Páginas

jueves, marzo 01, 2007

Amizade.

Imaxe da esquerda: Two Women by Egon Schiele
Imaxe da dereita. G.Klimt, Girl Friends
Sempre me rifas polo mal que emprego algunhas palabras. O que máis te amola é a gratuidade coa que utilizo unha que para ti semella un talismán, amizade. Seguramente tes razón e todo é cuestión de necesidades. Estes días nos que os anxos xacen mortos e os trasnos brincan arredor de min ti axexas o meu soño e me coidas como esa nai tan grande que teño aínda que se esquecese de min. Eli, espero saber estar á altura cando chegue o momento.

3 comentarios:

  1. Precioso texto e preciosos cadros. Adoro a Schiele e Klimt :)
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  2. Jelou belukiña, ¿que tal pola capital? aproveita e aprende ben que aquí en provincias precisamos de vós. Muac!

    ResponderEliminar
  3. ola!
    pois si, máis vale que aprenda, que xa tou farta da capital!
    biquiños!

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?