Páginas

miércoles, mayo 09, 2007

Os Gallego Domínguez de Ourense

Marcos Valcárcel lémbranos ao doutor Gallego nos seu impagable blog. Non me gustaría que nos esquecésemos deste home excepcional e bo porque foron moitísimas as persoas ás que dende a súa humilde consulta procurou axuda durante moitisimos anos. Estou un pouco desolada porque non atopo noticia algunha na rede sobre este médico exemplar. A súa sobranceira xenerosidade e humildade seguramente irán en detrimento do seu recoñecemento, pero dende aquí me gustaría facer un chamamento para que todos os que o coñeceron e disfrutaron da súa atención como médico ou amigo deixen por escritos algúns datos. Por motivos profesionais coñecín a Doña Olga, a súa irmá, arquiveira e investigadora infatigable cunha obra abundante e erudita que invita á seguir os seus pasos. Persoas así de xenerosas nos súas profesións son hoxe exemplares en vías de extinción e non faríamos mal en tomalos como referencia en moitos aspectos, sobre todo na humanidade que desprenden. Porque a felicidade é ese momento no que atopas un documento ou un dato de arquivo que contribúa a esclarecer un proceso histórico, ou un diagnóstico axeitado que vai procurar a curación dunha doenza, non un flamante artigo publicado nunha revista cun alto índice de impacto que vai repercutir nun novo sexenio. Se cadra hai que repensar un pouco todo amigos.
[foto de Olga Gallego Domínguez]

3 comentarios:

  1. Hola Ana!O único que podo dicir sobre este médico é algo paradóxico: o recordo que teño del é a receta dunhas inxeccións dolorosisimas para a varicela (coas que chorei a noite enteira) pero algo máis transmitía esta persoa, cando ó enterarme da súa morte antonte, o sentimento foi de cariño, de pena porque alguén así xa non esté sen tempo xa a coñecelo mellor.
    Sinto pánico polas inxeccións pero o Dtor Gallego creo que me caería ben.
    Gracias Ana por axudarnos a ter memoria. Bicos dende Ourense.

    ResponderEliminar
  2. Bueno Sonia agora xa só che falta montar o teu blog, veña, anímate, como orientadora e boa que seguro que és vas ter moito que contarnos. Bicos guapa.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

¿e ti que opinas de todo esto?