
George W. Bush y su esposa Laura asisten a una misa en la catedral de San Luis, Nueva Orleans, en el primer aniversario del huracán Katrina.
Mágoa non ser Millás para quitarlle ben o mollo a esta imaxe. Certamente impresiona ver así de recollido ao home mais omni/pre-potente do mundo; digo impresiona por non decir que mete medo, porque claro, este home que ten que decidir cada día a supervivencia (ou non) de milleiros de persoas, semella que está ao que lle diga o representante directo de Deus, que aquí na foto aparece no primeiro plano coa man en actitude de bendicir. Dan ganas de falarlle a este homiño ao oído para ver se pode interceder por nós ante os Todopoderosos. Tamén e curiosa a composición en diagonal da imaxen, parece como si, de xeito indirecto se nos dixese, "si, pero o que decide ao fin e ao cabo e o que está arriba", o que xa sabiamos por outra parte. E logo as mans, menos as da bibliotecaria, que non contan, as outras, caramba, ¡que papelazo! porque haber, cando as mans suben e as miradas baixan, bueno, eu son tan mal pensada...porque tampouco está claro que o bispo intencionadamente lle quixese tapar a cara a señora do presidente ¿non si?. Mal e mal eu prefiro as fotos dos rapaces nas madrazas "chapando" o Corán, si, si, coma todos nós, una máis outros menos (ao mellor así nos vai) fixemos na escola non hai tanto (os da miña xeración para atrás, claro). Se alguén pon en dúbida a miña repugnante postura por antiamericana demodée e pensa que o superpresidente está a pregar polas víctimas do furacán que lembre que non hai moito, cando preguntaba polo tema dicía "¿como vai esa merda do Sur? (non pido perdón porque son palabras de presidente).
pois eu, Ana, cada día penso mais que quen decide é o señor de arriba, pero non polo Deus que alguns se inventan, senón porque este mostrenco vive no norte da miña localización. Él é, lamentablemente, o dono do noso destino. E iso é certamente moi moi malo. Algo mais: él mesmo escoita a palabra de Deus, segun dixo. Seica, non necesita de intermerdiarios...
ResponderEliminar