial as cousas non sexan tan sinxelas.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-22023198313817414262008-07-20T17:30:00.000+02:002008-07-20T17:30:00.000+02:00Ese contador, contadores dan muy mal rollo y una v...Ese contador, contadores dan muy mal rollo y una visión desesperanzada. Una espera de una muerte más. Non estamos no bon camiño ,semella.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-85602629142873301812008-07-11T15:09:00.000+02:002008-07-11T15:09:00.000+02:00Si, concordo con vostede, Api, e non estaría de má...Si, concordo con vostede, Api, e non estaría de máis que aparecese algún xuiz como o das sentenzas exemplarixantes granadino que condease a estes animais a unha terapia axeitada para a súa reinserción social.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-90441929570503924502008-07-11T14:03:00.000+02:002008-07-11T14:03:00.000+02:00Hai asuntos nos que a inxenuidade só conduce ao de...Hai asuntos nos que a inxenuidade só conduce ao desastre. Fiar todo aos supostos efectos benéficos da educación é, realidade, un brinde ao sol, e de nada lle serve ás vítimas reais. Tolerancia cero quere dicir que aplique con todo o rigor a lei, e a lei tamén é represión. Eu reclamo a represión cara os agresores, pero non a violencia, que non é exactamente o mesmo. E represión significa, entre outras cousas, que haxa unha lexislación penal contundente ao respecto que implique o cumprimento íntegro das penas, que haxa tribunais de xustiza eficaces especializados na violencia de xénero, que os corpos e forzas de seguridade estean dotados de medios para perseguir esta lacra. Ademais de todo o que xa dixen.

Por outra banda, é falso atribuír a violencia de xénero “ás pegadas do noso retraso co resto do mundo”. Hai países moito máis avanzados co noso, e nos que o catolicismo apenas ten importancia, nos que hai índices de criminalidade contra as mulleres iguais ou máis elevados que os de aquí. Como tamén é falso pensar que a violencia contra as mulleres só se dá nos estratos sociais máis desfavorecidos e menos formados. A violencia de xénero é transversal social e culturalmente, e tamén acontece en estratos sociais medios e superiores. Porque, con ser gravísimo, non é só que un home mate a unha muller “porque era mía”. Esa é a punta do iceberg e o que máis sae nos medios de comunicación. Non debemos esquecer os abusos sexuais, as violacións, etc., que se producen contra a infancia e a adolescencia, ademais de contra as mulleres adultas.

Por iso non é suficiente coa educación. Por iso fan falta leis duras (represivas, polo tanto) contra a violencia de xénero, e aplicalas. Pensar outra cousa é, na miña falible opinión, un brinde ao sol, unha inxenuidade que non nos podemos permitir.

Un saúdo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-4471732192192100802008-07-11T12:02:00.000+02:002008-07-11T12:02:00.000+02:00Api, non me gusta o de tolerancia cero porque desi...Api, non me gusta o de tolerancia cero porque designa unha política de violencia e agresión made in USA (Giulani actor´s studio) que non é bo imitar, e ademais, co mal que copiamos por aqui seguro que remata na cadea a mascota do asasino.
Agora mesmo veño de escoitar que un destes fillos de...acaba de matar á súa muller e dous pequenos para logo matarse...pero...¿por que non empezan polo final?...Apertas Api.

Paidovento, grazas polas agarimosas palabras. EU penso que sí, que á forza imos avanzando, quero pensar que xa non somos violadas en masa nos palleiros de hoxe e xa moitas renegamos da paliza diaria que era tan obrigada coma o caldo diario, pero é que as pegadas do noso retraso co resto do mundo, séculos de escuridade e atontecemento eclesiástico tardan en borrarse. Apertas molladas tamén para vostede!Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-66371329583903679212008-07-11T11:51:00.001+02:002008-07-11T11:51:00.001+02:00Este comentario ha sido eliminado por el autor.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-253137668826686552008-07-11T11:51:00.000+02:002008-07-11T11:51:00.000+02:00Pero luliña...¡eu xa che facía iluminando Venezia ...Pero luliña...¡eu xa che facía iluminando Venezia con eses teus ollos cativadores!
Triste post, mais estes días caemos coma moscas, hoxe mesmo en Yecla...Para tódalas tódalas mulleres que estes días están cumprindo amargas sentenzas:
La donna è mobile, qual piuma al vento,
muta d'accento, e di pensiero.
Sempre un amabile, leggiadro viso,
in pianto o in riso, è menzognero.
La donna è mobile, qual piùma al vento,
muta d'accento, e di pensier
e di pensier, e di pensier
È sempre misero, chi a lei s'affida,
chi le confida, mal cauto il core!
Pur mai non sentesi felice appieno
chi su quel seno non liba amore!
La donna è mobile, qual piùma al vento,
muta d'accento e di pensier,
e di pensier, e di pensierAna Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-23636378434557651952008-07-10T23:35:00.000+02:002008-07-10T23:35:00.000+02:00Que razón tes! Pero, realmente mudou a educación? ...Que razón tes! Pero, realmente mudou a educación? Se así fose, debería ir dando os seus froitos, non?
Gustoume o blog e gustoume o post.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-61025440179333260792008-07-10T20:48:00.000+02:002008-07-10T20:48:00.000+02:00Si, ben, pero namentres non fan os seus efectos es...Si, ben, pero namentres non fan os seus efectos esa "axeitada educación ou socialización" as mulleres, mozas e nenas, van sufrindo as agresións día a día.

E como non está nada claro se eses "efectos" se van producir coa intensidade e rapidez necesarias, daquela non queda outra que tolerancia cero cos agresores, represión implacable e cumprimento íntegro das penas para os delincuentes sexuais, e expedientes sancionadores fortes a aqueles funcionarios do Estado (xuíces, policías, ...) que actúan con desleixo nas súas funcións nestes asuntos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-3185406068138680932008-07-10T20:03:00.000+02:002008-07-10T20:03:00.000+02:00Pois eu penso o mesmo cando paso pola rúa Príncipe...Pois eu penso o mesmo cando paso pola rúa Príncipe: "Cántas irán xa?"
A solución? intolerancia cero cos agresores, supoño. E o que ti dis: educación, educación, educación. Tamén para as mullere, hai síntomas, xestos, verbas que non se poden tolerar.
Bicos mollados (outra vez chove, vaia verán!)Anonymousnoreply@blogger.com