martes, noviembre 28, 2006

Academia Postal, así non.

Traballei en Academia Postal durante 11 anos, e aínda que daba por definitivamente pechada unha etapa moi dura na miña vida, na que traballei unha media de 10 horas diarias e baixo unha presión constante, hoxe, mira ti por donde, cae nas miñas mans este libro. Non é que me sinta especialmente orgullosa do que fixen pero polo menos esperaba atoparme entre a lista de autores, pero non, mira ti. Malia o esforzo que supuxo este traballo (lembro que os test os facía despois das clases, o que quere dicir despois das dez da noite, ata podo lembrar o recuncho donde fixen cada un) non figuro como autora de ningún. Academia Postal roubou moitas horas á miña famila, ao meu tempo de lecer e moitas horas de lectura, e malia que trato de quedarme só cos mellores momentos, esto, colegas doeume moito porque aínda que estaba afeita a ver o meu material firmado por unha tal Maria Jesús o que non podo crer agora é que teñan a desvergonza de editalo, en fin.....

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Desgraciadamente esta práctica de apropiarse de la propiedad intelectual de otros está muy extendida,y en la Universidad especialmente. Son situaciones que hay que denunciar pero quién se atreve o quién está en disposición de llegar hasta los tribunales ...
Ánimo.

Unknown dijo...

Ola, Ana.
Verás. Eu tamén traballei moito tempo en Academia Postal. Agora tamén cambiei de tercio radicalmente e ata teño un bloguiño, non tan interesante como o teu, en blogoteca.com. Chámase Deambulatorio dun can sen dono. O meu correo tamén é cansendono@hotmail.com. Un saudo!

Anónimo dijo...

Ola Ana: sorprendeme moito todo o que dis: porque si que fixeches psicotécnicos (copiados a maioría) e o certo é que a diferenza salarial co resto de compañeiros (e de trato) era moi sinificativa. Por outra parte daquela dicías o maribillosa que era a Academia, e ben que lle ibas con tólos contos ó teu (daquela)apreciado e respetable xefe. Así que non mires atrás e ten coidado coa memoria selectiva.
Alberto

Ana Bande dijo...

Anónimo que non debes ser Alberto ou Alberto que sí és anónimo:
Como ves na miña páxina, estou perfectamente identificada, non creo que deba contestar a mensaxes anónimas e polo tanto ou te identificas un pouco mellor ou síntoo, non podo falar cun avatar de cousas concretas. Se falases un pouco convencido do que dis e che interesara unha resposta penso que te identificarías, así non pode haber diálogo. Só che direi que nunca publiquei nada que non fose meu e me pareceu vergonzosísimo que a Academia sí o fixera con material orixinal meu, vergonzosísimo.