tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post8010364655691447800..comments2024-03-26T07:23:35.624+01:00Comments on Blog de Ana B. Bande: Arte provocativa....¿adiviñas?Ana Bandehttp://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comBlogger7125tag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-3565377683088718102007-10-01T09:09:00.000+02:002007-10-01T09:09:00.000+02:00Tirando do fío da memoria polo comentario de Quell...Tirando do fío da memoria polo comentario de Quelleiro, lembro aquela exposición de Obxectos Imposibles de Carelman na que ó lado do preceptivo extintor de incendios aparecía un carteliño: este obxecto non forma parte da exposición. Por sorte, na "arte" contemporánea aínda queda xente que non é todo morro. Unha ligazón por se lles interesa: http://www.cienaniosdeperdon.com.ar/IO/index1.htm

¿Arte? Lembremos aquel fillo que preguntaba:
- papá, ¿qué es el arte?
- morirte de frío

Perdón polo chiste malo, pero eu prefiro artesanos e oficiais (os que desempeñan un oficio). Aínda que hai que recoñecer que a obra a este artista debeu levarlle varios días facela ou, caso contrario, é un portento.

Saúde.R.R.https://www.blogger.com/profile/06087148226570750658noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-50256071256846539902007-09-27T15:05:00.000+02:002007-09-27T15:05:00.000+02:00Falemos de arte. Escea primeira: nunha famosa Casa...Falemos de arte. Escea primeira: nunha famosa Casa da Cultura un recoñecido escultor presenta a súa obra ‘Noxo’; trátase dunha bañeira de esmalte branco, con catro patas de chumbo, completamente lixada cunha mesta porcallada moura. Tenta representar a noxenta sociedade na que vivimos. A noite antes da inauguración, ó servizo de limpeza do museo, cumprindo ás súas obrigas, dalle un fregoteo á bañeira e déixaa coma os relampos do sol. Escea segunda: nun famoso Museo de Arte Contemporáneo chega un cadro de Mark Rothko; unha vez desembalado, os mozos non saben cal é a parte de arriba e cal a parte de abaixo; chaman polo director, que non ten nin idea; ó final, penduran o cadro ó revés. Incluido no catálogo, os expertos no pintor non recoñecen á obra, que esta virada, e así pasa a ser considerada como obra “inédita”. Ó director danlle unha medalla. Escea terceira: nunha casa dun famoso crítico, éste amosa con fachenda a súa colección de arte contemporáneo a un amigo; o fillo do invitado, un chisco despistado, apunta: ‘vaia merda de cadro’; os maiores rinse con desacougo. Ó día seguinte, o crítico pon a venda ó cadro. Non o da vendido. Escea cuarta: o autor da bañeira emporcallada prepara unha demanda xudicial; daquela, aparece unha fotografía da obra no xornal. Dentro da bañeira, o servizo de limpeza esquencera unha baieta marela e a tampa do mistol. O crítico do xornal, abraiado, saúda a aparición dun novo artista.Quelleirohttps://www.blogger.com/profile/10927984957049950353noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-57043597630263419092007-09-26T18:20:00.000+02:002007-09-26T18:20:00.000+02:00Non veña a pé feito para ver esta exposición, non ...Non veña a pé feito para ver esta exposición, non paga a pena, non sexa que pola miña culpa faga unha viaxe inútil.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-53697254282645122502007-09-26T17:09:00.000+02:002007-09-26T17:09:00.000+02:00Terei que achegarme ao MARCO así que teña un pouco...Terei que achegarme ao MARCO así que teña un pouco de tempo, deixoume vostede pensando, e iso é algo terrible en min...
Agardo chegar a tempo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-76467660415508880212007-09-26T16:15:00.000+02:002007-09-26T16:15:00.000+02:00Xa que os recomendas, falanos dos libros de Levi e...Xa que os recomendas, falanos dos libros de Levi e Grossman. Gracias.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-49970267923487419232007-09-25T18:16:00.000+02:002007-09-25T18:16:00.000+02:00Esa sí que sería boa, coidado coas súas ideas, non...Esa sí que sería boa, coidado coas súas ideas, non vaia ser que algún comisario (de arte, refírome) en paro llas vampirice.
A propósito de arte e provocación, xa sei que é un tema moi manido pero tendes aquí unha ligazón moi xeitosa http://analizarte.es/2007/07/26/%C2%BFprovocacion/

A provocación está ben en todas partes porque fai de exfoliante (¿dise así Torquemada?) e elimina moitas neuronas mortas...na arte hoxendía non deixa de ter unha tecnica de marketing que na maioría das ocasións só esconde obras que non aportan nada.Ana Bandehttps://www.blogger.com/profile/17895409666308940416noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-27995621.post-87420570486867207652007-09-25T14:07:00.000+02:002007-09-25T14:07:00.000+02:00Tiven ocasión de ver a exposición e sinceramente, ...Tiven ocasión de ver a exposición e sinceramente, esta obra a mín non me provocou absolutamente nada, nin estética nin conceptualmente falando, únicamente o ler o título e os materiais de que está feita caes da burra, pero nin con esas. Un está feito a desbarres de tanto calado que esto pode ser incluso algo cotián. Fodido sería si deixaran interactuar na obra o público e tivera ocasión de limpar os espellos e logo sí, o sair, darlles a información do que acababan de facer. Nese momento estaría mos provocando algo, ou máis ben daría orixe a unha posible demanda.Anonymousnoreply@blogger.com